Venres, 25 de Xullo do 2008
 
  Inicio arrow Novas CiberIrmandade  
Obxetivo: Amnistía Internacional, parabéns e suxestión. (16.06.2008)

 Amnistía Internacional vén de celebrar os 30 anos da súa legalización no Estado Espanhol, e 20 de presenza continuada na Galiza. A Ciberirmandade quere sumarse cos parabéns evidentes polo aniversario e máis polo traballo feito e cunha suxestión que ten que ver coa pouca sensibilidade de  A.I. a respecto das distintas linguas do Estado, que se plasma na falta de opción de galego, catalán e euskera na web da “sección Española” de  A.I., así como nas campañas de envío de correos electrónicos que remiten ás/aos soci@s e colaboradores.

Cremos que unha organización como A.I. non debería de ter maior problema, nin polos valores e principios que defende, nin polos recursos que se lle supoñen, en satisfacer os dereitos lingüísticos das distintas comunidades do Estado. Por todo isto animámosche a enviarlles este prego de felicitación e suxestión.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega

Obxectivo. Blusens
Escrito por minhoca   
Domingo, 30 de Setembro do 2007

Dende a súa sede central en Compostela, cunha proxeción internacional moi importante, Blusens é unha empresa lider en electrónica de consumo. Creada no 2002 en Galiza, asegura investir o 10% da sua facturación en I+D+I, presumen de ser diferentes, innovadores, excelentes, cun marketing agresivo, servizo post-venta personalizado. "Nuestra identidad local es la que nos impulsa a expandirnos internacionalmente"; "podemos permitirnos ser únicos, ser diferentes". Blusens ofrecen versión castelá e inglesa no seu web, pero non en galego. Envialles un correo pregando o uso da nosa, da súa lingua local, lingua internacional

 
Primeiros pasos dun novo portal de formación
Escrito por minhoca   
Luns, 24 de Setembro do 2007

Afondando na defensa e difusión da lingua, cultura e sociedade galega, a CiberIrmandade da Fala está a montar un portal de formación, inda en fase de desenvolvemento. A plataforma está dispoñibel para o seu uso por calqueira persoa ou colectivo que teña uns intereses similares. Xa que logo, se é o teu caso, como particular ou como colectivo, non tes mais que contactar connosco e facer a proposta. 

Ler máis...
 
Feira Internacional de Galicia. Obxectivo conquerido?
Escrito por minhoca   
Martes, 18 de Setembro do 2007

Ás 24 horas de comezada a campaña, comprobamos que a Feira dispon de versión en Galego. Segundo google, xa estaba así dispoñibel o día 12/09/07, mais comprobando a imaxe en Alexa, o día de comezo da campaña (16/09/07), non había opción na nosa lingua. O pouco tempo que pasou dende o comezo da campaña fainos dubidar se estamos ante unha rápida incorporación da nosa lingua ou se é un erro da ciberirmandade.

Ler máis...
 
Obxectivo. Feira Internacional de Galicia
Escrito por minhoca   
Domingo, 16 de Setembro do 2007

A Feira Internacional de Galicia é un recinto de exposicións situado en Silleda. Constitúe unha ponte comercial entre Europa e América ademais dun centro de actividades congresuais, formativas e asociativas para o desenvolvemento do pais galego en xeral. A súa páxina web está en castelán e inglés pero ningún sinal que mostre aos visitantes que se atopa na Galiza, un pais con lingua e cultura diferenciadas. Infórmalle á directiva da Feira da necesidade de se identificaren coa sociedade á que pertencen, empregando na web a nosa lingua, que é tamén a de moitos dos seus visitantes e usuarios. Agardamos a tua colaboración nesta nova ciberacción .

 
Obxectivo. Froiz, unha empresa galega??
Escrito por minhoca   
Venres, 24 de Agosto do 2007

O grupo "Distribuciones Froiz " presume da fidelidade dos clientes como un dos motores da sua posición no mercado. Queremos parabenizar a Froiz pola sua presenza nas novas tecnoloxías, nomeadamente polo seu servizo de venda dende a rede; mais ao tempo, reclamarlle que faga uso da lingua propia de Galiza, a lingua dunha importante parte dos seus clientes e clientas. A maiores, topónimos como Bayona, La Guardia, Mellid, Noya, Ordenes, Puenteareas, Puentecesures..., que atopamos no seu web, ofenden o noso orguio. Envialles un correo , lembrandolles o noso dereito a elixir ou cambiar de empresa.

