Venres, 25 de Xullo do 2008
 
  Inicio arrow Novas CiberIrmandade  
Obxetivo: Amnistía Internacional, parabéns e suxestión. (16.06.2008)

 Amnistía Internacional vén de celebrar os 30 anos da súa legalización no Estado Espanhol, e 20 de presenza continuada na Galiza. A Ciberirmandade quere sumarse cos parabéns evidentes polo aniversario e máis polo traballo feito e cunha suxestión que ten que ver coa pouca sensibilidade de  A.I. a respecto das distintas linguas do Estado, que se plasma na falta de opción de galego, catalán e euskera na web da “sección Española” de  A.I., así como nas campañas de envío de correos electrónicos que remiten ás/aos soci@s e colaboradores.

Cremos que unha organización como A.I. non debería de ter maior problema, nin polos valores e principios que defende, nin polos recursos que se lle supoñen, en satisfacer os dereitos lingüísticos das distintas comunidades do Estado. Por todo isto animámosche a enviarlles este prego de felicitación e suxestión.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Dimensiona

A CiberIrmandade e Fala Ceive
Escrito por minhoca   
Martes, 06 de Xuño do 2006

Aproveitamos as nosas canles de comunicación pra facervos saber do novo acordo de asociación entre Fala Ceive e a CiberIrmandade da Fala. Após varias conversas e reunións virtuais as duas asociacións acordaron a unión dos webs e foros das dúas organizacións procurando a creación dunha verdadeira ciberirmandade entre os galegos e galegas de ámbalas dúas Galizas.

Inda que quedan pormenores que axustar nas novas páxinas, o web de Fala Ceive xa está operativo en calquera destes enderezos:

http://www.ciberirmandade.org/falaceive
http://falaceive.ciberirmandade.org
http://falaceibe.ciberirmandade.org

Dende eiquí convidámosvos a visitar este novo web e a deixar os vosos saúdos aos companheir@s da Galiza Irredenta. Neste día queremos remarcar unha vez máis a necesidade de colaboración e suma de esforzos entre todas as forzas vivas deste planeta chamado Galiza pra rachar co minifundismo mental do que pecamos tantas veces os galegos e galegas e poder acadar deste xeito a nosa utopía.

Rematar subliñando que a CiberIrmandade da Fala está a usar recursos de RedeGalega.org, entidade de Fillos.org, a quen non podemos senón amosar a nosa mais sinceira gratitude polo seu apoio no desenvolvemento das nosas actividades e na procura dese obxectivo común de unión da galeguidade espallada por todo o mundo.

 
Motores de Procura CiberIrmandade e Galipedia no Firefox
Escrito por minhoca   
Sábado, 03 de Xuño do 2006

Dende a CiberIrmandade seguimos a traballar por facilitar o acceso á información de ámbito galego que hai pola Rede e comezamos por ofrecerche varios motores de procura instalables no navegador Firefox (pódese descargar de balde aquí se así o desexas), que che permitirán acceder de xeito máis doado ao noso Web, Buscador de Empresas, Foros ou Galería de Imaxes. Asemade tamén poñemos á túa disposición un motor de procura para acceder á Galipedia.

A instalación é moi doada, tan só tes que acceder a esta páxina (preme na ligazón), e logo premer enriba do nome do motor que queiras instalar.

Seguiremos traballando e esforzándonos por ampliar a lista de dispoñibilidades polo que che convidamos a que pases de cando en vez polo noso sitio na Rede ou esteas pendente das nosas canles de información habituais. Lembrarche tamén que hai traballo abondo e a túa colaboración será sempre moi ben recibida.

 
A CiberIrmandade na Radio Piratona
Escrito por minhoca   
Mércores, 31 de Maio do 2006

Pola celebración do Día das Letras Galegas deste ano, a Radio Piratona, a radio libre de Vigo (106.0 FM), dentro da súa programación especial co gallo da mesma, emitiu unha entrevista á CiberIrmandade da Fala onde se fai un certo repaso en conxunto das actividades e posibilidades que ofrecemos e compartimos.

Poñemos o arquivo de audio, xentilmente ofrecido por Radio Piratona, á túa disposición na nosa zona de descargas. Rematar cos nosos parabéns á Radio Piratona pola súa laboura así coma co noso agradecemento polo seu interese verbo do noso traballo.

Descargar audio

 
Manifesto do Día das Letras e propostas da FPG
Escrito por minhoca   
Sábado, 27 de Maio do 2006

A CiberIrmandade pon a disposición dos internautas galegos e galegas, dous recentes documentos da Fronte Popular Galega (FPG), o Manifesto do Día das Letras e a nota de prensa da súa V Asembleia Nacional (21/05/2006).

