Sábado, 26 de Xullo do 2008
 
  Inicio arrow Novas CiberIrmandade  
Obxetivo: Amnistía Internacional, parabéns e suxestión. (16.06.2008)

 Amnistía Internacional vén de celebrar os 30 anos da súa legalización no Estado Espanhol, e 20 de presenza continuada na Galiza. A Ciberirmandade quere sumarse cos parabéns evidentes polo aniversario e máis polo traballo feito e cunha suxestión que ten que ver coa pouca sensibilidade de  A.I. a respecto das distintas linguas do Estado, que se plasma na falta de opción de galego, catalán e euskera na web da “sección Española” de  A.I., así como nas campañas de envío de correos electrónicos que remiten ás/aos soci@s e colaboradores.

Cremos que unha organización como A.I. non debería de ter maior problema, nin polos valores e principios que defende, nin polos recursos que se lle supoñen, en satisfacer os dereitos lingüísticos das distintas comunidades do Estado. Por todo isto animámosche a enviarlles este prego de felicitación e suxestión.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega

Tradución ao galego (formal) da portada do Joomla 1.5 Estable [Khepri]
Escrito por Medulio   
Domingo, 27 de Xaneiro do 2008

Xa está dispoñible o paquete coa tradución ao galego para a portada do Joomla! 1.5.0 Estable [Khepri], que saiu o día 22 de xaneiro de 2008. A tradución está baseada no traballo feito por voluntarios e voluntarias no TraduCIF na web de (ciberirmadade.org), e completada, revisada e coordinada por Daniel Muñiz membro do grupo Trasno (trasno.net).

Podes acceder ao mesmo no noso espazo de descargas.

 
Obxectivo. Confederación de Empresarios de Pontevedra
Escrito por minhoca   
Domingo, 13 de Xaneiro do 2008

O mundo empresarial é un dos eidos nos que tradicionalmente houbo máis reticencias para unha incorporación normal do galego. Movidas por prexuízos culturais foron demasiadas as empresas que, malia estar totalmente galeguizadas no seu desenvolvemento interno, vendían os seus produtos ou ofrecían os seus servizos en idioma alleo.

Pero xa desde principios dos anos oitenta houbo importantes empresas que optaron por incorporar con normalidade o uso do galego, sendo hoxe en día cada vez máis habitual a presenza da lingua propia de Galiza no eido empresarial. Segue a ler .

Ler máis...
 
Parada técnica dos foros: madrugada 6 a 7 de xaneiro
Escrito por minhoca   
Domingo, 06 de Xaneiro do 2008

Informamos que na noite do 6 ao 7 de xaneiro, os foros da CiberIrmandade van ser parados para efectuar a conversión do actual phpBB2 a phpBB3. Agardamos que a parada dure menos dunha hora. Durante ese tempo, os foros estarán inoperativos.

 
Fireboard xa en galego
Escrito por apana   
Sábado, 29 de Decembro do 2007

FireboardVoluntari@s da Ciberirmandade veñen de rematar a tradución ao galego dos foros Fireboard na súa versión 1.0.4. Esta tradución é un novo e importante paso na adaptación ao galego de programas básicos para o desenvolvemento de webs sociais baseadas en software ceibe como Joomla! e Mambo. Agradecemos á comunidade internauta a súa desinteresada colaboración neste importante traballo. Tedes o ficheiro de lingua á vosa disposición nesta ligazón .

Grazas a todos-as.

 
Necesitamos colaboración económica para renovar a hospedaxe
Escrito por minhoca   
Sábado, 29 de Decembro do 2007

Un ano máis, a CiberIrmandade necesita colaboración económica para pagar a hospedaxe e, como fixemos sempre, solicitamos aportacións voluntarias por subscripción popular, xa que non queremos inserir publicidade nen solicitar subvencións. Como queremos as contas claras, todos os ingresos e gastos facémolos públicos na web. Se queres colaborar, segue a ler

Ler máis...
 
Obxectivo. Adolfo Dominguez
Escrito por minhoca   
Domingo, 23 de Decembro do 2007

Lévase moito tempo falando do textil galego pero nos temos fortes dúbidas de que isto sexa certo. Unha das empresas líderes neste sector é Adolfo Dominguez e non emprega o galego no seu web e tempouco nas súas tendas. Queremos unha industria galega, respectuosa coa nossa cultura e cós clientes deste país que desexamos poder consultar e ser atendidos na nosa língua, con normalidade e en calqueira eido, na internet e nas tendas. A CiberIrmandade solicita a tua colaboración nesta nova campaña a prol do emprego da nosa lingüa na rede de redes. Colabora enviando un email dende esta ligazón .

