Este é o listado de obxectivos que solicitaches (11 en total):
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego Audasa e Autoestradas de Galicia, ambas pertencentes ao grupo Sacyr Vallehermoso, son as empresas responsábeis da construción, conservación e explotación das autoestradas feitas no noso país desde o ano 1975. Nunha sociedade que depende na meirande porcentaxe do coche e ten que empregar estas autoestradas sen alternativa, estas empresas teñen o negocio asegurado cós 206 km da autoestrada, AP9, que unen Ferrol con Tui (16 € por turismo), presumindo, ademais, de xestionar o eixo que da servizo a 5 das 7 urbes galegas e a máis de 1 millón e medio de cidadáns. O feito de que se lucren en territorio galego non os fai sensíbeis á cultura galega, como amosa o feito da ausencia da nosa lingua na atención directa ao cliente ou na súa páxina web. Animámoste a que envíes o seguinte prego pedíndolles respecto a nosa lingua, e a reenviar esta mensaxe a amigos sensibilizados có idioma.
Data de alta: Luns, 28 de Abril do 2008 Última revisión: Luns, 28 de Abril do 2008
Activa Galicia - activa o galego Activa Galicia é a marca comercial do Grupo Comercial Gallego S.A. e presume de ser un referente no mundo dos electromésticos no noso país. Din que a súa filosofía é a de dar a mellor atención e trato posible aos clientes “finais”, boa parte deles no rural. Mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio.
Pensamos que sería bo facerlles saber que a nosa filosofía como clientes é a de desenvolvernos na nosa lingua con normalidade no día a día, como cidadáns e como consumidores nun momento dado. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.
Explícalles a túa filosofía enviando este prego.
Data de alta: Martes, 25 de Marzo do 2008 Última revisión: Mércores, 26 de Marzo do 2008
As augas galegas que murchan a lingua A CiberIrmandade da Fala propón unha nova campaña para promover a galeguización das embotelladoras de augas de Galiza.
A escolla dunha auga dun manancial galego fronte a outras de diversas procedencias é algo habitual na meirande parte dos cidadáns. Mais moitas das grandes empresas embotelladoras de Galiza, Augas de Mondariz, Fontecelta, Augas de Sousas ou Aguasana, só usan o galego, no mellor dos casos, na súa denominación, esquecéndoo no resto das súas actividades, na publicidade, nas etiquetaxes, nas páxinas web...
A CiberIrmandade da Fala convídate a comunicarte con elas e demandarlles un maior uso do galego en todos os eidos, nomeadamente nas súas webs.
Data de alta: Luns, 18 de Febreiro do 2008 Última revisión: Luns, 18 de Febreiro do 2008
Confederación de Empresarios de Pontevedra O mundo empresarial é un dos eidos nos que tradicionalmente houbo máis reticencias para unha incorporación normal do galego. Movidas por prexuízos culturais foron demasiadas as empresas que, malia estar totalmente galeguizadas no seu desenvolvemento interno, vendían os seus produtos ou ofrecían os seus servizos en idioma alleo.
Pero xa desde principios dos anos oitenta houbo importantes empresas que optaron por incorporar con normalidade o uso do galego, sendo hoxe en día cada vez máis habitual a presenza da lingua propia de Galiza no eido empresarial.
Porén, a Confederación de Empresarios de Pontevedra semella permanecer ancorada no pasado, inmóbil no seu rexeitamento ao uso do galego. E isto malia que a súa matriz, a Confederación de Empresarios de Galiza, se declara "en sintonía coa sensibilización lingüística presente na sociedade", e asegura que "asumiu o reto de apostar decididamente polo uso e extensión do galego, pilotando un proxecto de dinamización lingüística enfocado ao ámbito empresarial".
Desde a Ciberirmandade da Fala queremos darlle aínda máis motivos á CEP para que mude a súa actitude, e faga do galego a lingua de seu. Envíalle un correo desde aquí.
Data de alta: Domingo, 13 de Xaneiro do 2008 Última revisión: Domingo, 13 de Xaneiro do 2008
Adolfo Domínguez; “a enruga é bela”... a língua tamén Lévase moito tempo falando do textil galego pero nos temos fortes dúbidas de que isto sexa certo. Unha das empresas líderes neste sector é Adolfo Dominguez e non emprega o galego no seu web e tempouco nas súas tendas.
Queremos unha industria galega, respectuosa coa nossa cultura e cós clientes deste país que desexamos poder consultar e ser atendidos na nosa língua, con normalidade e en calqueira eido, na internet e nas tendas.
A CiberIrmandade solicita a tua colaboración nesta nova campaña a prol do emprego da nosa lingüa na rede de redes. Colabora enviando un email dende esta ligazón.
