Venres, 22 de Agosto do 2008
 
   
Obxetivo: Amnistía Internacional, parabéns e suxestión. (16.06.2008)

 Amnistía Internacional vén de celebrar os 30 anos da súa legalización no Estado Espanhol, e 20 de presenza continuada na Galiza. A Ciberirmandade quere sumarse cos parabéns evidentes polo aniversario e máis polo traballo feito e cunha suxestión que ten que ver coa pouca sensibilidade de  A.I. a respecto das distintas linguas do Estado, que se plasma na falta de opción de galego, catalán e euskera na web da “sección Española” de  A.I., así como nas campañas de envío de correos electrónicos que remiten ás/aos soci@s e colaboradores.

Cremos que unha organización como A.I. non debería de ter maior problema, nin polos valores e principios que defende, nin polos recursos que se lle supoñen, en satisfacer os dereitos lingüísticos das distintas comunidades do Estado. Por todo isto animámosche a enviarlles este prego de felicitación e suxestión.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns

Obxectivos

Obxectivos
Este é o listado de obxectivos que solicitaches (32 en total):

  1. Instituto Xeográfico Nacional
    Sabes onde está La Teijeira, El Bollo ou Chandreja de Queija? Nós dicímoscho: no Instituto Xeográfico Nacional. Este órgano do Ministerio de Fomento fai uso destes e doutros moitos barbarismos na súa páxina web: La Bola, Castrelo del Valle, Jinzo de Limia, El Irijo, Junqueira de Ambía, Lobera, Viana del Bollo, Villardevós, Germade, Jove, Otero de Rey, Pedrafita del Cebrero... Envíalles cun correo esixindo o cumprimento da legalidade toponímica.

    Non é aceptábel que na páxina web dunha administración como é a Dirección Xeral do Instituto Xeográfico Nacional, practicamente todos os topónimos de Galiza estean tan grotescamente deturpados, esquecendo o deber de respetar os nomes oficiais dos concellos galegos. Máis aínda tendo en conta a importancia que a toponimia ten na elaboración de cartografía, polo que o IGN debería ser especialmente coidadoso con este tipo de grallas.

    Vendo esas barbaridades case pasa desapercibido que a versión en galego desta páxina web ten a meirande parte dos seus contidos en castelán, e as partes en galego están inzadas de faltas de ortografía, o que é unha enorme falta de respecto para a cidadanía galega.

    No prego que che propón enviar a CiberIrmandade, solicítase, ademais da corrección inmediata da toponimia, que o Instituto Xeográfico Nacional faga unha versión seria en galego da súa páxina web.

    Revissom: Toponimia corregida. Objectivo acadado.


    Data de alta: Sábado, 17 de Marzo do 2007
    Data de acadado: Xoves, 01 de Novembro do 2007
    Última revisión: Xoves, 01 de Novembro do 2007



  2. Caixanova
    Mentres outras entidades bancarias galegas, e incluso foráneas, van avanzando na implantación do uso do galego nas súas actividades, os pasos que está dando Caixanova nesta dirección exclúen o ciberespazo: Caixanova ofrece as súas comunicacións en galego, pero esquéceo na páxina web. Faille saber que o galego tamén existe na rede, envía o teu prego.

    Despois de innumerábeis solicitudes e campañas, como a da Mesa pola Normalización Lingüística que comezou en outubro de 2004, un importante número de bancos e caixas comprometéronse á galeguización dos seus servizos. Entre eles Caixanova, que se comprometeu a principios de 2006 a que as súas campañas publicitarias, a correspondencia comercial e a web estaría dispoñíbel no noso idioma. Tras un ano os clientes xa podemos recibir as comunicacións na nosa lingua, só tes que solicitalo na túa sucursal ou no teléfono 902.905.000. Pero a súa páxina web segue sen ter versión en galego. A galeguización non acaba de facerse efectiva neste eido.