Ademais dun profundo debate sobre o sistema organizativo e dunha ampla reflexión sobre o papel da FPG na Galiza de hoxe, os documentos afondan na análise da situación mundial, europea, e do Estado español. Dedicación especial mereceu a valoración, interpretación e procura de alternativas para a situación galega, co goberno do PSOE-BNG, e cun proceso de reforma estatutaria en marcha, aos que cualifican (goberno e reforma), como sumamente insatisfactorios ante as necesidades e urxencias do pobo e da nación galega.

Nestes tempos de manis da LOU, do Iraque, antiglobalización, anti-peaxe, ENCE e moitas mais, nun ano que será lembrado pola greve do metal en Vigo e pola Lingua en Compostela, faise necesario incrementar a organización e argallar novos xeitos de loita. Nesta situación, eiquí tedes as reflexións da FPG.

- Descargar información da V Asembleia Nacional da FPG. 21/05/2006
- Descargar Manifesto Día das Letras. Direción Nacional da FPG. 17/05/2006

 
A CiberIrmandade abre as súas portas ás asociacións galegas
Escrito por minhoca   
Mércores, 24 de Maio do 2006

A CiberIrmandade da Fala, en solidariedade co centro social A Esmorga, ven de poñer en marcha un novo servizo de apoio ás campañas de denuncia e información que teñan en marcha outros colectivos da nosa terra. Dende hoxe mesmo, na parte dereita do noso web publicaremos as bandeiras que se nos acheguen sobre loitas cidadás que estean en marcha e que se irán visualizando mediante rotación en cada acceso ao noso web. Deste xeito queremos solidarizarnos e facer saber á xente que no noso pais hai moitas campañas abertas que necesitan ser espalladas.

 

Se participas nun colectivo, paxina web, asociación ou centro social que estea actualmente nalgunha loita, fainos chegar a túa proposta ao foro de "Obxectivos e campañas". As bandeiras (ancho máximo 140), podes deixalas no foro de "Subir arquivos". A colaboración da CiberIrmandade nas distintas campañas está sometida á aceptación dos CiberIrmandiñ@s mediante votación popular.

 

Aínda que pareza que en Galiza existen 1000 campañas, nos consideramos que todas elas son a mesma. A campaña pola dignidade, respecto e liberdade da nosa cultura e das nosas ideas.

Agardamos as túas bandeiras.

 
Obxectivo. Concello de Ribadeo
Escrito por Medulio   
Sábado, 20 de Maio do 2006
No "Concello de Ribadeo atoparás todo aquelo que desexes", di o Alcalde no web do concello. Atoparás todo, agás respeito polos teus dereitos lingüísticos como galego ou galega.

O Concello de Ribadeo ofrece os contidos do seu sitio na rede (http://www.ribadeo.org), únicamente en castelán. O único que se pode atopar na lingua que lle é propia, a lingua da Galiza, é o "Saluda" do Alcalde; eso si, con tradución ao castelán. A partires de aí, máis nada.

Dende eiquí e de xeito doado, podes facerlle chegar a tua queixa ao concello, á concellaría de cultura, ao servizo de normalización lingüística e aos partidos políticos que substentan o goberno (BNG e PSOE).

Enviar prego

 
Manifestos do Día das Letras
Escrito por Medulio   
Martes, 16 de Maio do 2006

Nun día especial como hoxe dende a CiberIrmandade queremos apoiar tódalas propostas que procuren a dignificación, revitalización e posta en valor da nosa Lingua e Cultura, e concretamos máis específicamente a nosa adhesión aos manifestos d'A Mesa pola Normalización Lingüística (Porque temos, porque queremos, porque debemos) e ao do Colectivo Nacionalista de Marín que reproducimos nestas páxinas.

Nembargantes queremos tamén lembrar que a importancia e imprescindibilidade da nosa Lingua é cousa de tódolos días do ano e non un evento que celebrar de feito illado, polo que o esforzo de todos e todas non pode quedar só nesta festa, senón extenderse ao resto do ano na procura dunha normalización real do galego.

Ler máis...
 
Documentos da Convençom nacional sobre a língua do BNG
Escrito por minhoca   
Sábado, 13 de Maio do 2006

Eis os documentos apresentados á (sub)comissom da Língua do Bloco Nacionalista Galego, por Alexandre Banhos, para o seu debate na Convençom nacional que sobre a língua acordara a XI assembleia nacional do BNG.

A convençom celebrou-se em Santiago de Compostela o sábado 22 de Abril de 2006, e do documento da analise jurídica, só se discutiu a parte do mesmo que nom tratava sobre o artigo 3 da proposta estatutária,  é dizer, o artigo cerne da proposta.  O outro documento finalmente nom foi objecto de debate a convençom.

Polo interesse que achamos nos dous textos, Ciberirmandade da Fala disponibiliza-os para todos os internautas.

