Domingo, 12 de Outubro do 2008
 
  Inicio arrow Novas CiberIrmandade  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega

Tradución do Mod Cracker Tracker para o phpBB
Escrito por xabier   
Venres, 24 de Marzo do 2006

Ben, xa esta aqui a tradución do Cracker Tracker Professional 2.0 para o phpBB (tamén funciona para o phpBB2plus) que tan importante se volveu para ter garantida a defensa do teu foro phpBB, de feito dende a CIF recomendamosche instalar este mod así coma segui-las recomendacións de seguridade que hai no foro phpBB en galego da CIF.

A descarga da actualización ó galego deste mod coma a súa versión orixinal podelela atopar tanto no foro do phpBB en galego coma na sección de Descargas do phpBB - Mods -Seguridade; a instalación do mod e de grao medio e a instalacción do galego cousa dun minuto.

 
Asociación Arquitectura Galega-CiberIrmandade da Fala
Escrito por minhoca   
Mércores, 22 de Marzo do 2006

A CiberIrmandade da Fala e Arquitectura Galega anuncian o acordo de asociación polo que o foro de Arquitectura Galega pasa a ser un mais dos foros da CiberIrmandade.

Arquitectura Galega comprometese a fornecer e dinamizar contidos sobre cuestións que teñan que ver coa arquitectura feita por e para Galiza. A CiberIrmandade xestionará o mantemento e actualización do software do foro.

Con este acordo, ámbalos dous sitios queren sumar e incrementar a participación recíproca dos foros.

 
Obxectivo. Escola Tecnica Superior de Arquitectura da Coruña
Escrito por minhoca   
Sábado, 18 de Marzo do 2006

Moi mal están as cousas cultural e lingüisticamente dende un punto de vista galego no ramo da arquitectura... Se ben o web do Colexio de Arquitectos está en galego (e por defecto) vai camiño de, na próxima remodelación que fagan, deixalo só castelán. As publicacións fanse xa na súa gran maioría só en castelán (con portadas en galego pra "da-lo pego").

E, claro, o web da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Cruña está só en castelán (é un dos nosos obxectivos máis veteráns –marzo 2001-), e a pesares da solicitude, por parte do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade, de tradución do seu web, seguen incumprindo coas peticións, desexos dos visitantes e coa legalidade que marcan os Estatutos universitarios.

Esto din os Estatutos da USC no seu artigo 5º:

1.- Na Universidade da Coruña serán linguas oficiais as recoñecidas no Estatuto de Autonomía de Galicia, sen que se poida facer discriminación por razóns de uso de calquera delas.

2.- A lingua propia da Universidade da Coruña é o galego, que será o seu vehículo normal de expresión. Para a súa normalización fomentará o seu uso en todas as súas actividades.

Convidámoste a esixir os teus dereitos lingüísticos, dende aquí e agora con so cumprimentar o teu nome e correo, e na medida do posíbel, a que espalles esta información.

O correo que che ofrecemos (con dous modelos que poderás seleccionar), vai destinado ao Laboratorio de Deseño Asisitido, con copia para o reitor, director e subdirector da Escola, así como ao xefe do gabinete do reitor.

 
A CiberIrmandade hospedada en RedeGalega.org
Escrito por minhoca   
Xoves, 16 de Marzo do 2006

A CiberIrmandade da Fala e a asociación cultural Fillos de Galicia anuncian o acordo polo que a CiberIrmandade pasa a hospedarse no servidor de RedeGalega.org, propiedade de Fillos de Galicia.

CiberIrmandade e Fillos consideramos que a unión de todos os galegos e galegas, residentes e emigrantes, naturais de Galiza e descendentes, debe basearse na nosa lingua común, e para que as persoas que queren recuperar o idioma dos seus antergos teñan información dispoñíbel na nosa lingua, a Fillos parécelle fundamental apoiar unha iniciativa como a da CiberIrmandade da Fala. Por isto, pola converxencia dos nosos obxectivos culturais e lingüísticos, Fillos de Galicia decide fornecer aloxamento de balde á CiberIrmandade que permita sumar esforzos e optimizar recursos.

CiberIrmandade e Fillos esperamos que a colaboración se estenda a outros ámbitos e que os milleiros de participantes na comunidade virtual Fillos.org poidan apoiar as campañas da CIF, e que os voluntarios que colaboran con esta poidan estar máis en contacto e apoiar as actividades dos emigrantes que usan internet para se achegaren a Galiza, á súa cultura e identidade como galegos.

A CiberIrmandade quere facer público o seu agradecemento.

 
Novo foro sobre Coppermine
Escrito por minhoca   
Xoves, 16 de Marzo do 2006

A CiberIrmandade da Fala ven de por en marcha un novo foro sobre Coppermine, un sistema de xestión de galerías de imaxes e fotografías en internet. Dende ese foro pretendemos axudar nor problemas co Coppermine así como colaborar na súa tradución xa dispoñibel na nosa lingua. 

Podes ver o funcionamento do Coppermine na galería de imaxes e fotografías da CiberIrmandade da Fala

Dende aquí podes acceder directamente ao foro de Coppermine.

 
Obxectivo acadado: distribuidora Cameo
Escrito por minhoca   
Mércores, 08 de Marzo do 2006

Unha vez que a TVG aceptou a cesión da versión galega da serie "A víbora negra", a distribuidora Cameo informou que era tarde de mais para incorporar a nosa lingua nos seus DVDs ao suporlle un sobre custe que non ían asumir. En todo momento tivemos claro que o único responsábel de que non se puidese disfrutar desas distribucións en galego era, en exclusiva, da TVG.