    Faille chegar a túa opinión. Envíalle un correo demandando a galeguización da súa páxina web.

    Revissom: Opçom de galego e inglés. Objectivo acadado.


    Data de alta: Sábado, 13 de Xaneiro do 2007
    Data de acadado: Xoves, 01 de Novembro do 2007
    Última revisión: Xoves, 01 de Novembro do 2007



  3. Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galiza
    O colexio de enxeñeiros agrónomos so ten contidos en correcto español.

    En vías de normalización: a páxina de inicio ten versión en galego, aínda que só para os contidos "fixos" (quen somos, que facemos...), no resto envía versión en castelán.

    Revissom: Opçom de galego operativa. Objectivo acadado.



    Data de alta: Mércores, 19 de Maio do 2004
    Data de acadado: Xoves, 01 de Novembro do 2007
    Última revisión: Xoves, 01 de Novembro do 2007



  4. IFEVI
    El Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) nace comprometido a convertirse en un apasionante mundo de negocios y en el mejor escaparate de Vigo y el Norte de Portugal...
    'Fundacion de interes Gallego'.

    Seica queren abarca-lo noroeste peninsular, Portugal do norte incluído... pois podemos pedirlles que traduzan as páxinas a Galego e mais a Português.

    O único en galego o nome: Instituto FEIRAL de Vigo. Ou trabucaríanse ao poñer iso de EI?.

    Revissom: Opçom de galego. Objectivo acadado.



    Data de alta: Sábado, 23 de Decembro do 2000
    Data de acadado: Mércores, 31 de Outubro do 2007
    Última revisión: Mércores, 31 de Outubro do 2007



  5. Blusens
    Dende a súa sede central en Compostela, cunha proxeción internacional moi importante, Blusens é unha empresa lider en electrónica de consumo. Creada no 2002 en Galiza, asegura investir o 10% da sua facturación en I+D+I, presumen de ser diferentes, innovadores, excelentes, cun marketing agresivo, servizo post-venta personalizado. "Nuestra identidad local es la que nos impulsa a expandirnos internacionalmente"; "podemos permitirnos ser únicos, ser diferentes". Blusens ofrecen versión castelá e inglesa no seu web, pero non en galego. Envialles un correo pregando o uso da nosa, da súa lingua local, lingua internacional.

    11/10/07. Blusens envia correos informando que teñen proxectada unha reforma do web, incorporando a nosa lingua. Suspendemos a campaña.


    Data de alta: Luns, 01 de Outubro do 2007
    Data de acadado: Venres, 12 de Outubro do 2007
    Última revisión: Luns, 01 de Outubro do 2007



  6. Feira Internacional de Galicia
    A Feira Internacional de Galicia é un recinto de exposicións, de categoría internacional, situado na localidade de Silleda. Pertence á Fundación Semana Verde de Galicia e constitúe unha ponte comercial entre Europa e América ademais dun centro de actividades congresuais, formativas e asociativas para o desenvolvemento rural e do pais galego en xeral.

    A súa páxina web está en castelán e inglés pero nin unha soa palabra que mostre aos visitantes que se atopa na Galiza, un pais con lingua e cultura diferenciadas, sendo unha clara desconsideración cara aos seus numerosos usuarios galegos.

    Unha institución que se define como "Un auténtico emblema de la Comunidad Autónoma de Galicia"sic non pode amosar este desleixo coa lingua propia do país onde está establecida. Consideramos que debe tomar exemplo doutras grandes feiras internacionais coma a Fira de Barcelona que se abren ao mundo na súa propia lingua, tan digna como as demais, dotándose dun valor engadido que as diferencia e fai visibles.

    Iniciamos esta campaña coa intención de concienciar á directiva da Feira de Silleda da necesidade de se identificaren coa sociedade á que pertencen, empregando a nosa lingua que é tamén a súa e a de moitos dos seus visitantes e usuarios. Agardamos a tua colaboración nesta nova ciberacción.

