|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Luns, 12 de Maio do 2008 |
|
Informamos de que dende a zona de descargas da CiberIrmandade podes descargar o paquete coa tradución ao galego para a o Panel de Control (administración) do Joomla! 1.5.2 A tradución está baseada no traballo feito por voluntarios e voluntarias no TraduCIF na web de (ciberirmadade.org), coordinado por Daniel Muñiz de Trasno . Esta é a primeira vez que, grazas a este paquete, podemos dispor do panel de control totalmente en galego. E aprobeitamos para animar a completar a tradución do WinMergue que está no TraduCIF . |
|
|
Escrito por 6ª matriuska
|
|
Domingo, 11 de Maio do 2008 |
|
Tanto A Mesa Pola Normalización Linguísitca como a AGAL (Associaçom Galega da Língua), venhem de publicar sendos manifestos em defessa da lingua de Galiza e dos nossos direitos linguísticos individuais e colectivos e convocando as súas bases sociais á manifestaçom que terá lugar o día 18 de maio ás 12:00 na Alameda de Compostela. O manifesto feito público pola Mesa leva por título; "POLO DEREITO A VIVIRMOS EN GALEGO" e pode ser assinado por entidades, colectivos, associaçons e organizaçons a través da página web desta da Mesa, www.amesanl.org. O manifesto publicado pola AGAL leva por título; "A NOSSA LÍNGUA É INTERNACIONAL" consta de seis pontos e pode ser assinado por colectivos e pessoas a título individual a través do Portal Galego da Língua, www.galego-portugues.net Desde a Ciberirmandade queremos animar a toda gente sensível coa nossa língua a manifestarse o vindeiro día 18 e a assinar ambos manifestos que ficam expostos a continuaçom. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Luns, 28 de Abril do 2008 |
|
Audasa e Autoestradas de Galicia, ambas pertencentes ao grupo Sacyr Vallehermoso, son as empresas responsábeis da construción, conservación e explotación das autoestradas feitas no noso país desde o ano 1975. Nunha sociedade que depende na meirande porcentaxe do coche e ten que empregar estas autoestradas sen alternativa, estas empresas teñen o negocio asegurado cós 206 km da autoestrada, AP9, que unen Ferrol con Tui (16 € por turismo), presumindo, ademais, de xestionar o eixo que da servizo a 5 das 7 urbes galegas e a máis de 1 millón e medio de cidadáns. O feito de que se lucren en territorio galego non os fai sensíbeis á cultura galega, como amosa o feito da ausencia da nosa lingua na atención directa ao cliente ou na súa páxina web. Animámoste a que envíes o seguinte prego pedíndolles respecto a nosa lingua , e a reenviar esta mensaxe a amigos sensibilizados có idioma. |
|
|
Escrito por apana
|
|
Martes, 15 de Abril do 2008 |
Se queres publicar novas no web sobre lingua, sociedade, iniciativas sociais ou outros temas de interese e non sabes como facelo, na CiberIrmandade rematamos de publicar un videotitorial explicativo no Youtube, onde podes mirar paso a paso o sinxelo procedemento de publicación de novas e imaxes:
Como enviar unha nova á Ciberirmandade? Ademais queres publicar unha imaxe externa? A CiberIrmandade quere ser un referente informativo na Rede Galega e pra isto é necesario a colaboración de todas as persoas que nos visitan. Mira isto e aprende a publicar novas! Unha aperta dende a CiberIrmandade. |
|
|
Escrito por Medulio
|
|
Sábado, 12 de Abril do 2008 |
|
O día 7 de abril foi publicada a nova versión do phpBB, a 3.0.1, que soluciona diversos problemas de estabilidade, pequenos erros xerais, ofrece melloras de rendemento, e elimina un par de problemas de seguridade menores. Dentro dos trocos xerais, tamén foron modificados os arquivos de idioma, co que aproveitamos a ocasión de actualizar a tradución ao galego para facer unha pequena revisión xeral na que corriximos algúns erros da mesma, seguindo co traballo de mantemento que vimos facendo de continuo. Podes descargar o arquivo de idioma na nosa área de descargas e tamén no sitio oficial do phpBB. |
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Martes, 08 de Abril do 2008 |
|
A Asociación Animalista Libera! interesouse pola posibilidade de utilizar a ferramenta de tradución da CiberIrmandade co obxeto de que o documental "Earthlings" estivese dispoñibel no noso idioma nos subtitulos. Dende eiquí convidamos a todos e todas a participar neste proxecto .
