|
Quén está conectado? |
|
Temos 1 convidado conectados |
|

|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Martes, 20 de Maio do 2008 |
|
AMESA - A manifestación convocada pola Mesa foi unha das máis numerosas da democracia a favor da lingua. Arredor de vintecinco mil persoas chegadas de todos os puntos do país percorreron este mediodía as rúas compostelás reivindicando “o dereito a vivirmos en galego”. A manifestación, convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística, contou co apoio de cincocentos colectivos do máis diverso tipo, que se adheriron ao manifesto ao longo das últimas semanas.
A pesar da chuvia, que por momentos fixo acto de presenza, as rúas de Santiago de Compostela enchéronse de manifestantes, encabezados por unha pancarta portada por nenos na que se podía ler “Súmate connosco ao futuro do galego”. A continuación, e portando a faixa co lema da manifestación, “Polo dereito a vivirmos en galego”, ían os membros da Comisión Permanente da Mesa pola Normalización Lingüística, encabezados polo seu presidente, Carlos Callón. Organizacións de estudantes, partidos políticos, asociacións de veciños, colexios profesionais e outros colectivos sumáronse tamén á convocatoria portando os seus propios lemas en defensa do galego. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Martes, 20 de Maio do 2008 |
CEIVAR:org - 35 pessoas concentrárom-se a partir das 9:00 h. desta manhá respondendo à convocatória realizada por Ceivar ante o juízo contra o activista em favor da língua galega Paulo M., do que vimos informando nos últimos dias. Agentes antidistúrbios da Polícia espanhola e ‘guardias civiles’ dos julgados colocárom-se ante o edifício policial a modo de cordom frente às pessoas que se achegárom a exprimir a sua solidariedade com o processado. Umha parte das pessoas concentradas assistiu ao juízo que fica visto para sentença. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por 6ª matriuska
|
|
Martes, 20 de Maio do 2008 |
|
[A Nosa Terra ] Unha nova páxina web achegará a información erótica aos internautas na lingua do país. Mundoquente.com é o primeiro portal erótico feito en Galiza e en galego. Abordará cuestións como a sexualidade ou a moda e conta con apartados especiais para os homosexuais e o erotismo. Os promotores da páxina indican que “as informacións publicadas en www.mundoquente.com teñen a súa orixe en portais, blogues e xornais galegos, portugueses, brasileiros e españois, pero tamén dos EE UU, Francia, México, Arxentina, Italia ou Reino Unido, entre outros·. “Unha das pezas fundamentais deste novo proxecto na rede será a participación dos lectores” indican dende o novo portal. Por iso, prevén a apertura de canles especiais –incluídos contactos– para “facilitar a interactividade entre os internautas”. |
|
|
Escrito por apana
|
|
Xoves, 15 de Maio do 2008 |
|
[InfoRosal] O xornal dixital do Baixo Miño, InfoRosal, dinamizado polo ciberirmandiño ghalleiras bota o peche con discreción en pleno éxito de visitas. Esta nova, entristécenos neste borrallento día de maio:
"O mes pasado celebramos o terceiro aniversario deste medio virtual de información da comarca do Baixo Miño. Miles de noticias colgadas, reportaxes, dossiers, colaboracións.... Pero todo ten un principio e un fin, e hoxe InfoRosal.com pon fin a súa andaina, nun momento doce en canto a número de visitas, mais por diversas razóns que non ven a conto enumerar aqui, fechamos." Grazas a todos e todas que día tras día estiveches aí. |
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Mércores, 14 de Maio do 2008 |
|
Non hai correspondencia entre o número de persoas que utilizan o galego no seu día a día e a presenza deste idioma nos diferentes ámbitos: medios de comunicación, ensino, xustiza, comercio etc. Esta contundente exclusión da lingua de Galiza, por secular e abafante, está interiorizada como natural. Denunciar esta situación e pórlle remedio son os dous eixos da manifestación convocada para o próximo 18 de maio.
A posibilidade de equilibrar minimamente a balanza, garantindo o dereito a comunicarse en galego alí onde se exclúe, é descrito polos sectores máis inmobilistas da sociedade como “imposición”. Trátase dunha mentira, dun discurso cínico e irracional, aínda que reiterado mil veces e desde lugares de inmenso poder. Así, o oprimido na realidade faise ver como opresor. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Mércores, 14 de Maio do 2008 |
|
Galiza, 14 de maio de 2008.- No día de hoxe ven de apresentarse publicamente a Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego. O colectivo baixo a denominación de “Blogues pola lingua” (BpL) está impulsado por un grupo promotor formado por seis autoras/es de blogues galegos.
