|
Participa na promoción da nosa lingua enviando un correo electrónico aos administradores doutras webs, pregándolles o seu uso.
Observa que non se trata de facer un bombardeo de correos (envía un so por obxectivo), e que a poder ser, escribas o teu nome real.
Actualmente temos un total de 106 obxectivos (32 acadados e 74 pendentes), que poderás consultar segundo os seguintes criterios:
- Obxectivos conqueridos ou desaparecidos:
Se queres estar puntualmente informado das nosas campañas, únete ás nosas Listas de novas
A maiores de participar nas campañas, poderás implicarte mais, colaborando en:
Propor novos obxectivos (dende o foro “Obxectivos”). A información mínima é nome da empresa, enderezo do web e enderezo do correo electrónico de contacto. Saber quen está detrás, en que eidos se move, etc.. sempre está ben.
Revisar a situación de todos os obxectivos pasados, por se mudaran nos seus usos lingüísticos (dende a relación de obxectivos, e despois informar dende o foro “Obxectivos”).
Aportar “modelos” de mensaxes a enviarlles aos obxectivos; canta mais variedade lle poidamos ofrecer á xente, mellor (dende o foro “Obxectivos”).
|