Inda así, a Ciberirmandade, apoiando as xestións feitas por A Mesa, puxemos en marcha unha campaña de resposta social tentando que Cameo reconsiderase a súa postura. A consecuencia foi que Cameo difundiu unha mensaxe na que se ve vontade a respeito da nosa lingua, comprometendose a que o idioma de Galiza estea dispoñibel nas vindeiras distribucións.

Xa que logo, entendemos que o obxectivo, inda que para o futuro, está acadado. Parabéns a todos e todas, e parabéns a Cameo.

 
Obxectivo. A distribuidora Cameo non quere engadir o galego na serie "Víbora Negra"
Escrito por minhoca   
Domingo, 05 de Marzo do 2006

Dende que transcendeu que a empresa Cameo tiña intención de distribuír en DVD a serie “víbora negra”, e que a TVG negaba a cesión da dobraxe en galego da mesma por mor de “incorreccións normativas”, o que motivaría que a distribución iría nas linguas inglesa, española, catalana e vasca, ficando fora a nosa lingua, houbo certa resposta social.

O día 3 de marzo, A Mesa pola Normalización Lingüística publicou no seu web que por fin a TVG aceptaba ceder gratuitamente a dobraxe, pero que a estas alturas a empresa Cameo vía que xa era tarde para incorporar a versión galega.

Independentemente dos criticábeis feitos pasados por parte da TVG, o certo é que temos que tentar influír a fin de que Cameo reconsidere a súa intención actual, e incorpore a nosa lingua na súa distribución.

Xa que logo, convidámosche a que participes no envío de correos á distribuidora Cameo no que, dun xeito amábel, agradezas o seu interese e solicites a reconsideración da súa postura.

Podes facelo dende aquí e agora con so cumprimentar o teu nome e correo. (Desactivamos este obxectivo por consideralo acadado).

 
Obxectivo acadado: A nosa TVG négase a ceder as dobraxes en galego para DVD
Escrito por minhoca   
Sábado, 04 de Marzo do 2006

A TVG accede a ceder as dobraxes ao galego da serie "A víbora negra". Desactivamos á TVG como obxectivo por estes feitos.

Mais información no web de A Mesa pola Normalización Lingüística.

Noraboa a todos e todas.

 
Obxectivo. A nosa TVG négase a ceder as dobraxes en galego para DVD
Escrito por minhoca   
Domingo, 19 de Febreiro do 2006

Agora que -por fin- hai unha distribuidora en Madrid chamada Cameo Media que tenta respectar todas as linguas co-oficiais sempre que sexa posíbel, e, comezando polo próximo lanzamento en DVD da serie "A víbora negra", varias veces amosada pola TVG ó longo dos anos, Cameo tentou que o lanzamento desta coñecida comedia inglesa incluise a lingua galega entre as suas opcións... pero, segundo informa na sua web oficial no referente á serie "Black Adder", a nova equipa directiva da Televisión Galega NON CEDE nin a dobraxe nin os subtítulos porque non están correxidos segundo a ultimísima normativa...

É necesario que se escoite a nosa voz; únete difundindo esta información e achegando un correo, tanto á TVG como á Secretaria Xeral de Política Lingüística, no que se amose o teu descontento. Podes facelo dende aquí e agora. Tan so son uns segundos.

(Desactivamos este obxectivo, pois segundo informa A Mesa, a TVG acepta ceder a dobraxe)

 
Galería de imaxes
Escrito por Medulio   
Venres, 17 de Febreiro do 2006
Dende a CiberIrmandade levamos xa tempo traballando en varios proxectos e un deles é a creación dun espazo de recopilación de imaxes relacionadas coa nosa Lingua e Cultura. A Galería de Imaxes ven sendo un paso previo no traballo cara a outros proxectos máis ambiciosos e completos, onde tentaremos amplia-lo campo de acción da recopilación e crear un lugar de acceso á investigación no noso transcorrer pola historia tanto dende un punto de vista de investigación científica e técnica coma persoal.

Lembrarvos que a Galería está aberta á vosa participación, e será o que entre todos e todas decidamos coas nosas opinións e achegas. Consultade as condicións de uso e participación polo miudo no apartado "Quen somos e que facemos ".

Podedes acceder á Galería utilizando a ligazón correspondente do menú ou premendo aiquí.
 
 
Obxectivo. Concello de Padrenda
Escrito por minhoca   
Domingo, 29 de Xaneiro do 2006

O web do Concello de Padrenda (http://www.padrenda.org), incumprindo coas suas obrigas, non ofrece a posibilidade de ler os seus contidos na lingua propia de Galiza, a língua que lle é propia. A maiores fan uso dalgún topónimo deturpado, como "La Cañiza" ou "San Juan".

Convidamosche a que coñezan o teu malestar, a que lles solicites a tradución, a que reivindiques os teus dereitos como galego ou galega. Podes facelo dende aquí e agora, nuns poucos segundos.

 
Obxectivo acadado: Federacion Galega de Surf
Escrito por minhoca   
Martes, 17 de Xaneiro do 2006

A Federación Galega de Surf incluiu opción en galego. Inda non está todo na nosa lingua, pero xa deron o primeiro paso.

Desactivamos o envio de correos a este obxectivo. Noraboa a todos e todas, e parabéns á Federación Galega de Surf.

 
<< Inicio < Ant. 11 12 13 Seg. > Remate >>

Resultados 133 - 144 de 153

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: PuntoGal


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com