|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Luns, 02 de Xaneiro do 2006 |
|
A Federación Galega de Surf ten unha web na que, nun lugar destacado, fan uso dos logos da Xunta e da Fundación Deporte Galego. É lóxico pensar que algún beneficio público están a recibir. A web está en perfecto español, pero o idioma propio de Galiza, é algo inexistente para esta federación galega. Xa que reciben os nosos cartos, temos o dereito a poder ler os seus contidos no noso idioma. Que reciban tamén a túa mensaxe, que podes enviala dende aquí e agora (desactivado por ser un obxectivo acadado). Participa. 17/01/2006.- A Federación Galega de Surf incluiu opción en galego. Inda non está todo na nosa lingua, pero xa deron o primeiro paso. Noraboa. |
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Domingo, 01 de Xaneiro do 2006 |
|
Coa versión 2.0.19 do phpBB, modificanse os paquetes de idioma. Xa que logo, hai que actualizar tamén a versión galega. Pomos a tua disposición o paquete de idioma galego para phpBB 2.0.19, incluindo os engadidos desta nova versión. Ir ao paquete de galego do phpBB 2.0.19 nos Foros da CiberIrmandade da Fala. Lembrar que esta tradución é a oficial do phpBB. |
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Venres, 30 de Decembro do 2005 |
|
Co obxectivo de facer mais clara a explicación de o "que somos e facemos", modificamos o texto. Aí atoparás información de quen somos, que facemos, como estamos organizados, como participar e a nosa historia. |
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Xoves, 08 de Decembro do 2005 |
|
A marca lactea "LARSA", a maiores da cualidade dos seus productos, destaca por ofrecer no seu leite un etiquetado parcial na nosa lingua. Mais curiosamente, nos iogures, utilizan toponimos deturpados. Así, en troques do correcto "Vilagarcía de Arousa", refirense á inexistente localidade de "Villagarcía de Arosa". Convidamosche a achegarlle un correo á empresa propietaria de LARSA (CAPSA), pregandolles a corrección da deturpación. Podes facelo dende este enlace (desactivado por ser un obxectivo acadado); tan so tes que indicar o teu correo, escribir algo no "Asunto" e, se o consideras, indicar o teu nome na mensaxe que xa está feita (inda que a poderás modificar se así o consideras). Participa. 29/12/05-Recibido correo comunicando que van corrixir o topónimo deturpado en canto se lles esgote o stock. Paramos o envio de correos a LARSA durante un tempo. Preme aquí para ver todos os obxectivos. |
|
|
Escrito por Medulio
|
|
Venres, 02 de Decembro do 2005 |
Hoxe comeza unha nova etapa de galego21, con varios proxectos interesantes, algún deles xa en fase avanzada, como a tradución do firefox ou o glosario común a utilizar nas labouras tradutoras. Recibimos a comunicación de Roberto Abalde. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Medulio
|
|
Sábado, 26 de Novembro do 2005 |
|
Dende a CiberIrmandade da Fala levamos un tempo traballando para actualizar o noso sitio web recopilando todos os datos que tíñamos un chisco espallados e tentando unificalos para facervos máis doada a súa consulta. Pero non só os datos. Tamén mantemos todos os servizos que estaban dispoñibles nos sitios antigos coma o Buscador de empresas, o envío de correos-prego aos obxectivos, o acceso a documentos interesantes, os Foros de discusión e debate, etc. E como podedes ver tamén fixemos un esforzo por mudar o aspecto gráfico das páxinas, e ofrecervos unha navegación sinxela e eficaz. Estamos en pleno proceso de reestruturación, procurando unha dinamización necesaria nunha organización que foi durante moito tempo a conciencia activa na Internet de todos os que desprezan o uso da nosa lingua e que debe seguir séndoo. E non cabe dúbida para medrar e manter os nosos obxectivos e actividades precisamos da túa colaboración enviando pregos aos obxectivos, facendo visitas ao noso web, fornecendo contidos, etc. Seguro que entre todos cos nosos grans de area podemos facer unha sociedade mellor onde o galego e Galiza sexan tan importantes como realmente merecen. |
|
|
Escrito por Medulio
|
|
Sábado, 26 de Novembro do 2005 |
|
O xurado da Unesco encargado de avaliar as 66 candidaturas que se presentaron para optar ao recoñecemento de Obra Mestra do Patrimonio Inmaterial da Humanidade decidiu non proclamar na edición deste ano a candidatura galego-portuguesa. |
|
Ler máis...
|
|
| << Inicio < Ant. 11 12 13 Seg. > Remate >>
| | Resultados 145 - 151 de 151 |
|
|