Data de alta: Domingo, 23 de Decembro do 2007 Última revisión: Domingo, 23 de Decembro do 2007
Gadisline O grupo Gadis sorprendeunos recentemente con unha campanha publicitaria onde, a través das impresións dun emigrante retornado, izaba a bandeira amor propio animándonos a “vivir como galegos”, resaltando as virtudes das costumes do noso pobo e a beleza do pais.
Desde a Ciberirmandade entendemos que a “vivir como galeg@s” elle inherente o uso do idioma galego, en calquera eido, na TV, na cadea de establecementos Gadis e, por suposto, no ciberespacio. Valoramos o proceso de galeguización de Gadis no último ano, e queremos animar a empresa a que siga con el até abranguer todos os eidos da empresa, desde o etiquetado e sinalización das distintas seccións dos seus establecementos, a atención ao cliente do persoal da empresa até a web do supermercado virtual, www.gadisline.com, que continua integramente en castelán.
Data de alta: Sábado, 24 de Novembro do 2007 Última revisión: Sábado, 24 de Novembro do 2007
Concello de Foz Que acontece na Marinha coa sua língua?. "Foz dispone de mar, playa, patrimonio histórico, monte, naturaleza, fiestas, ferias, instalaciones deportivas, actividades lúdicas y todo el ambiente nocturno de la costa de Lugo". E a língua propia? No web institucional do concello de Foz, non aparece. Dezanove anos despois da promulgazón da Lei de Normalizazón Lingüística, o concello segue sen dar satisfación ás suas obrigas legais. Convidamosche a que lles achegues un correo no que lembrarlles que a lei hai que cumprila.
Data de alta: Domingo, 21 de Outubro do 2007 Última revisión: Domingo, 21 de Outubro do 2007
Froiz, unha empresa galega?? O grupo "Distribuciones Froiz" presume da fidelidade dos clientes como un dos motores da sua posición no mercado. Queremos parabenizar a Froiz pola sua presenza nas novas tecnoloxías, nomeadamente polo seu servizo de venda dende a rede; mais ao tempo, reclamarlle que faga uso da lingua propia de Galiza, a lingua dunha importante parte dos seus clientes e clientas. A maiores, topónimos como Bayona, La Guardia, Mellid, Noya, Ordenes, Puenteareas, Puentecesures..., que atopamos no seu web, ofenden o noso orguio. Envialles un correo, lembrandolles o noso dereito a elixir ou cambiar de empresa.
Data de alta: Venres, 24 de Agosto do 2007 Última revisión: Venres, 24 de Agosto do 2007
Hospital Modelo A mediados de xuño, A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou un novo caso de grave discriminación sufrida por unha muller que acudiu co seu fillo á consulta pediátrica no Hospital Modelo da cidade da Coruña. Esta cidadá non puido saír do seu asombro cando a médica lle exixiu "que se dirixise a ela en castelán". Convidamos á sociedade galega a enviar correos ao hospital, para que corrixan o desprezo pola nosa lingua, e, como paso mais público, galeguicen o seu web.
Tanto a nai afectada como o seu fillo son galegofalantes e non era a primeira vez que acudían a unha consulta neste centro médico, polo que se sentiron "moi abraiados" pola actitude da doutora.
A direción do hospital, en troques de pedir disculpas e tomar medidas contra a profesional, difundiu un comunicado no que explicaba que a médica non é galega e non ten competencias lingüísticas abondas para comprender a nosa lingua; continuaba o comunicado falando dos criterios de seleición do persoal no que, como non, o idioma propio de Galiza e dunha boa parte dos galegos e galegas non importa o mais mínimo.
A CiberIrmandade considera que esta nova agresión á nosa lingua e aos nosos dereitos non pode ficar sen resposta. Envía un correo electrónico ao Hospital Modelo solicitando que tomen medidas para que a situación non se volva repetir, abran unha investigación do sucedido, poñan en funcionamento un servizo de normalización lingüística e, como mostra clara da sua vontade, galeguicen o seu web.
Envía o prego dende eiquí e agora.
Revissom: Igual.
Data de alta: Sábado, 14 de Xullo do 2007 Última revisión: Xoves, 01 de Novembro do 2007
Xunta: Compro sumisión, pago con galego Despois de 25 anos subvencionando con importantes sumas a fondo perdido a presenza do galego na prensa escrita, evidénciase que esta liña non funciona.
Resulta sospeitoso que se manteñan as axudas a través de convenios "bis a bis" difíciles de verificar, sen esixir uns mínimos resultados de cantidade, calidade, evolución porcentual e consolidación do galego nos medios beneficiarios dos diñeiros públicos, que non se cuestione a continuidade deste tipo de "tratos" e se supriman definitivamente unha vez amosada a sua ineficiacia. Pola nosa lingua, segue lendo e participa.