    18/09/2007. Ás 24 horas de comezada a campaña, comprobamos que a Feira dispon de versión en Galego. Segundo google, xa estaba así dispoñibel o día 12/09/07, mais comprobando a imaxe en Alexa, o día de comezo da campaña (16/09/07), non había opción na nosa lingua. O pouco tempo que pasou dende o comezo da campaña fainos dubidar se estamos ante unha rápida incorporación da nosa lingua ou se é un erro da ciberirmandade.


    Data de alta: Domingo, 16 de Setembro do 2007
    Data de acadado: Martes, 18 de Setembro do 2007
    Última revisión: Domingo, 16 de Setembro do 2007



  7. Concello de Padrenda
    O web do Concello de Padrenda, incumprindo coas suas obrigas, non ofrece a posibilidade de ler os seus contidos na lingua propia de Galiza, a língua que lle é propia. A maiores fan uso dalgún topónimo deturpado, como "La Cañiza" ou "San Juan".

    Convidamosche a que coñezan o teu malestar, a que lles solicites a tradución, a que reivindiques os teus dereitos como galego ou galega. Podes facelo dende aquí e agora, nuns poucos segundos.

    -22/07/2007: Web dispoñible xa en versión galega.


    Data de alta: Domingo, 29 de Xaneiro do 2006
    Data de acadado: Domingo, 22 de Xullo do 2007
    Última revisión: Domingo, 22 de Xullo do 2007



  8. Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña
    A Escola Técnica Superior de arquitectura da Coruña ten as súas páxinas só en castelán. Asemade utilizan topónimos deturpados coma La Coruña ou Noya. Basean o seu traballo "en estudiar nuestro entorno construido para intentar mejorarlo" sen pensar cecais que o "entorno" é algo máis que as construccións.

    - Fai tempo puxeran unha icona de galego 'en construción' (permanente). Agora refixeron o seu web e nin icona nin galego. Semella que polo menos corrixiron os topónimos.
    - 11/02/07: o sitio web da ETSAC xa está dispoñible en galego.



    Data de alta: Mércores, 28 de Marzo do 2001
    Data de acadado: Domingo, 11 de Febreiro do 2007
    Última revisión: Domingo, 11 de Febreiro do 2007



  9. Concello de Cedeira
    O "Ayuntamiento" de Cedeira pretende "mejorar", segundo di o seu web, "para disfrute de propios y visitantes", e con este obxectivo ofrecen versión en español, inglés, francés e galego. Pero.., so a versión española funciona.

    Descoñecemos se a existencia do logo galego amosa unha "intención" futura (moi futura), ou se únicamente é un "estamos en ello" que nunca vai chegar. O Concello de Cedeira, a maiores de non respetar aos propios e visitantes galegofalantes, incumpre as súas obrigas legais.

    Convidamosche a que lle fagas saber ao Concello de Cedeira que, como galego ou galega, propio ou visitante, non gozas co seu web, e reivindiques os teus dereitos e os seus deberes lingüísticos.

    Envialles un correo electrónico.

    20/10/2006-O web do Concello de Cedeira está en obras, anunciando que están preparando novos contidos. O anuncio está en galego e en español.
    01/02/2007-Web xa dispoñible en versión galega



    Data de alta: Sábado, 23 de Setembro do 2006
    Data de acadado: Xoves, 01 de Febreiro do 2007
    Última revisión: Xoves, 01 de Febreiro do 2007



  10. Os camiños de ferro en galego
    Os camiños de ferro percorren galiza, pero so parcialmente coa nosa lingua. Queremos que RENFE corrixa algunhas deficiencias linguisticas, mentres que ADIF (Administrador de Infraestructuras), incorpore a nosa lingua no seu web e megafonía.

    RENFE ten páxina web parcialmente en galego, pois os contidos de documentación da empresa, organigrama, memoria, historia.. so poden ser lidos en español. Ao tempo, é habitual o uso de topónimos deturpados, como "Orense", "Arosa", "Viana del Bollo", "Ujes", "Puentecesures", "Ordenes"...e un longo etc. de despropositos que deberian ser corrixidos.