 
Lanzamento do phpBB3, coa nosa lingua dende o primeiro dia
Escrito por minhoca   
Sábado, 22 de Decembro do 2007

 O 13 de decembro lanzouse a versión definitiva do phpBB3, o mellor, ou un dos mellores sistema de foros. E a lingua de Galiza, a nosa lingua, está dispoñíbel para a sua descarga dende o primeiro día.

A tradución do phpBB3 foi froito da colaboración de todas as persoas que quixeron aportar algo do seu tempo ao traduCIF, o sistema de tradución en liña da CiberIrmandade da Fala. Grazas por participar.

 
Novo proxecto da CIF: Fireboard en Galego!
Escrito por minhoca   
Domingo, 16 de Decembro do 2007

A ciberIrmandade comeza un novo proxecto de traduzón de software co que  queremos agasalhar este Nadal a nosa cultura cunha nova ferramenta na nosa lingua. O Fireboard é un compoñente do Joomla que permite integrar un Foro dentro da páxina web dun xeito doado é sinxelo. Cada día a presenza de webs feitas con Joomla é máis forte na Rede Galega polo que necesitamos traducir novas ferramentas.

Colabora neste proxecto ! Soamente son 800 liñas de código e entre todos e todas non ha de ser moito traballo. Algunhas das caracteristicas do FireBoard son as seguintes:

Ler máis...
 
Obxectivo. Gadisline
Escrito por Medulio   
Venres, 23 de Novembro do 2007
 
O grupo Gadis sorprendeunos recentemente cunha campanha publicitaria onde, a través das impresións dun emigrante retornado, izaba a bandeira amor propio animándonos a “vivir como galegos”, resaltando as virtudes das costumes do noso pobo e a beleza do pais.
 
Desde a Ciberirmandade entendemos que a “vivir como galeg@s” elle inherente o uso do idioma galego, en calquera eido, na TV, na cadea de establecementos Gadis e, por suposto, no ciberespacio.
 
Ler máis...
 
Obxectivo. Concello de Foz
Escrito por minhoca   
Sábado, 20 de Outubro do 2007

Que acontece na Marinha coa sua língua?. "Foz dispone de mar, playa, patrimonio histórico, monte, naturaleza, fiestas, ferias, instalaciones deportivas, actividades lúdicas y todo el ambiente nocturno de la costa de Lugo". E a língua propia? No web institucional do concello de Foz, non aparece. Dezanove anos despois da promulgazón da Lei de Normalizazón Lingüística, o concello segue sen dar satisfación ás suas obrigas legais. Convidámoste a que lles achegues un correo no que lembrarlles que a lei hai que cumprila .

 
Obxectivo acadado: Blusens comprométese coa nosa lingua
Escrito por minhoca   
Xoves, 11 de Outubro do 2007

A CiberIrmandade está fachendosa de informar do compromiso de galeguización do web de Blusens, o noso obxectivo dende o 1 de outubro. O día 10 de outubro, os e as participantes na campaña recibimos correo de Blusens no que, a maiores de dar as grazas polo interese na súa empresa e web e lembrar algúns produtos con menú de configuración en galego, informaban de que teñen proxectados cambios no web, contemplando versión dos contidos na nosa lingua. Con esta información, suspendemos a campaña, agardando que o compromiso sexa real axiña, e agradecendo a todos e todas a participación.

 
Apertura dos foros da CiberIrmandade
Escrito por minhoca   
Martes, 02 de Outubro do 2007

Informamos da reorganización dos foros da CiberIrmandade da Fala. Dende agora, os foros das categorías "Galiza" e "Informática" posibilitan a escritura a usuarios non rexistrados; tan so mantemos o requisito de identificación previa nos da categoría "CiberIrmandade". Nos primeiros tempos dos foros, estes estaban abertos á escritura de visitantes; mais co paso do tempo comezaron os robots a meter lixo, o que nos levou a pechar a escritura. Mais hoxe en día temos solucionado ese problema, razón pola que reabrimos os foros a visitantes non rexistrados.

 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 13 - 24 de 151

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Activa Galicia - activa o galego 
Solidariedade civil
Campaña:


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com