Martes, 07 de Outubro do 2008
 
  Inicio arrow Novas CiberIrmandade  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega

Obxectivo en suspenso. Escola Tecnica Superior de Arquitectura
Escrito por minhoca   
Xoves, 04 de Maio do 2006

A CiberIrmandade suspende os envios de correos á Escola Tecnica Superior de Arquitectura da Coruña, obxectivo posto en marcha o 18 de marzo.

O día 28 de abril, recibimos correo da Escola indicando a intención do actual equipo directivo de, entre outras cousas, promocionar o galego e usalo de xeito cotián. Nembargantes parece que teñen problemas legais co web, de xeito que nistes intres está fora do seu control e non poden levar adiante o proceso.

Cónstanos a boa vontade por parte da dirección da Escola, polo que suspendemos a campaña durante un mes para darlles tempo a traballar nese proceso de normalidade lingüística.

Mentres, a seguir coas Federacións deportivas galegas.

 
Obxectivo. Federacións deportivas galegas
Escrito por minhoca   
Venres, 28 de Abril do 2006

Na Galiza, o deporte fala maioritariamente en lingua allea. Revisados os webs de 31 federacións deportivas, concluímos que a situación da nosa lingua é de inferioridade respecto do castelán. 

Inda que temos que destacar que hoxe en día existen federacións que empregan o galego a todos os niveis, e que deberían ser exemplo a seguir, 17 delas so ofrecen os seus contidos en castelán, fronte a 8 que o fan en galego e 6 bilingües (algunhas destas con grandes deficiencias na versión galega).

No referente á toponímia, 16 respeitan a oficial, mentres que 15 a deturpan, menoscabando así a nosa lingua e cultura.

A maioría das federacións teñen logotipo da Xunta de Galiza ou da Fundación Deporte Galego, polo que entendemos que reciben axudas ou subvencións públicas. É inaceptábel que entidades que reciben fondos públicos non fagan uso da lingua propia da Galiza.

A CiberIrmandade da Fala fai un chamamento a toda persoa orguiosa da nosa lingua a que esixa o seu uso, mediante o achegamento dun correo electrónico dirixido á Conselleira de Cultura e Deporte, ao Director Xeral para o Deporte, e a todas as federacións deportivas galegas. Podes facelo aquí e agora cumprimentando o teu nome.

Ver informe  -  Enviar correo.

 
O IGE rectifica os topónimos deturpados
Escrito por minhoca   
Venres, 28 de Abril do 2006

O Instituto Galego de Estatística acaba de corrixir os topónimos deturpados que utilizaba na súa páxina web. A reacción do IGE perante a campaña desenvolvida pola CiberIrmandade da Fala foi rápida e efectiva. En dez días informouse a través dun correo persoal aos/ás participantes na campaña de que se ía proceder á corrección dos erros e, noutros nove levouse a cabo a rectificación.

Desde a CIF consideramos positivamente que as administracións públicas galegas recoñezan e dean solución aos seus erros de xeito áxil e sen demoras. Parabéns a todos/as os/as Ciberirmandiños/as por este novo obxectivo acadado!

 
Novos compoñentes do Joomla! na nosa lingua
Escrito por minhoca   
Martes, 25 de Abril do 2006

Joomla! é unha das ferramentas de manexo de sistemas de contido de código ceibe mais poderosas do planeta. Empregase tanto en pequenas paxinas web coma en complexas aplicacións de grandes empresas. Joomla! é doado de instalar, sinxelo de empregar e de confianza.

Seguindo co traballo de tradución da CiberIrmandade esta semana poñemos á túa disposición os paquetes de idioma galego de varios compoñentes para o Joomla tales como o Glossary, UgBanners e o DocMAN que poderás atopar no noso Foro do Joomla en galego e que estarían ainda pendentes dalgunha revisión que podes facer ti mesm@ se desexas colaborar con nós. Tamén temos traducido o Events Calendar, xa en versión final e dispoñibel no noso apartado de descargas.

Fóra do Joomla temos a tradución ao galego do Webcollab, un script para facilitar o traballo en equipo, no Foro de Software tamén pendente dalgunha revisión final antes de acadar o seu estatus de definitivo. Desexamos que todo este trabalho non sexa en balde e que moitos de vos empreguen todas estas traducions pra darlhe ao galego o lugar que se merece na Rede.

Saudos CiberIrmandinhos.

 
Novos foros e troco de bandeiras na CiberIrmandade
Escrito por minhoca   
Sábado, 22 de Abril do 2006

Informamos da posta en funcionamento de tres novos foros xerais da CiberIrmandade. Dous deles adicados ao debate, e o terceiro para propor traballos puntuais a quen quera colaborar na organización e desenrolo da CiberIrmandade e as súas actividades.