- Analise juridico da proposta estatutaria do BNG no campo da lingua
- A lingua galega. De onde vimos e a onde vamos

Outros documentos relacionados:
- Texto articulado de Estatuto de Autonomía polo BNG

 
140 pregos enviados as Federacios. E ti a que esperas??
Escrito por Kiko das Leiras   
Xoves, 11 de Maio do 2006

Apos duas semanas de campanha polo uso da nosa lingua no deporte, acadamos entre todos e todas mais dun centenar de pregos enviados e unha primeira resposta positiva dende a Xunta da Galiza. Inda asi, fica caminho por caminar. Pra acadares este obxetivo e imprescindíbel continuar, e por iso a CiberIrmandade pide a toda persoa preocupada polo futuro da nosa lingua que lhe adique un minuto a enche-lo formulario.

O envio de pregos é o alicerce da CiberIrmandade e polo tanto sen a tua axuda nada do noso trabalho teria repercusión. No que vai de ano acadamos diversos obxetivos grazas a colaboracion da sociedade internauta galega. Hoxendía, co enorme crecemento da blogoesfera galega, estanos a ser mais doado atopar sitios web que espalhan ao ar as nosas campanhas mais iste incremento non se acaba de notar no numero de pregos enviados. Ben sabemos que moita xente apoia todas as nosas iniciativas mais é moi importante asinar e manda-los pregos.

Unha pequena reflexión: canto tempo pasamos diante do ordenador recibindo información, e canto tempo pasamos enviando ou actuando directamente dentro da Rede? Convidamosche a actuar mais, adicandolhe algún tempo a trabalhar en campanhas virtuais. Na CiberIrmandade temos unha chea de trabalho e tarefas pendentes, mais das que podemos desenrolar; por iso aproveitamos dende eiquí a invitar a toda-las persoas que queiran trabalhar en equipos virtuais e defender a nosa lingua ante o ataque diario na que se atopa.

 
Un libro, un toxo
Escrito por minhoca   
Sábado, 06 de Maio do 2006

Co gallo do 17 de maio, queremos reinterpretar a "nova tradición" de que nas celebracións do día do libro, con cada un se regale unha rosa. Que mais galego que o toxo, planta nacional de Galiza.

Na CiberIrmandade da Fala queremos dar o primeiro paso, polo que convidamos aos webs galegos a colocar no seu sitio a flor do toxo dende o 8 ao 21 de maio, co obxectivo de que para o día do libro do ano 2007, esta proposta sexa unha realidade nas librarías da Galiza.

Neste enlace atoparás mais información da campaña, incluindo o script para poñer no teu sitio a flor do toxo, envio de postais.. Participa. Ver campaña un libro-un toxo.

 
Obxectivo en suspenso. Escola Tecnica Superior de Arquitectura
Escrito por minhoca   
Xoves, 04 de Maio do 2006

A CiberIrmandade suspende os envios de correos á Escola Tecnica Superior de Arquitectura da Coruña, obxectivo posto en marcha o 18 de marzo.

O día 28 de abril, recibimos correo da Escola indicando a intención do actual equipo directivo de, entre outras cousas, promocionar o galego e usalo de xeito cotián. Nembargantes parece que teñen problemas legais co web, de xeito que nistes intres está fora do seu control e non poden levar adiante o proceso.

Cónstanos a boa vontade por parte da dirección da Escola, polo que suspendemos a campaña durante un mes para darlles tempo a traballar nese proceso de normalidade lingüística.

Mentres, a seguir coas Federacións deportivas galegas.

 
Obxectivo. Federacións deportivas galegas
Escrito por minhoca   
Venres, 28 de Abril do 2006

Na Galiza, o deporte fala maioritariamente en lingua allea. Revisados os webs de 31 federacións deportivas, concluímos que a situación da nosa lingua é de inferioridade respecto do castelán. 

Inda que temos que destacar que hoxe en día existen federacións que empregan o galego a todos os niveis, e que deberían ser exemplo a seguir, 17 delas so ofrecen os seus contidos en castelán, fronte a 8 que o fan en galego e 6 bilingües (algunhas destas con grandes deficiencias na versión galega).

No referente á toponímia, 16 respeitan a oficial, mentres que 15 a deturpan, menoscabando así a nosa lingua e cultura.

A maioría das federacións teñen logotipo da Xunta de Galiza ou da Fundación Deporte Galego, polo que entendemos que reciben axudas ou subvencións públicas. É inaceptábel que entidades que reciben fondos públicos non fagan uso da lingua propia da Galiza.

A CiberIrmandade da Fala fai un chamamento a toda persoa orguiosa da nosa lingua a que esixa o seu uso, mediante o achegamento dun correo electrónico dirixido á Conselleira de Cultura e Deporte, ao Director Xeral para o Deporte, e a todas as federacións deportivas galegas. Podes facelo aquí e agora cumprimentando o teu nome.

Ver informe  -  Enviar correo.

 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 109 - 120 de 151

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Activa Galicia - activa o galego 
Solidariedade civil
Campaña:


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com