    ADIF non ofrece versión galega no seu web, e aprobeitando o envio de correos, queremos aprobeitar para solicitarlles que fagan uso da nosa lingua na megafonía.

    Se consideras que os camiños de ferro deberían facer uso da nosa lingua, convidamosche a participar nesta campaña, consistente no envio de correos electrónicos nominais a RENFE e ADIF.

    Renfe: http://www.renfe.es/
    ADIF: http://www.adif.es/

    20/11/06. Semella que os topónimos xa están corrixidos no web de RENFE. Mais, agás para o referente á xestión de viaxes, seguen sen ofrecer versión galega na totalidade dos contidos.

    07/12/06. ADIF comprometese a ter o seu web en galego e que no futuro extenderá a megafonía en galego a todas as estacións.



    Data de alta: Martes, 07 de Novembro do 2006
    Data de acadado: Domingo, 10 de Decembro do 2006
    Última revisión: Domingo, 10 de Decembro do 2006



  11. EXPOURENSE
    Expourense emprega únicamente o castelán e tódalas suas actividades e comunicacións.

    Em galego coa opçom de castelán. Ojectivo conseguido.


    Data de alta: Xoves, 22 de Marzo do 2001
    Data de acadado: Xoves, 20 de Xullo do 2006
    Última revisión: Xoves, 20 de Xullo do 2006



  12. Parque Tecnolóxico de Galicia
    É unha sociedade anónima propiedade da Xunta de Galicia, dependendo das consellería de Economía e Facenda e de Industria e Comercio. Participada maioritariamente por administracións públicas (Xunta, Deputación de Ourense, Concello de Ourense, Concello de San Cibrao e Universidade de Vigo, nun 86%).
    Por defecto, en español. Ten opción para trocar a galego, máis inda así, a maioría dos títulos e contidos siguen en español.
    Entre os seus apartados está o "Foro Virtual de Emprendedoras de Galicia", exclusivamente en español. Patrocinado polo Servicio Galego de Igualdade e a Federación de Empresarias de Galicia, organismo cofinanciado pola Xunta (Consellería de Familia), IGAPE, e o Fondo Europeo de Desarrollo Regional da Unión Europea, conxuntamente coa Dirección General de Política de la Pequeña y Mediana Empresa do Ministerio de Economía y Hacienda.

    O web está por defecto em galego com opçom de trocar a outras línguas. O “foro para emprendedores virtuais” que estava em castelám fui retirado. Objectivo conseguido.


    Data de alta: Mércores, 18 de Abril do 2001
    Data de acadado: Xoves, 20 de Xullo do 2006
    Última revisión: Xoves, 20 de Xullo do 2006



  13. Turismo de La Coruña
    "Turismo de La Coruña" é un consorcio do que a responsabilidade recae no Concello da Coruña, quen pon os recursos económicos. Os seus estatutos e as modificacións publicanse no BOP da provincia. Xa que logo, é unha entidade pública.

    A súa web está en español e inglés, pero non na nosa lingua, incumprindo así, a lei de normalización lingüística.

    E por se fora pouco, empregan topónimos deturpados.

    Ja tem opçom de galego. Objectivo conseguido.

    Aínda que dentro de esta opçom todo está em galego agás a secçom “novas” que seguem a estar em castelám.



    Data de alta: Xoves, 27 de Setembro do 2001
    Data de acadado: Xoves, 20 de Xullo do 2006
    Última revisión: Xoves, 20 de Xullo do 2006



  14. Escola Tecnica Superior de Arquitectura da Coruña - 2ª andaina
    Moi mal están as cousas cultural e lingüisticamente dende un punto de vista galego no ramo da arquitectura... Se ben o web do Colexio de Arquitectos está en galego (e por defecto) vai camiño de, na próxima remodelación que fagan, deixalo só castelán. As publicacións fanse xa na súa gran maioría só en castelán (con portadas en galego pra "da-lo pego").

