|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Luns, 18 de Xuño do 2007 |
|
Ofrecemosche o audio da entrevista feita á CiberIrmandade polo programa "as quimbambas" da Radio Galega o 29 de maio, co gallo da posta en marcha da campaña reivindicando a publicación de Asterix en galego , complementando as movilizacións de varios centros educativos e doutras organización, nomeadamente A Mesa pola Normalización Lingüística. O arquivo, que ocupa 3,5 M, podes descargalo nesta ligazón. Se che interesa, dispós doutras entrevistas anteriores. |
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Luns, 18 de Xuño do 2007 |
|
A partires de agora, se o desexas poderás publicar as túas novas no web da CiberIrmandade da Fala. Pretendemos con isto optimizar os nosos recursos, ofrecéndoche a posibilidade de que ti, directamente, escribas no web. Se queres máis información, le toda a nova. E aproveitando esta nova etapa, estreamos web. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Mércores, 13 de Xuño do 2007 |
|
Despois de meses de trabalho anunciamos o lanzamento da versión oficial dos foros phpBB3 en galego. Isto non sería posíbel sen os moitos voluntarios e voluntarias que colaboraron desinteresadamente nesta tarefa. Máis de 4500 liñas de código traducidas e corrixidas ademais de comprobadas nunha instalación de probas. A isto hai que engadirlle o traballo feito con outros moitos textos fóra do código, a dispoñibilidade de imaxes traducidas, e todo o labor de comunicación realizado entre os programadores do proxecto e a CiberIrmandade. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Luns, 04 de Xuño do 2007 |
|
O domingo, día 10 de xuño, os responsabeis do phpBB3, popular sistema de foros (ver foros da CiberIrmandade ), van facer unha limpa de tódolos paquetes de idioma "sobrantes" do que hai agora como descárregas dispoñibeis no web oficial. A data límite para envia-la tradución completa é o domingo día 10 ás 12 do mediodía, e a nosa lingua ten que estar aí. Axúdanos. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por ferreira
|
|
Mércores, 30 de Maio do 2007 |
|
Salvat-Bruño, a editorial responsábel da non publicación das aventuras de Astérix no noso idioma ten unha curiosa reacción ás campañas que tanto a Ciberirmandade como outros colectivos vimos facendo desde hai xa tempo: "Lo estamos estudiando. Muchas Gracias". |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Martes, 29 de Maio do 2007 |
|
Nestes días retiramos as sindicacións que permitían aos visitantes da CiberIrmandade, ler os titulares doutros webs dende o noso. Durante as últimas semanas puidemos observar como o web da CIF ía excesivamente de vagar. Era algo habitual que o web tardase 30 segundos en comezar a cargar e, en demasiadas ocasións, ficaba baleira. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Sábado, 26 de Maio do 2007 |
|
Como se de umha manobra de ocupaçom (cultural) do exército romano sobre a pequena aldeia da Gali(z)a se tratasse, a editorial responsável da traduçom das histórias de Asterix e Obelix, Salvat-Bruño, nega-se a publicar umha versom da famosa banda desenhada na língua da Gali(z)a. Perante esta manobra do invasor, desde esta pequena naçom no confim do ciberespaço, povoada pol@s irredutíveis galeg@s, pensamos em duas opçons: |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Domingo, 06 de Maio do 2007 |
|
Semella que algunhas asociacións empresariais non son quén de aplicar sobre si mesmas os criterios de calidade na atención ao cliente que tanto predican entre os seus asociados, esquecéndose da importancia que para moitos cidadáns e potenciais clientes ten o uso do idioma galego. Seguindo a máxima empresarial “unha crítica é un regalo”, failhes un regalo enviando o prego e dicíndo que o galego si importa . |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Xoves, 26 de Abril do 2007 |
|
Dous dos últimos obxectivos da CiberIrmandade, Caixanova e o Instituto Xeográfico Nacional, deron pasos positivos tras a enorme repercusión das campañas, nas que se lle enviaron centos de correos electrónicos solicitando a galeguización das súas páxinas web e o uso dos topónimos galegos correctos. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Luns, 16 de Abril do 2007 |
|
A Ciberirmandade da Fala quere sumarse á iniciativa d'A Mesa pola Normalización Lingüística e achegar os nosos parabéns ao Celta por unha nova “vitoria”: o club dá novos pasos no uso do galego. Ao tempo a asociación convida agora ao equipo de fútbol a que inclúa unha versión da web na nosa lingua. Súmate á iniciativa enviándolles un correo! |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Mércores, 11 de Abril do 2007 |
|
A Comisión Cultural MARTÍN SARMIENTO, coordinadora de diversas asociaciois e entidades afincadas na vila natal do Padre Sarmiento, Vilafranca do Bierzo, pon en marcha unha recollida de sinaturas polo cumprimento do convenio asinado entre os governos de Castela e León e Galiza e que se comprometeron a recuperar a casa do Padre Sarmiento. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Domingo, 01 de Abril do 2007 |
|
A actual campaña desenvolvida pola CiberIrmandade, na que se demanda a corrección dos topónimos deturpados na páxina do Instituto Xeográfico Nacional, así como a realización dunha versión en galego desta web, está a ter unha repercusión moi importante. Nas dúas semanas escasas que leva funcionando, a iniciativa da CIF non só está a ser espallada pola rede, senón que chegou tamén aos medios de comunicación editados en papel, e mesmo propiciou preguntas no Congreso e no Senado españois, así como no Parlamento Galego. Pero a acción aínda está en marcha. Participa! |
|
Ler máis...
|
|
| << Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
| | Resultados 37 - 48 de 153 |
|
|