Earthlings (Terrícolas) é un documental sobre a explotación animal e de cómo a humanidade utiliza de maneira inxustificable ós demais animais para alimentación, roupa, entretenemento e experimentación, cun completo estudo en tendas de animais, refuxios, granxas, comercio de peles e coiro, deportes, espectáculos e festividades, e por último na profesión médica e científica. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Medulio
|
|
Luns, 31 de Marzo do 2008 |
Xa está dispoñible unha nova versión RC do dokuwiki, en concreto a rc2008-03-31 (ou RC1), que está dispoñible, por suposto, ao 100% en galego grazas á actualización da tradución por parte da CiberIrmandade, e que ven incluida no propio paquete que podes descargar do sitio oficial do popular xestor Wiki. |
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Mércores, 26 de Marzo do 2008 |
|
Activa Galicia é a marca comercial do Grupo Comercial Gallego S.A. e presume de ser un referente no mundo dos electromésticos no noso país. Din que a súa filosofía é a de dar a mellor atención e trato posible aos clientes “finais”, boa parte deles no rural. Mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio. Pensamos que sería bo facerlles saber que a nosa filosofía como clientes é a de desenvolvernos na nosa lingua con normalidade no día a día, como cidadáns e como consumidores nun momento dado. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo. Explícalles a túa filosofía enviando este prego . |
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Luns, 18 de Febreiro do 2008 |
|
A CiberIrmandade da Fala propón unha nova campaña para promover a galeguización das embotelladoras de augas de Galiza. A escolla dunha auga dun manancial galego fronte a outras de diversas procedencias é algo habitual na meirande parte dos cidadáns. Mais moitas das grandes empresas embotelladoras de Galiza, Augas de Mondariz, Fontecelta, Augas de Sousas ou Aguasana, só usan o galego, no mellor dos casos, na súa denominación, esquecéndoo no resto das súas actividades, na publicidade, nas etiquetaxes, nas páxinas web... A CiberIrmandade da Fala convídate a comunicarte con elas e demandarlles un maior uso do galego en todos os eidos, nomeadamente nas súas webs. |
|
|
Escrito por Medulio
|
|
Domingo, 27 de Xaneiro do 2008 |
|
Xa está dispoñible o paquete coa tradución ao galego para a portada do Joomla! 1.5.0 Estable [Khepri], que saiu o día 22 de xaneiro de 2008. A tradución está baseada no traballo feito por voluntarios e voluntarias no TraduCIF na web de (ciberirmadade.org), e completada, revisada e coordinada por Daniel Muñiz membro do grupo Trasno (trasno.net). Podes acceder ao mesmo no noso espazo de descargas. |
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Domingo, 13 de Xaneiro do 2008 |
|
O mundo empresarial é un dos eidos nos que tradicionalmente houbo máis reticencias para unha incorporación normal do galego. Movidas por prexuízos culturais foron demasiadas as empresas que, malia estar totalmente galeguizadas no seu desenvolvemento interno, vendían os seus produtos ou ofrecían os seus servizos en idioma alleo. Pero xa desde principios dos anos oitenta houbo importantes empresas que optaron por incorporar con normalidade o uso do galego, sendo hoxe en día cada vez máis habitual a presenza da lingua propia de Galiza no eido empresarial. Segue a ler . |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Domingo, 06 de Xaneiro do 2008 |
|
Informamos que na noite do 6 ao 7 de xaneiro, os foros da CiberIrmandade van ser parados para efectuar a conversión do actual phpBB2 a phpBB3. Agardamos que a parada dure menos dunha hora. Durante ese tempo, os foros estarán inoperativos. |
|
| << Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
| | Resultados 1 - 12 de 148 |
|
|
Non esquezas.. |
TraduCIF A CiberIrmandade dispón dunha ferramenta de traballo on-line para a tradución de software á nosa lingua. Convidamosche a que participes. Ir a traduCIF . |
|
|