Estes Foros pretenden ser un novo espazo de apresentación de ideias, problemáticas e suxestións. Tamén un espazo de crítica, propostas e actividades. Trátase de debater para aprendermos e milhorar un chisco a nosa sociedade. Estes son os novos Foros:

Música, espectáculos, artes, no que discutir e informar de todo o que teña que ver coa música, teatro, espectáculos e expresións culturais e artísticas en xeral,

Medio ambiente, para temas de ecoloxía, parques naturais, agresións ao medio ambiente, cuestións forestais, conservación do patrimonio de Galiza e,

Participa e colabora, no que queremos informar de traballos puntuais na CiberIrmandade nos que axudar

Por outra beira, queremos tamen destacar a posta en funcionamento dun servizo de troco de bandeiras, ou banners, con outros sitios que empreguen a nosa lingua. Tratase do troco de bandeiras pequenas a publicar na parte inferior dos nosos foros, e troco de bandeiras grandes na cabeceira da nosa páxina principal. Mais información.

 
Obxectivo acadado: Instituto Galego de Estatística
Escrito por minhoca   
Martes, 18 de Abril do 2006

Despois de dez días de campaña, semella que o Instituto Galego de Estatística vai corrixir os topónimos de parroquias e lugares do seu nomenclator. Así, no seu web pódese ler "nestes momentos estanse a revisar os topónimos das entidades de poboación para adecualos aos topónimos oficiais de Galicia [..]". Ao tempo, o IGE está a enviar correos ás persoas que participaron na campaña, dando explicacións do erro e informando que xa están a traballar na modificación dos topónimos para adecualos ao nomenclátor oficial feito pola Comisión de Toponimia da Xunta.

En vista disto, a CiberIrmandade suspende temporalmente a campaña e desexa parabenizar ao IGE, e parabenizar tamen a todas as persoas que colaboraron nesta campaña.

Estamos xa a preparar o vindeiro obxetivo nos nosos Foros e moitas cousas mais. Se queres colaborar mais activamente coa CiberIrmandade non dubides en pasar polo noso sitio e aportar todas as ideas, pensamentos, novas ou comentarios que desexes. Todos eles seran benvidos.

Parabens de Novo a todolos CiberIrmandinh@s!

 
Os obxectivos da CiberIrmandade dispoñibeis en galego
Escrito por minhoca   
Sábado, 15 de Abril do 2006

A CiberIrmandade da Fala e a empresa Dimensiona anuncian o acordo polo que, a partires de agora, os webs que sexan obxectivo da CiberIrmandade poderán ser lidos en galego grazas ao traductor on-line Traduza-G.

Con isto pretendemos que os administradores deses sitios se decaten de que ofrecer os seus contidos na nosa lingua, a maiores de ser un respeito para os galego falantes, supón un valor engadido mais.

A tradución automática á nosa lingua estará dispoñibel dende as páxinas de obxectivos sempre que as condicións e corrección técnica dos webs correspondentes o permita.

 
Software galego para descargar
Escrito por minhoca   
Mércores, 12 de Abril do 2006

Con parte do tempo ocioso de varias persoas, adicado á tradución, xa temos un feixe xeitoso de software ceibe en galego que podes coller, tanto dende a zona de descargas do web da CiberIrmandade, como dende os nosos foros mentres non os mudamos á zona de descargas. Hai paquetes dispoñibeis para phpBB (foros), Joomla! (xestor de contidos), Coppermine (galería de imaxes)..

Para phpBB, xunto a outros paquetes, e recén saído do forno, está dispoñibel a actualización (2.0.20) do paquete básico de lingua.

De Joomla!, a maiores do paquete de lingua para o FrontEnd (parte pública) da versión 1.0.8, tamén están dispoñibeis os seguintes módulos: ExtCalendar, Bookmark, LetterMan, akocoment, Remository, ZoomGallery, bigApe, JoomlaXplorer e akobook.

Coppermine está dispoñibel na nosa lingua na súa versión 1.4.3, xunto cun pequeno manual de actualización.

As traducións teñen diversas orixes: mais información en cada unha das descargas.

Se queres implicarte algo mais pola nosa lingua, e sen necesidade de controlar moito de informática, podes axudar tanto na tradución como na revisión dos textos; pasa polos foros, onde a cada pouco xurden tarefas de tradución/revisión de software. Participa nos foros de informática.