 
Joomla 1.5 RC1. Novo proxecto de tradución do TraduCIF
Escrito por Medulio   
Domingo, 29 de Xullo do 2007

Xa temos dispoñibles no TraduCIF os arquivos de idioma da RC1 do Joomla 1.5, de xeito que xa podes colaborar na tradución da mesma. De feito, o traballo está bastante avanzado por mor do aproveitamento da antiga tradución levada a cabo tamén no TraduCIF, polo que, o meirande esforzo, debería cinguirse básicamente deica a validación das cadeas traducidas propostas.

Lembra que dispoñemos dun libro de estilo (aínda en proceso de definición) e un foro adicado ás discusións relativas aos traballos de tradución.

 
Dokuwiki. Nova actualización do paquete de idioma galego
Escrito por Medulio   
Domingo, 29 de Xullo do 2007
 
Dokuwiki
O DokuWiki ceibou unha nova versión de xeito que os arquivos de idioma galego quedaron lixeiramente desfasados.
 
Está dispoñibel na zona de descargas da CIF, a tradución galega do dokuWiki, actualizada á versión 2007-06-26b. O DokuWiki é un wiki sinxelo, de código libre baixo licenza GPL, pensado para grupos de traballo en xeral, de doado uso e sintaxis sinxela, e non require bases de dados.
 
Obxectivo. Hospital Modelo
Escrito por minhoca   
Sábado, 14 de Xullo do 2007

A mediados de xuño, A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou un novo caso de grave discriminación sufrida por unha muller que acudiu co seu fillo á consulta pediátrica no Hospital Modelo da cidade da Coruña. Esta cidadá non puido saír do seu asombro cando a médica lle exixiu "que se dirixise a ela en castelán". Convidamos á sociedade galega a enviar correos ao hospital, para que corrixan o desprezo pola nosa lingua, e, como paso mais público, galeguicen o seu web.

Ler máis...
 
DokuWiki. Actualizada versión en galego
Escrito por minhoca   
Luns, 25 de Xuño do 2007
O DokuWiki dispón dunha nova versión e coa mesma os arquivos de idioma galego quedaron anticuados. Está dispoñibel na zona de descargas da CIF, a tradución galega do dokuWiki, actualizada á versión rc2007-05-24. DokuWiki é un wiki sinxelo, de código libre baixo licenza GPL, pensado para grupos de traballo en xeral, de doado uso e sintaxis sinxela, e non require bases de dados. Por certo, sacamos peito pola nosa lingua, pois o galego está actualizado antes que outras linguas tamén importantes.  
 
Obxectivo. Xunta: Compro sumisión, pago con galego
Escrito por minhoca   
Xoves, 21 de Xuño do 2007

Despois de 25 anos subvencionando con importantes sumas a fondo perdido a presenza do galego na prensa escrita, evidénciase que esta liña non funciona. Resulta sospeitoso que se manteñan as axudas a través de convenios "bis a bis" difíciles de verificar, sen esixir uns mínimos resultados de cantidade, calidade, evolución porcentual e consolidación do galego nos medios beneficiarios dos diñeiros públicos, que non se cuestione a continuidade deste tipo de "tratos" e se supriman definitivamente unha vez amosada a sua ineficiacia. Pola nosa lingua, segue lendo e participa. 

Ler máis...
 
Entrevista á CIF na Radio Galega
Escrito por minhoca   
Luns, 18 de Xuño do 2007

Ofrecemosche o audio da entrevista feita á CiberIrmandade polo programa "as quimbambas" da Radio Galega o 29 de maio, co gallo da posta en marcha da campaña reivindicando a publicación de Asterix en galego , complementando as movilizacións de varios centros educativos e doutras organización, nomeadamente A Mesa pola Normalización Lingüística. O arquivo, que ocupa 3,5 M, podes descargalo nesta ligazón. Se che interesa, dispós doutras entrevistas anteriores.

 
Unha nova etapa da CiberIrmandade
Escrito por minhoca   
Luns, 18 de Xuño do 2007

A partires de agora, se o desexas poderás publicar as túas novas no web da CiberIrmandade da Fala. Pretendemos con isto optimizar os nosos recursos, ofrecéndoche a posibilidade de que ti, directamente, escribas no web. Se queres máis información, le toda a nova. E aproveitando esta nova etapa, estreamos web.

Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 25 - 36 de 151

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Activa Galicia - activa o galego 
Solidariedade civil
Campaña:


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com