|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Sábado, 10 de Marzo do 2007 |
|
PROCLAMA a favor dunha humilde e entrañable partícula mergullada nas raíces da realidade vital da lingua. MANIFESTO DOS CENTO SETENTA en defensa da verdadeira conxunción copulativa: a que nos conforta en “pan e viño”, a que nos divirte en “cóxegas e moxetes”, a que nos orballa en “Laiño e Lestrove”, a que nos compromete en “dereitos e deberes”, a que nos anima en “saudiña e que cante o merlo”, a que nos engaiola en “liberdade e xustiza” e a que nos confraterniza en “galegos e galegas”, “galegos e galegas”. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Sábado, 03 de Marzo do 2007 |
|
A CiberIrmandade comezara en marzo de 2001 unha campaña pola galeguización da páxina web da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, sendo este un dos nosos obxectivos máis veteranos. Tras a corrección dos topónimos deturpados que usaba nun principio, e un longo período "en construción", en marzo de 2006 decidimos reactivar a campaña. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Mércores, 28 de Febreiro do 2007 |
|
Unha das tarefas das que se ocupa a CiberIrmandade, e que nos últimos anos colleu maior importancia, é a tradución de software. Dende a CIF temos feito traducións de Joomla!, phpList ou phpBB (do que somos os encargados oficiais para a versión galega). |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Sábado, 24 de Febreiro do 2007 |
|
El Pais vem de pôr em andamento o passado mês de Novembro umha "Edición Galicia" em que o galego fica relegado aos "complementos", nom valendo para a informaçom diária e estando vetado o seu uso nas colaboraçons e nos artigos de opiniom. Fai-lhe chegar a tua queixa . |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Xoves, 15 de Febreiro do 2007 |
|
O 26 de marzo a ICANN, o organismo internacional que se encarga de conceder os nomes dos enderezos da internet, toma a decisión sobre a reivindicación da Asociación PuntoGal do dominio propio para a lingua e a cultura galegas. Os internautas seguimos a amosar o noso apoio a prol da concesión do dominio que distinga a nosa lingua e a cultura. Ata hoxe lévanse recollidas máis de 3.000 sinaturas, entre elas a da CiberIrmandade.
Despois dunha primeira etapa de procura de apoios de máis institucións, colectivos e asociacións, PuntoGal abriu a opción de que cada quen asine, de maneira individual, para deixar constancia do seu apoio ás reivindicacións da Asociación. Para asinar só tes que premer aquí e cubrir os campos. |
|
|
Escrito por ferreira
|
|
Sábado, 10 de Febreiro do 2007 |
|
A finais do pasado mes de setembro a Ciberirmandade da Fala puxo en marcha unha campaña para demandar a galeguización da páxina web deste concello, á que posteriormente se sumou Radio Cedeira, chegando acadar unha ampla repercusión. En outubro publicábase unha mensaxe na web indicando que estaban traballanda niso, ata que hai poucas semanas a versión na nosa lingua estivo definitivamente dispoñíbel. Na CIF comprácenos especialmente a consecución deste obxectivo polo xeito no que a campaña se espallou por outros medios, grazas a colaboración de todas e todos vós. Graciñas e a seguir traballando! |
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Luns, 05 de Febreiro do 2007 |
A CiberIrmandade da Fala comeza unha nova acción na rede neste mes de febreiro. Desta vegada, os ciberirmandiños e ciberirmandiñas escollemos Aqualia (www.aqualia.es). Esta empresa, creada no 2002, é a marca global para a actividade da auga da empresa FCC. Le máis e envíalles un correo. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por ferreira
|
|
Venres, 26 de Xaneiro do 2007 |
|
Vueling e Hotel Louxo: dúas webs que se galeguizan! A semana pasada dúas páxinas web estrearon a súa versión en galego: Vueling e Hotel Louxo. E todo grazas á presión social, ás campañas levadas a cabo por diversos colectivos, entre eles a Ciberirmandade. Por iso queremos agradecer a participación de todos os ciberirmandiños e ciberirmandiñas que colaboraron no envío de pregos. Mais aínda hai cousas por facer, informámoste en "Ler máis". |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Domingo, 21 de Xaneiro do 2007 |
|
Estes dias rematou a IX Asembleia do Movimento Defensa da Língua, que fecha as actividades do seu 10 aniversario, e a CiberIrmandade quere facer público o seu agradecemento pola consideración que recibiu, ao sermos destinatarios dunha das resolucións da Asembleia que "pretendem fazer um percurso não exaustivo pelos acontecimentos de maior relevância destes últimos tempos a respeito da defesa da língua e da cultura galega." Este recoñecemento é pra toda a xente que colabora coa CiberIrmandade da Fala tanto a nivel organizativo como enviando pregos e facendo doazóns. O traballo constante de todos está fortalecendo a situación da nosa fala tanto na sociedade virtual coma real. Dende a CiberIrmandade esperamos manter este ritmo de traballo no ano 2007 e poder fechar este ano con moitos novos obxetivos acadados. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Sábado, 13 de Xaneiro do 2007 |
Mentres outras entidades bancarias galegas, e incluso foráneas, van avanzando na implantación do uso do galego nas súas actividades, os pasos que está dando Caixanova nesta dirección exclúen o ciberespazo: Caixanova ofrece as súas comunicacións en galego, pero esquéceo na páxina web. Faille saber que o galego tamén existe na rede, envía o teu prego aquí . |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por ferreira
|
|
Mércores, 10 de Xaneiro do 2007 |
|
Nestes dias creouse unha rolda de distribución na nosa lingua para a localización da Debian debian-l10n-galician en lists.debian.org. Trátase dunha lista de política aberta, de libre subscripción e arquivo público. O seu propósito é afortalar o soporte da distro no noso idioma promovendo a consolidación da comunidade Debian galega. Dende a CiberIrmandade queremos parabenizar ao promotor e a xente que colaborou no envío de pregos para solicitar a creación da lista. Este é o xeito de acadar un novo status pra nosa lingua na rede global. Un xeito no que un grupo de vinte persoas organizados e mediante o envío de emails pode xurdir unha nova vía de existencia para o galego. Quen desexe subscribirse pode facelo por si proprio/a dende esta ligazón. |
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Mércores, 03 de Xaneiro do 2007 |
|
Nos pasados dias sairon novas versións para phpBB (2.0.22) e Joomla (1.0.12). E con elo, houbo que incorporar algunha variabel nova aos paquetes de idioma galego. Estes están dispoñibeis dende a zona de descargas da CiberIrmandade. Ir a phpBB-galego (paquete oficial). Ir a Joomla-galego (versión informal). |
|
| << Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
| | Resultados 49 - 60 de 151 |
|
|