 
Obxectivo. Instituto Galego de Estatística
Escrito por minhoca   
Sábado, 08 de Abril do 2006

O Instituto Galego de Estatística, organismo autónomo da Xunta de Galiza, fai uso de topónimos deturpados de parroquias e lugares.

San Julián de Cabanas, San Esteban de Cos, San Juan de Ortoño, La Matanza, Palomar de Abajo, Puente-Cesures, Puente Aldea, La Iglesia, Borducedo Pequeño, San Pelayo de Aranga, Pedramayor, Besojo .. son exemplos dos centos de deturpacións por parte do IGE.

Non é aceptábel que, un órgano da administración galega, que ten o deber de promover a nosa lingua, e que debe respetar a única e legal toponimia oficial da propia Xunta de Galiza utilice un nomenclator cheo de grallas, distinto do feito pola Comisión de Toponimia, publicado no DOG, e a través do que se estableceron os topónimos oficiais.

Convidámoste a participar enviando un correo electrónico ao Director Xeral e Secretaria Xeral do IGE, así como á Secretaria Xeral de Política Linguistica, dende aquí e agora con so cumprimentar o teu nome e correo, e na medida do posíbel, a que espalles esta información.

Enviar mensaxe.

 
Expansión da CiberIrmandade da Fala
Escrito por minhoca   
Mércores, 05 de Abril do 2006

Na procura de reactivar a decana CiberIrmandade, e co fin último de incrementar o número de envíos de correos aos obxectivos pola nosa lingua, encetamos novas liñas de relacións con outros sitios.

Vimos de por en marcha un pequeno script para que, con tan so copiar e pegar, poidas ofrecer o último obxectivo da CiberIrmandade no teu web.

Estamos interesados en chegar a acordos con outros sitios, como a sindicación recíproca, a integración de proxectos ou a asociación de foros.

Para rematar, e xunto co noso ofrecemento de axuda a outros sitios, pomos os nosos banners a disposición de quen queira publicitarnos.

Tes mais información en “que somos e facemos”, “participa e colabora” e “asociación de sitios coa CiberIrmandade”.

 
A prensa dixital xa dispoñibel en galego
Escrito por minhoca   
Sábado, 01 de Abril do 2006

Se a prensa non vai á montaña, pois temos que deixalos cun palmo de narices e lla movemos.

Está saindo estes días nos xornais dixitais a nova ferramenta creada pola empresa Dimensiona, chamada Traduza-G, e que fai traducións automáticas ao galego. Así, e coa colaboración de Vieiros, xa é posibel ler en galego La Voz, Faro de Vigo, El Mundo, El País, La Razón, La Vanguardia, El Correo, Libertad Digital e Cinco Días. Premendo nos enlaces anteriores, poderás ler eses xornais na nosa língua.

Informa Vieiros de que "na actualidade o grupo Editoral Compostela, editora do xornal en papel Galicia Hoxe, a empresa R, editoriais como Vicens Vives, ToxosOutos, administracións locais e provinciais (Concello de Santiago, Concello de Pontevedra, Deputación da Coruña...) , así como outras entidades e empresas de tradución están facendo uso deste sistema de tradución automática con resultados óptimos.

Se a prensa que se distribue en Galiza, estivese directamente na lingua do noso país, non serían necesario adicar esforzos a facilitar que aos galegofalantes se nos respeitasen os nosos dereitos linguisticos.

É impresionante, e a montaña quedou ben movida. Noraboa aos creadores e noraboa a todos e todas.

Por outra parte, e seguindo co tema lingüístico, estamos engadindo novo material ás nosas descargas que pomos a túa disposición. Visita o apartado de Lingua no noso arquivo para ver as novidades.

 
Arqueoloxía e Urbanismo nos nosos Foros
Escrito por Medulio   
Mércores, 29 de Marzo do 2006
Recentemente, tal e como verías en diversos medios de comunicación, producíronse importantes achádegos arqueolóxicos en Vigo que poñen moi en dúbida a tradicional idea do Vigo Román só coma unha pequena aldea.

Na CiberIrmandade da Fala non só nos preocupamos pola nosa lingua senón que tamén traballamos a prol da nosa Cultura en xeral, polo que acollemos un fío nos nosos Foros froito da asociación entre a CiberIrmandade e Arquitectura Galega adicado a profundizar máis no tema.

Queremos lembrarche que o fío está aberto á colaboración de todos e todas polo que agardamos a túa opinión e as túas achegas.
 
<< Inicio < Ant. 11 12 13 Seg. > Remate >>

Resultados 121 - 132 de 153

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: Apoiamos a Isaac Diaz Pardo


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com