|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Domingo, 31 de Decembro do 2006 |
|
Informamos de que engadimos un novo traballo de tradución á nosa lingua, a parte de administración do Mod Anti Bot Question para o sistema de foros phpBB. Actualmente están en marcha, xunto co anterior, o sistema de foros phpBB3, e o xestor de contidos Joomla! 1.5. Para participar, abonda con que accedas ao traduCIF , e traduzas as liñas que consideres. E se es validador, non esquezas revisar o traducido e darlle a tua aprobación. Precisamos axuda; contacta connosco . |
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Mércores, 27 de Decembro do 2006 |
|
Malleira de campionato ao galego no cinema. Si, os galegos e galegas que queiramos ver esta película no noso idioma saímos perdendo. Tan só catro das fitas que se proxectarán en Galiza serán en galego. O resto, até 20, en castelán. Fica así o galego, unha vez máis, como algo marxinal, algo reservado para os "obxectores de consciencia", como di a Mesa pola Normalización Lingüística no seu comunicado de denuncia. Calquera que consulte a carteleira, por exemplo, na páxina da Compañía de Radio Televisión de Galicia non conseguirá saber que existe a posibilidade de ver este filme en galego. O mesmo acontece a través da web do Cluster Audiovisual Galego. Unha vez realizada a dobraxe ao galego a Xunta de Galiza debería asegurar a maior distribución posíbel, maximizando así a repercusión dese investimento. Permitir que unha das pouquísimas películas que se poden ver en galego ao longo de todo o ano fique como algo residual é un desleixo inaceptábel. Desde a Ciberirmandade da Fala convidámosvos aos que acudades ao cinema a que solicitedes información sobre a posibilidade de ver "Pérez, o rato dos teus soños" en galego. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Sábado, 23 de Decembro do 2006 |
|
A nova operadora de telefonía móbil Yoigo ignora o galego, mentres ofrece distintos servizos en castelán, inglés, catalán ou euskara. Faille chegar a túa opinión. A telefonía móbil é xa un servizo totalmente integrado na vida cotiá da cidadanía galega. Aos poucos o oligopolio destes primeiros anos vaise abrindo, coa aparición de empresas que compiten polo seu nicho, buscando ofrecer productos e servizos cada vez máis acaídos ás demandas dos usuarios. Neste intento de achegamento aos requirimentos da cidadanía, o uso das linguas propias de cada territorio semella unha necesidade evidente. Mais algunhas compañías de telefonía móbil non son conscientes desta demanda, nin teñen a mesma sensibilidade con todos os cidadáns e cidadás do estado español. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Mércores, 20 de Decembro do 2006 |
|
Comunicamos aos integrantes da Asociación Cultural Galega Ciberirmandade da Fala, que xa está aberta a conta corrente para para ingresar a cota, establecida en 15 €/ano, que nos permita facer fronte aos gastos de funcionamento (nomeadamente, o pagamento da hospedaxe). Aproveitamos esta información para convidarvos a todos e a todas a participar na asociación e/ou facer doazóns económicas para o sostemento desta organización decana. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Medulio
|
|
Domingo, 10 de Decembro do 2006 |
Ao pouco de comezar a campaña pola galeguización completa e polo uso de topónimos deturpados no web de RENFE, así como pola inexistencia do noso idioma no web de ADIF e a megafonía nas estacións, RENFE corrixiu de inmediato os topónimos deturpados. Fai uns dias, foi ADIF quen deu sinais de vida, respostando con correos nos que informaba de que están nun proceso de renovación do web que, entre outras cousas, incorporará a nosa lingua. Tamén comunican que esperan extender o uso do galego na megafonía das estacións, pero sen comprometer data. A situación actual que motivou a campaña non é para botar foguetes, mais é un paso importante, polo que suspendemos a campaña, manténdonos á espreita. Lembra que só a participación e a esixencia dos propios dereitos lingüísticos acadarán a atención das diferentes empresas e entidades que habitualmente non consideran importante a presencia do galego nas súas actividades, polo que é imprescindible a túa participación activa tanto na promoción e uso do galego como na demanda dos teus dereitos lingüísticos. En ocasións como a que nos ocupa, podes ver que ao remate os resultados van chegando. |
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Xoves, 07 de Decembro do 2006 |
|
A Mesa pola Normalización Lingüística e máis a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade presentaron estes días o Voluntariado de Acción Lingüística. Desde a CiberIrmandade queremos facernos eco desta iniciativa e convidarvos a participar nela. O VAL ten por obxectivos o perfeccionamento da competencia oral en galego, relacionar lingua e cultura de forma práctica e divertida, fomentar a valoración do galego como lingua de uso e como expresión cultural. O funcionamento é sinxelo. As persoas que forman parte do programa asígnaselles unha parella lingüística e as dúas comprométense a relacionarse un mínimo de 20 sesións dunha hora, co compromiso de procurar falar en galego. A persoa voluntaria encargarase de guiar á persoa activa no maior coñecemento da cultura e da lingua galegas. Se queres participar podes facelos desde o web www.valingua.org ou no teléfono do voluntariado 900 400 800. |