    E, claro, o web da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Cruña está só en castelán (é un dos nosos obxectivos máis veteráns –marzo 2001-), e a pesares da solicitude, por parte do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade, de tradución do seu web, seguen incumprindo coas peticións, desexos dos visitantes e coa legalidade que marcan os Estatutos universitarios.

    Esto din os Estatutos da USC no seu artigo 5º:
    1.- Na Universidade da Coruña serán linguas oficiais as recoñecidas no Estatuto de Autonomía de Galicia, sen que se poida facer discriminación por razóns de uso de calquera delas.

    2.- A lingua propia da Universidade da Coruña é o galego, que será o seu vehículo normal de expresión. Para a súa normalización fomentará o seu uso en todas as súas actividades.

    Convidámoste a esixir os teus dereitos lingüísticos, dende aquí e agora con so cumprimentar o teu nome e correo, e na medida do posíbel, a que espalles esta información.

    O correo que che ofrecemos (con dous modelos que poderás seleccionar), vai destinado ao Laboratorio de Deseño Asisitido, con copia para o reitor, director e subdirector da Escola, así como ao xefe do gabinete do reitor.

    - Hoxe día 28/04/06 recibímos un correo dende a subdirección da Escola indicando a intención do actual equipo directivo de, entre outras cousas, promocionar o galego e usalo de xeito cotián.
    Nembargantes parece que teñen problemas legais co web de forma que nistres intres está fóra do seu control e non poden, polo tanto, levar a cabo o proceso.
    Cónstanos a boa vontade por parte da dirección da Escola, polo que suspendemos a campaña durante un mes para darlles tempo a traballar nese proceso de normalidade lingüística.
    - 11/02/07: o sitio web da ETSAC xa está dispoñible en galego.



    Data de alta: Sábado, 18 de Marzo do 2006
    Data de acadado: Venres, 28 de Abril do 2006
    Última revisión: Domingo, 11 de Febreiro do 2007



  15. Instituto Galego de Estatística
    O Instituto Galego de Estatística, organismo autónomo da Xunta de Galiza, fai uso de topónimos deturpados de parroquias e lugares.

    San Julián de Cabanas, San Esteban de Cos, San Juan de Ortoño, La Matanza, Palomar de Abajo, Puente-Cesures, Puente Aldea, La Iglesia, Borducedo Pequeño, San Pelayo de Aranga, Pedramayor, Besojo .. son exemplos dos centos de deturpacións por parte do IGE.

    Non é aceptábel que, un órgano da administración galega, que ten o deber de promover a nosa lingua, e que debe respetar a única e legal toponimia oficial da propia Xunta de Galiza utilice un nomenclator cheo de grallas, distinto do feito pola Comisión de Toponimia, publicado no DOG, e a través do que se estableceron os topónimos oficiais.

    Convidámoste a participar enviando un correo electrónico ao Director Xeral e Secretaria Xeral do IGE, así como á Secretaria Xeral de Política Linguistica, dende aquí e agora con so cumprimentar o teu nome e correo, e na medida do posíbel, a que espalles esta información.

    18/4/06. Tanto no seu web como por correo electrónico individual ás persoas que participaron na campaña, o IGE está a informar que comezaron a revisión do nomenclator para adaptalo ao oficial da Xunta. Xa que logo, damos este obxectivo por acadado.
    27/4/06. O IGE comunica que o nomenclator xa está corrixido.



    Data de alta: Sábado, 08 de Abril do 2006
    Data de acadado: Martes, 18 de Abril do 2006
    Última revisión: Sábado, 08 de Abril do 2006



  16. Distribuidora Cameo, pola serie "Víbora negra" en DVD
    Dende que transcendeu que a empresa Cameo tiña intención de distribuír en DVD a serie “víbora negra”, e que a TVG negaba a cesión da dobraxe en galego da mesma por mor de “incorreccións normativas”, o que motivaría que a distribución iría nas linguas inglesa, española, catalana e vasca, ficando fora a nosa lingua, houbo certa resposta social.