O colectivo nace coa intención de defender e promover a lingua galega dende e na Rede, aproveitando as potencialidades da web 2.0 na que os blogues ocupan un papel destacado. “O nacemento de Blogues pola Lingua é un novo paso na liña do compromiso que ten o blogomillo co noso idioma” sinalan dende a comisión promotora. “Nun momento no que os ataques cara o galego non se disimulan, pensamos que era o intre de dar un paso adiante na defensa do idioma” recalcan. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Mércores, 14 de Maio do 2008 |
|

XORNAL.COM I Caixa Galicia, a raíz dun proxecto de desenvolvemento propio, vén de implantar na súa Banca Telefónica unha nova tecnoloxía baseada no recoñecemento de voz de linguaxe natural para a realización de consultas e operacións de maneira automatizada por parte dos seus clientes. A Banca Telefónica de Caixa Galicia articúlase a través da tarxeta Caixa Activa e lánzase no ano 1998. Na actualidade conta con máis de 100.000 usuarios que realizan mensualmente unha media de 400.000 operacións e consultas o que supón, xunto ao servizo de banca electrónica, máis do 25% do total das transaccións de clientes da Entidade galega. Arredor do 15% das chamadas recibidas na súa banca telefónica realízanse en galego. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Luns, 12 de Maio do 2008 |
|
Informamos de que dende a zona de descargas da CiberIrmandade podes descargar o paquete coa tradución ao galego para a o Panel de Control (administración) do Joomla! 1.5.2 A tradución está baseada no traballo feito por voluntarios e voluntarias no TraduCIF na web de (ciberirmadade.org), coordinado por Daniel Muñiz de Trasno . Esta é a primeira vez que, grazas a este paquete, podemos dispor do panel de control totalmente en galego. E aprobeitamos para animar a completar a tradución do WinMergue que está no TraduCIF . |
|
|
Escrito por 6ª matriuska
|
|
Domingo, 11 de Maio do 2008 |
|
Tanto A Mesa Pola Normalización Linguísitca como a AGAL (Associaçom Galega da Língua), venhem de publicar sendos manifestos em defessa da lingua de Galiza e dos nossos direitos linguísticos individuais e colectivos e convocando as súas bases sociais á manifestaçom que terá lugar o día 18 de maio ás 12:00 na Alameda de Compostela. O manifesto feito público pola Mesa leva por título; "POLO DEREITO A VIVIRMOS EN GALEGO" e pode ser assinado por entidades, colectivos, associaçons e organizaçons a través da página web desta da Mesa, www.amesanl.org. O manifesto publicado pola AGAL leva por título; "A NOSSA LÍNGUA É INTERNACIONAL" consta de seis pontos e pode ser assinado por colectivos e pessoas a título individual a través do Portal Galego da Língua, www.galego-portugues.net Desde a Ciberirmandade queremos animar a toda gente sensível coa nossa língua a manifestarse o vindeiro día 18 e a assinar ambos manifestos que ficam expostos a continuaçom. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por apana
|
|
Sábado, 10 de Maio do 2008 |
|
[elpais] A Cope recibiu 20.000 euros en 2005 e 2007 por "alentar a defensa e a identidade de Galicia, a promoción dos seus valores e a normalización da lingua". Este ano, porén, a cadea denunciou á maxistrada Ana López-Suevos por ditar unha sentenza en galego "o un dialecto distinto del castellano". A sentenza tiráballes a razón polo despido nulo da xornalista da emisora Isabel Quintairos.A Xunta non tomará medidas en relación ás axudas que proporcionou a esta cadea para fomentar o uso do galego. Así deuno a entender onte co seu silencio o secretario de Presidencia, Santiago Roura, ante a pregunta do parlamentario Bieito Loberia. |
|
|
Escrito por apana
|
|
Sábado, 10 de Maio do 2008 |
[OurenseDixital] Xuventudes Socialistas sinala non entender como "a estas alturas da autonomía galega, o PP de Ourense pode vomitar un libelo dun ultradereitismo tan abstruso", sinala referíndose ao comunicado emitido o xoves pola concelleira popular Belén Iglesias no que cuestionaba o convenio sobre normalización lingüística asinado polo Concello coa Universidade. Sinala Xuventudes Socialistas que "usa-la expresión propaganda plurilingüe, non demostra xa unha incríbel belixerancia contra a normalización, senón contra a mera pluralidade lingüistica". Algo que os xóvenes socialistas califican de "extremista, incívico, anticonstitucional e depótico" e que "excede incluso ás provacións de certos grupos reaccionarios marxinais". |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por apana
|
|
Xoves, 08 de Maio do 2008 |
[Xornal.com] Uns 200 equipos de normalización lingüística ameazan con dimitir se a Xunta non fai cumprir esta norma. O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, acusou o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, de 'presionar' á titular de Educación, Laura Sánchez Piñón, para que evite o pleno cumprimento do decreto de galeguización do ensino. Callón argumenta, ademais que, "de feito, Política Lingüística depende directamente do presidente". |
|
Ler máis...
|
|
| << Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
| | Resultados 85 - 96 de 524 |
|
|
Obxectivos dende... |
|
|
|