|
|
|
Escrito por Medulio
|
|
Venres, 19 de Setembro do 2008 |
|
Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña. Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo. Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego. |
|
|
Escrito por Medulio
|
|
Venres, 19 de Setembro do 2008 |
|
Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña. Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo. Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego. |
|
|
Escrito por apana
|
|
Martes, 22 de Xullo do 2008 |
function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';} function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}  function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';} Voluntarios da Ciberirmandade veñen de rematar a tradución ao galego do IspCP Omega , unha aplicación de Panel de Control Open Source para ISPs, continuación do proxecto VHCS. Respóndese deste xeito a unha demanda de colaboración solicitada polos desenvolvedores cando están preto de ceibar unha versión estable. O idioma galego estará presente de forma oficial desde o comezo deste proxecto grazas ao esforzo dos voluntarios/as que colaboraron na localización ao noso idioma desta importante aplicación. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Mércores, 09 de Xullo do 2008 |
|
A CiberIrmandade leva tempo traducindo software á nosa lingua. Se che presta botar unha man, seguro que hai algo que podes facer. Canta mais xente colabore, mais contribuiremos entre todos e todas á normalización da lingua nas novas tecnoloxías. Vimos de rematar a guía de "tradución de software na CIF ", onde che contamos polo miudo como e en qué podes axudar. Convidamosche a que o leas e participes. |
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Domingo, 08 de Xuño do 2008 |
|
A CiberIrmandade da Fala ven de engadir o SOBI2 no traduCIF para a sua tradución pola comunidade. SOBI2 (Sigsiu Online Business Index 2) é un compoñente, modulo e plugin para Joomla! 1.0 que funciona en 1.5 que facilita xestionar directorios ou anuncios (de calquer clase, incluidos comerciais). Polas suas características, en especial polo seu potencial uso no mundo empresarial que tanto precisa galeguizarse, a CiberIrmandade considera positiva a tradución deste compoñente de Joomla! para a normalización da nosa lingua. Convidamosche a que participes na tradución deste compoñente. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Luns, 12 de Maio do 2008 |
|
Informamos de que dende a zona de descargas da CiberIrmandade podes descargar o paquete coa tradución ao galego para a o Panel de Control (administración) do Joomla! 1.5.2 A tradución está baseada no traballo feito por voluntarios e voluntarias no TraduCIF na web de (ciberirmadade.org), coordinado por Daniel Muñiz de Trasno . Esta é a primeira vez que, grazas a este paquete, podemos dispor do panel de control totalmente en galego. E aprobeitamos para animar a completar a tradución do WinMergue que está no TraduCIF . |
|
|
Escrito por 6ª matriuska
|
|
Domingo, 11 de Maio do 2008 |
|
Tanto A Mesa Pola Normalización Linguísitca como a AGAL (Associaçom Galega da Língua), venhem de publicar sendos manifestos em defessa da lingua de Galiza e dos nossos direitos linguísticos individuais e colectivos e convocando as súas bases sociais á manifestaçom que terá lugar o día 18 de maio ás 12:00 na Alameda de Compostela. O manifesto feito público pola Mesa leva por título; "POLO DEREITO A VIVIRMOS EN GALEGO" e pode ser assinado por entidades, colectivos, associaçons e organizaçons a través da página web desta da Mesa, www.amesanl.org. O manifesto publicado pola AGAL leva por título; "A NOSSA LÍNGUA É INTERNACIONAL" consta de seis pontos e pode ser assinado por colectivos e pessoas a título individual a través do Portal Galego da Língua, www.galego-portugues.net Desde a Ciberirmandade queremos animar a toda gente sensível coa nossa língua a manifestarse o vindeiro día 18 e a assinar ambos manifestos que ficam expostos a continuaçom. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Luns, 28 de Abril do 2008 |
|
Audasa e Autoestradas de Galicia, ambas pertencentes ao grupo Sacyr Vallehermoso, son as empresas responsábeis da construción, conservación e explotación das autoestradas feitas no noso país desde o ano 1975. Nunha sociedade que depende na meirande porcentaxe do coche e ten que empregar estas autoestradas sen alternativa, estas empresas teñen o negocio asegurado cós 206 km da autoestrada, AP9, que unen Ferrol con Tui (16 € por turismo), presumindo, ademais, de xestionar o eixo que da servizo a 5 das 7 urbes galegas e a máis de 1 millón e medio de cidadáns. O feito de que se lucren en territorio galego non os fai sensíbeis á cultura galega, como amosa o feito da ausencia da nosa lingua na atención directa ao cliente ou na súa páxina web. Animámoste a que envíes o seguinte prego pedíndolles respecto a nosa lingua , e a reenviar esta mensaxe a amigos sensibilizados có idioma. |
|
|
Escrito por apana
|
|
Martes, 15 de Abril do 2008 |
Se queres publicar novas no web sobre lingua, sociedade, iniciativas sociais ou outros temas de interese e non sabes como facelo, na CiberIrmandade rematamos de publicar un videotitorial explicativo no Youtube, onde podes mirar paso a paso o sinxelo procedemento de publicación de novas e imaxes:
Como enviar unha nova á Ciberirmandade? Ademais queres publicar unha imaxe externa? A CiberIrmandade quere ser un referente informativo na Rede Galega e pra isto é necesario a colaboración de todas as persoas que nos visitan. Mira isto e aprende a publicar novas! Unha aperta dende a CiberIrmandade. |
|
|
Escrito por Medulio
|
|
Sábado, 12 de Abril do 2008 |
|
O día 7 de abril foi publicada a nova versión do phpBB, a 3.0.1, que soluciona diversos problemas de estabilidade, pequenos erros xerais, ofrece melloras de rendemento, e elimina un par de problemas de seguridade menores. Dentro dos trocos xerais, tamén foron modificados os arquivos de idioma, co que aproveitamos a ocasión de actualizar a tradución ao galego para facer unha pequena revisión xeral na que corriximos algúns erros da mesma, seguindo co traballo de mantemento que vimos facendo de continuo. Podes descargar o arquivo de idioma na nosa área de descargas e tamén no sitio oficial do phpBB. |
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Luns, 07 de Abril do 2008 |
|
A Asociación Animalista Libera! interesouse pola posibilidade de utilizar a ferramenta de tradución da CiberIrmandade co obxeto de que o documental "Earthlings" estivese dispoñibel no noso idioma nos subtitulos. Dende eiquí convidamos a todos e todas a participar neste proxecto .
Earthlings (Terrícolas) é un documental sobre a explotación animal e de cómo a humanidade utiliza de maneira inxustificable ós demais animais para alimentación, roupa, entretenemento e experimentación, cun completo estudo en tendas de animais, refuxios, granxas, comercio de peles e coiro, deportes, espectáculos e festividades, e por último na profesión médica e científica. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Medulio
|
|
Luns, 31 de Marzo do 2008 |
Xa está dispoñible unha nova versión RC do dokuwiki, en concreto a rc2008-03-31 (ou RC1), que está dispoñible, por suposto, ao 100% en galego grazas á actualización da tradución por parte da CiberIrmandade, e que ven incluida no propio paquete que podes descargar do sitio oficial do popular xestor Wiki. |
|
| << Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
| | Resultados 1 - 12 de 153 |
|
|