    O día 3 de marzo, A Mesa pola Normalización Lingüística publicou no seu web que por fin a TVG aceptaba ceder gratuitamente a dobraxe, pero que a estas alturas a empresa Cameo vía que xa era tarde para incorporar a versión galega.

    Independentemente dos criticábeis feitos pasados por parte da TVG, o certo é que temos que tentar influír a fin de que Cameo reconsidere a súa intención actual, e incorpore a nosa lingua na súa distribución.

    Xa que logo, convidámosche a que participes no envío de correos á distribuidora Cameo no que, dun xeito amábel, agradezas o seu interese e solicites a reconsideración da súa postura.

    Podes facelo dende aquí e agora con so cumprimentar o teu nome e correo.

    Unha vez que a TVG acepta a cesión da versión galega, Cameo informa que é tarde, que non hai marxe, pero subliña o seu compromiso á presenza da nosa lingua nas suas vindeiras distribucións de DVDs.


    Data de alta: Domingo, 05 de Marzo do 2006
    Data de acadado: Mércores, 08 de Marzo do 2006
    Última revisión: Domingo, 05 de Marzo do 2006



  17. A nosa TVG négase a ceder as dobraxes en galego para DVD
    Agora que -por fin- hai unha distribuidora en Madrid chamada Cameo Media que tenta respectar todas as linguas co-oficiais sempre que sexa posíbel, e, comezando polo próximo lanzamento en DVD da serie "A víbora negra", varias veces amosada pola TVG ó longo dos anos, Cameo tentou que o lanzamento desta coñecida comedia inglesa incluise a lingua galega entre as suas opcións... pero, segundo informa na sua web oficial (cameo.es) no referente á serie "Black Adder", a nova equipa directiva da Televisión Galega NON CEDE nin a dobraxe nin os subtítulos porque non están correxidos segundo a ultimísima normativa...

    Informa A Mesa pola Normalización Lingüística o día 3/3/06, que a TVG acepta ceder a dobraxe da serie "Vibora Negra" á nosa lingua. Obxectivo acadado.


    Data de alta: Domingo, 19 de Febreiro do 2006
    Data de acadado: Sábado, 04 de Marzo do 2006
    Última revisión: Domingo, 19 de Febreiro do 2006



  18. Federación Galega de Surf
    A Federación Galega de Surf ten unha web na que, nun lugar destacado, fan uso dos logos da Xunta e da Fundación Deporte Galego. É lóxico pensar que algún beneficio público están a recibir.

    A web está en perfecto español, pero o idioma propio de Galiza, é algo inexistente para esta federación galega.

    Xa que reciben os nosos cartos, temos o dereito a poder ler os seus contidos no noso idioma. Que reciban tamén a túa mensaxe.

    17/01/2006.- A Federación Galega de Surf incluiu opción en galego. Inda non está todo na nosa lingua, pero xa deron o primeiro paso. Noraboa.


    Data de alta: Martes, 03 de Xaneiro do 2006
    Data de acadado: Martes, 17 de Xaneiro do 2006
    Última revisión: Martes, 03 de Xaneiro do 2006



  19. LARSA
    A marca lactea "LARSA", a maiores da cualidade dos seus productos, destaca por ofrecer no seu leite un etiquetado parcial na nosa lingua. Mais curiosamente, nos iogures, utilizan toponimos deturpados. Así, en troques do correcto "Vilagarcía de Arousa", refirense á inexistente localidade de "Villagarcía de Arosa".

    Dende aquí poderás enviarlle un correo á empresa propietaria de LARSA (CAPSA), pregandolles a corrección da deturpación. Tan so tes que indicar o teu correo, escribir algo no "Asunto" e, a poder ser, indicar o teu nome na mensaxe que xa está feita (inda que a poderás modificar se así o consideras). Participa.