Hai varios motivos que poden levar a unha administración a abrir unha liña de axudas ou subvencións. Un deles é o de tentar corrixir determinadas eivas que afectan a sociedade, e favorecer o asentamento ou desenvolvemento de novos elementos, usos, ou prácticas que non puideron arraigar, polos motivos que fora, e que necesitan un empurro inicial por parte de organismos públicos, até que sexan aceptados como normais e se desenvolvan por si solos.
As axudas públicas, na súa maioría, teñen un caracter transitorio, buscan transformar nun período umha realidade inxusta ou mellorábel a outra corrixida. Podemos dizer que unha liña de axudas tivo éxito cando unha vez suprimida, aquel obxectivo para a que foi creada se da de forma normal, sen necesidade de ningún tipo de axuda. Si esto non se dá haberá que reprantear a táctica escollida.
Políticas de igualdade, fomento da contratación indefinida, protección medioambiental ou cultural....poderían entrar neste grupo. A liña de axudas que medios galegos de prensa levan recibindo por usar o galego nas súas páxinas tamén entran aquí.
Partindo dunha situación de ausencia total do galego dentro da prensa escrita diaria, logo de 40 anos de menosprezo e persecución do idioma, optase por abrir umha liña que, a base do incentivar economicamente o uso da lingua, corrixa o lastre deixado polo franquismo e axudar así aos nosos medios a fazer a súa propia “transición”, superar complexos, auto-odio, e normalizar no rexistro escrito o que sempre foi o normal no oral.
A 25 anos vista, despois de ver o estudio feito pola USC e publicado na revista da Mesa Pola Normalización Lingüística, Longa Lingua, podemos dizer que o fracaso é total, o galego sigue a ser cuantitativamente residual (non chega ao 8% de media) , asociado a novas de 2ª categoría ou restrinxido a eidos específicos como o folclore ou “complementos” do xornal.
Non se entende a teima de seguir dando dinheiro publico as empresas privadas de prensa escrita, a non ser que o interese do goberno en manter esta liña non estea na língua se non en “atar” certas relacións de complicidade que o aseguren mediaticamente.
Irrita especialmente o feito de que desde o noso goberno se teña que mendigar ou directamente comprar con centos de miles de euros a presencia do galego, rebaixando o orgullo pola nosa cultura a niveis de mercádeo, mentres se penaliza coa non concesión de axudas a proxectos altruístas e altamente comprometidos coa cultura, e a lingua como ponta de lanza de esta, alegando motivos de normativa. Semella que si o 92% da publicación está en castelán, non sabemos si a normativa, pero cando menos estas porcentaxes hai que premialas.
O galego non se vende, se non o queren empregar, que non o empreguen. Envia o teu prego a Secretaría Xeral de Comunicación, a Secretaría Xeral de Política Lingüistica, aos grupos parlamentares e a os medios de comunicación para que trocar este despropósito.
Revissom: Igual, até onde sabemos.
Data de alta: Xoves, 21 de Xuño do 2007 Última revisión: Xoves, 01 de Novembro do 2007
Asterix: “Em galego, por Tutatis!!” Como se de umha manobra de ocupaçom (cultural) do exército romano sobre a pequena aldeia da Gali(z)a se tratasse, a editorial responsável da traduçom das histórias de Asterix e Obelix, Salvat-Bruño, nega-se a publicar umha versom da famosa banda desenhada na língua da Gali(z)a. Perante esta manobra do invasor, desde esta pequena naçom no confim do ciberespaço, povoada pol@s irredutíveis galeg@s, pensamos em duas opçons:
- a) Mandar o nosso bardo-gaiteiro, Gaiteranceturix, para tocar-lhe a gaita dia e noite aos directivos de Salvat-Bruño até fazer-lhes ver que existimos e resistimos. Opçom difícil pola apertada agenda que tem o nosso músico na primavera e verám.
- b) Falar com Panoramix e Abraracurcix, mobilizar a aldeia galega, e depois de tomar um pouco de beberagem de “amorprópriux”, mandar-lhe uns quantos ciber-menires em forma de prego à editorial “romana” fazendo-lhes saber da nossa demanda, desejo e direito.
Decidimo-nos pola segunda opçom, mais solidária (com Gaiteranceturix) , envia-lhes o teu prego-menir dende aqui.
30/05/2007. A editorial Salvat-Bruño, está a respostar individualmente aos remitentes de correos con "lo estamos estudiando". A ver se o estudian ben.
Revissom: Igual.
Data de alta: Domingo, 27 de Maio do 2007 Última revisión: Xoves, 01 de Novembro do 2007