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Sábado, 02 de Decembro do 2006 |
|
Procurando traballo, son milleiras as persoas que preparan oposicións a un posto nas administracións públicas, moitas delas utilizando os servizos de academias de estudos. Os opositores e opositoras casi unanimemente dispoñen do título de galego, polo que non terán que demostrar o coñecemento real do idioma. Non podemos aceptar que as persoas que no futuro tratarán cos administrados/as, non teñan o mais mínimo contacto coa lingua propia da Galiza. Cefiasa, pertencente ao grupo Adams, son un grupo de academias con presenza na Coruña, Ferrol, Ourense, Compostela e Vigo, que dispoñen dun web permanentemente actualizado, uns foros con 30 mil mensaxes nun ano, venda de material, e inclusive clases virtuais utilizando a rede. Todo, absolutamente todo no web de Cefiasa está en lingua allea. Convidamosche a que envies un correo a este grupo de academias pregandolles que faciliten versión galega na rede. Convidamosche tamén a que espalles esta campaña, a fin de sumar o maior número posibel de correos electrónicos. Podes enviar o teu correo dende eiquí e agora . |
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Martes, 28 de Novembro do 2006 |
|
Na zona de descargas do web da CiberIrmandade, está dispoñibel a tradución galega do DokuWiki. Este é un wiki escrito en php, cunha sintaxe simple pero compreta. Armacena a información en arquivos de texto, sen necesidade de banco de dados. Se queres ver unha demostración, non tes mais que ir ao dokuCIF
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Luns, 20 de Novembro do 2006 |
|
Despois de varios meses de debate e renovación da estructutra organizativa a CIF quere presentar un novo xeito de colaborar coa defensa da lingua na rede mediante unha aportación económica. O noso obxetivo non é nos facer ricos senon pagarmos os dominios e hospedaxes na rede, gastos de constitución en Asociación non lucrativa, ademáis de tentar xerar suficientes recursos como pra imprimer cartaces, autocolantes e máis parafernalia pra repartir entre asociacións, centros sociais e outros colectivos se for posible. Se queres coñecer máis visita esta ligazón . |
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Xoves, 16 de Novembro do 2006 |
|
Mancomun ten en marcha a tradución do Firefox, e solicita colaboración. O traballo dos voluntarios que se rexistraron na ferramenta de tradución colaborativa Entrans conseguiu que tan só queden por traducir un 23% das cadeas da nova versión do navegador web Firefox 2.0. Mancomun precisa de axuda para ter o antes posible esta valiosa ferramenta no noso idioma.
Lembramos que no traduCIF tamén precisamos colaboración para rematar as traducións de phpBB-3 e Joomla!-1.5. |
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Sábado, 11 de Novembro do 2006 |
|
Xa esta no traduCIF a primeira parte da tradución do Joomla 1.5 (o frontend do xestor de contidos empregado no noso web), para que a comunidade colabore neste traballo. Para rematar este proxecto de tradución necesitamos participación, liña a liña, e así poñernos axiña coa parte de Administración e Instalación desta estupenda ferramenta.
O traduCIF é unha ferramenta de tradución on-line que a CiberIrmandade ofrece para traballos de localización linguística galega, e neste caso, a proposta de colaboración chega dende Dimensiona Consultoría Tecnolóxica e Reverso Servizos Lingüísticos, quenes xa achegan o 40% das cadeas traducidas. Dimensiona e Reverso darán soporte a esta tradución dende o punto de vista técnico e de revisión lingüística. |
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Luns, 06 de Novembro do 2006 |
|
Os camiños de ferro percorren galiza, pero so parcialmente coa nosa lingua. Queremos que RENFE corrixa algunhas deficiencias linguisticas, mentres que ADIF (Administrador de Infraestructuras), incorpore a nosa lingua no seu web e megafonía. RENFE ten páxina web parcialmente en galego, pois os contidos de documentación da empresa, organigrama, memoria, historia.. so poden ser lidos en español. Ao tempo, é habitual o uso de topónimos deturpados, como "Orense", "Arosa", "Viana del Bollo", "Ujes", "Puentecesures", "Ordenes"...e un longo etc. de despropositos que deberian ser corrixidos. ADIF non ofrece versión galega no seu web, e aprobeitando o envio de correos, queremos aprobeitar para solicitarlles que fagan uso da nosa lingua na megafonía. Se consideras que os camiños de ferro deberían facer uso da nosa lingua, convidamosche a participar nesta campaña, consistente no envio de correos electrónicos nominais a RENFE e ADIF. |
|
| << Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
| | Resultados 61 - 72 de 151 |
|
|