    Nota: LARSA non ten web propia, polo que se premes no URL que ofrecemos, irás á empresa propietaria.

    29/12/05-Recibido correo comunicando que van corrixir o topónimo deturpado en canto se lles esgote o stock. Paramos o envio durante un tempo.


    Data de alta: Xoves, 08 de Decembro do 2005
    Data de acadado: Venres, 30 de Decembro do 2005
    Última revisión: Venres, 30 de Decembro do 2005



  20. Comarcas de Galicia
    Descrición inicial: Pra que queremos información das nosas comarcas se é en lingua estranxeira???

    Pedide a versión en Galego.

    Obxetivo acadado: xa teñen versión en galego, e como páxina por defecto. Non se pode pedir menos a unha empresa pública.


    Data de alta: Sábado, 23 de Decembro do 2000
    Data de acadado: Luns, 18 de Xullo do 2005
    Última revisión: Luns, 18 de Xullo do 2005



  21. Deputación da Coruña
    Descrición inicial: "Una diputación al servicio de una provincia, un servicio abierto al mundo" di o texto de presentación desta páxina. Polo que se ve aberta ao mundo, agás aos galegos. Toda a páxina está en perfecto castellano.

    Outros correos:
    Relacións públicas e protocolo - relacionespublicas.protocolo@dicoruna.es
    Rafael Vidal, Xefe de relacións públicas e protocolo - rafael.vidal@dicoruna.es

    Obxetivo acadado: web en galego pero con partes só en castelán, como a información sobre os concellos.


    Data de alta: Mércores, 31 de Maio do 2000
    Data de acadado: Mércores, 19 de Maio do 2004
    Última revisión: Xoves, 09 de Xuño do 2005



  22. Deputación de Pontevedra
    Descrición inicial: Doutra volta, as deputacións provinciais amosan o seu menosprezo pola lingua que, por lei, teñen que empregar.

    Veñen de estrear web (que inda está en construcción) e somentes a podemos ler en español.

    Obxetivo acadado: Web en galego. Contan incluso cun servizo de asesoramento lingüístico.


    Data de alta: Mércores, 15 de Agosto do 2001
    Data de acadado: Mércores, 19 de Maio do 2004
    Última revisión: Mércores, 15 de Xuño do 2005



  23. Mercado Progreso (Vigo)
    Descrición inicial: Venda de productos frescos por Internet dende Vigo.
    Por si @s consumidor@s vigueses non se entenden en galego, e co patrocinio da Consellería de Industria e Comercio da Xunta, nova web, e para variar, só en español. Uns dos lugares onde se mantivo o galego falado de sempre, nos mercados e feiras, agora coas novas tecnoloxías parece que mudan as cousas. Para mercar na rede "merca en español".

    Obxetivo acadado: Malia que a páxina de inicio está só en castelán, ten a dobre versión galego-castelán para o resto.


    Data de alta: Domingo, 27 de Xaneiro do 2002
    Data de acadado: Venres, 14 de Maio do 2004
    Última revisión: Xoves, 09 de Xuño do 2005



  24. Sindicato CSI-CSIF
    Descrición inicial: Sindicato de funcionarios, con implantación en Galiza. Teñen a súa web só en español, e sobre todo, empregan os topónimos deturpados de La Coruña e Orense.

    Obxetivo acadado: Toponimos deturpados correxidos. Web en galego, agás as partes que levan ao web estatal.


    Data de alta: Venres, 09 de Agosto do 2002
    Data de acadado: Domingo, 20 de Outubro do 2002
    Última revisión: Xoves, 09 de Xuño do 2005



  25. Cristina Pato
    Descrición inicial: A web da gaiteira Cristina Pato. Fora de opinións artísticas resulta decepcionante que a citada web esté só en castelán. Quen vive a costa da Tradición cultural galega debe defendela en tódolos eidos (comezando pola lingua) e non só aproveitarse dela. Pedide ás páxinas en galego.

    Obxetivo acadado: Tripla versión galego-inglés-castelán.


    Data de alta: Martes, 25 de Decembro do 2001
    Data de acadado: Luns, 21 de Xaneiro do 2002
    Última revisión: Xoves, 09 de Xuño do 2005



  26. Caixa Galicia
    Descrición inicial: A web da Caixa Galicia está dispoñible só en castelán.

    Obxetivo acadado: Ten versión en galego, aínda que hai que buscar ben a ligazón.


    Data de alta: Xoves, 22 de Marzo do 2001
    Data de acadado: Martes, 25 de Setembro do 2001
    Última revisión: Xoves, 09 de Xuño do 2005



  27. SIMOTOR.COM
    Descrición inicial: Como ben di o seu eslogan: "Bienvenido a www.simotor.com, el primer portal gallego dedicado exclusivamente a la automoción. Aqui puedes encontrar todo lo relaccionado con el motor y las ruedas..."

    Obxetivo acadado: xa teñen versión en galego. Teñen pendente de mudarse a www.tallergalicia.com pero o web vello si ten versión en galego.


    Data de alta: Sábado, 23 de Decembro do 2000
    Data de acadado: Mércores, 18 de Abril do 2001
    Última revisión: Xoves, 09 de Xuño do 2005



  28. Concello de Oia
    Descrición inicial: Unha páxina do concello galego, que en principio ten opción a Castelán, Galego e Inglés, pero que so lles funciona a versión en Castelán... pedide que funcione a versión en Galego.

    Obxetivo acadado: mágoa que actualmente o web xa non existe.


    Data de alta: Sábado, 23 de Decembro do 2000
    Data de acadado: Martes, 10 de Abril do 2001
    Última revisión: Xoves, 09 de Xuño do 2005



  29. Policía de Cedeira
    Descrición inicial: Sitio web só dispoñible en castelán.

    Obxectivo acadado: malia ter posto unha versión completamente en galego, contando mesmo con servizos ó cidadán, hoxendía a policía de Cedeira xa non ten web propio. Dende este enderezo hai unha redirección (en galego) ó sitio do concello de Cedeira (só en castelán).


    Data de alta: Sábado, 23 de Decembro do 2000
    Data de acadado: Martes, 10 de Abril do 2001
    Última revisión: Xoves, 09 de Xuño do 2005



  30. Portal Ciber Galicia
    Descrición inicial: Páxina do ciber vigués, con contido escaso pero en perfecto castelán.

    Obxetivo acadado: a pesares de que actualmente semella non estar operativo.


    Data de alta: Sábado, 23 de Decembro do 2000
    Data de acadado: Xoves, 08 de Febreiro do 2001
    Última revisión: Xoves, 09 de Xuño do 2005



  31. UNITENDA
    Descrición inicial: A tenda da Universidade de Santiago de Compostela. Está todo en español, sen opción de trocar de idioma.

    Obxetivo acadado: ten o web en galego (con partes en castelán).


    Data de alta: Xoves, 28 de Setembro do 2000
    Data de acadado: Xoves, 05 de Outubro do 2000
    Última revisión: Xoves, 09 de Xuño do 2005



  32. Enxebre
    Descrición inicial: Naceu con vocación de ser o primeiro portal galego de internet (ainda se chamaban buscadores). Daquela tiñan versión en galego. Pero modernizaronse, e parece que de galego quedoulles a intención e o nome. Tamén podedes enviar mensaxes a Iván Rocha Freire (Xerente de Enxebre) irocha@enxebre.net

    Obxetivo acadado: aínda que actualmente o dominio está á venta.


    Data de alta: Mércores, 21 de Xuño do 2000
    Data de acadado: Martes, 30 de Novembro do 1999
    Última revisión: Xoves, 09 de Xuño do 2005






Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com