Venres, 22 de Agosto do 2008
 
  Inicio arrow Novas CiberIrmandade  
Obxetivo: Amnistía Internacional, parabéns e suxestión. (16.06.2008)

 Amnistía Internacional vén de celebrar os 30 anos da súa legalización no Estado Espanhol, e 20 de presenza continuada na Galiza. A Ciberirmandade quere sumarse cos parabéns evidentes polo aniversario e máis polo traballo feito e cunha suxestión que ten que ver coa pouca sensibilidade de  A.I. a respecto das distintas linguas do Estado, que se plasma na falta de opción de galego, catalán e euskera na web da “sección Española” de  A.I., así como nas campañas de envío de correos electrónicos que remiten ás/aos soci@s e colaboradores.

Cremos que unha organización como A.I. non debería de ter maior problema, nin polos valores e principios que defende, nin polos recursos que se lle supoñen, en satisfacer os dereitos lingüísticos das distintas comunidades do Estado. Por todo isto animámosche a enviarlles este prego de felicitación e suxestión.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega

Obxectivo. Os camiños de ferro en galego
Escrito por minhoca   
Luns, 06 de Novembro do 2006

Os camiños de ferro percorren galiza, pero so parcialmente coa nosa lingua. Queremos que RENFE corrixa algunhas deficiencias linguisticas, mentres que ADIF (Administrador de Infraestructuras), incorpore a nosa lingua no seu web e megafonía.

RENFE ten páxina web parcialmente en galego, pois os contidos de documentación da empresa, organigrama, memoria, historia.. so poden ser lidos en español. Ao tempo, é habitual o uso de topónimos deturpados, como "Orense", "Arosa", "Viana del Bollo", "Ujes", "Puentecesures", "Ordenes"...e un longo etc. de despropositos que deberian ser corrixidos.

ADIF non ofrece versión galega no seu web, e aprobeitando o envio de correos, queremos aprobeitar para solicitarlles que fagan uso da nosa lingua na megafonía.

Se consideras que os camiños de ferro deberían facer uso da nosa lingua, convidamosche a participar nesta campaña, consistente no envio de correos electrónicos nominais a RENFE e ADIF.

 
Así nos organizamos
Escrito por minhoca   
Luns, 06 de Novembro do 2006

A CiberIrmandade está nun proceso de reestructuración, co obxectivo de incrementar a participación nos xa numerosos traballos internos. Non podemos permitirnos ficar inactivos se as persoas que mais directamente asumen as tarefas internas, minguan a sua adicación.

Convidamosche a que leas "Así nos organizamos ", facendo fincapé en que pretende ser un documento vivo, sometido a reestructuracións constantes en función dos voluntarios e voluntarias que decidan asumir algunha tarefa.

 
FireFTP en galego
Escrito por minhoca   
Sábado, 28 de Outubro do 2006

Vimos de subir á zona de descargas unha extensión pra Mozilla Firefox. A extensión é a versión galega de FireFTP (versión 0.94.4), que integra un cliente FTP no navegador. O traballo de tradución é de Daniel Muñiz. Descargar .

 
Concello de Cedeira. O web en obras
Escrito por minhoca   
Mércores, 25 de Outubro do 2006

Dende fai uns dias, o web do Concello de Cedeira está en obras, sen que se poida acceder a ningún dos seus contidos. "Nestes momentos estamos traballando para ofrecerlle en breve novos contidos a esta web [...]". Con este anuncio, que pode ser lido en galego e español, e inda que hai unha espectativa de galeguización do web, continuamos a campaña que temos en marcha, e á que se sumou Radio Cedeira . Parabéns a todos e todas.

 
Organizando a CiberIrmandade e problemas de acceso
Escrito por minhoca   
Sábado, 21 de Outubro do 2006

Dende fai varios dias, a CIF está a ter problemas para o seu correcto funcionamento. Estes dias está resultando moi dificil visualizar tanto o web como os foros. Esperamos solucionalos axiña.

Ao tempo, queremos informar de que levamos xa algún tempo cunha participación moi cativa, polo que estamos a discutir o noso funcionamento, pretendendo mellorar a nosa organización interna. Se queres participar na discusión visita esta ligazón ; e se queres asumir algunha tarefa, visita esta outra . Para ámbalas duas, precisas rexistrarte nos foros.

 
A Confederación de Empresarios e a nosa lingua
Escrito por minhoca   
Venres, 20 de Outubro do 2006

A CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS GALEGUIZOU PARCIALMENTE O SEU SITIO WEB TRAS AS DENUNCIAS PÚBLICAS DA MESA

[A Mesa] Comezan a dar resultado as denuncias públicas realizadas pola Mesa contra o “escuro” convenio asinado entre a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Confederación de Empresarios de Galiza, ao que se destina todo o diñeiro que antes recibían numerosas empresas para apoialas na súa galeguización.

Desde onte, o sitio web da Confederación de Empresarios dispoñibilízase parcialmente en galego, aínda que os textos da súa páxina de inicio continúan só en castelán. Mais, cando menos, conseguiuse que despois da denuncia da Mesa se unha persoa escolle a opción “Galego” xa poderá consultar realmente a páxina en galego na súa maioría.

Ler máis...
 
Nova iniciativa pola galeguización do Concello de Cedeira
Escrito por minhoca   
Martes, 17 de Outubro do 2006

Radio Cedeira. A campaña para esixir ao Concello de Cedeira o emprego do galego na páxina web municipal ampliouse. Ata o momento era a asociación Cibermandade dá Fala a que puxera en marcha o envio masivo de correos electrónicos dirixidos ao Concello. Agora xurdiu unha nova iniciativa que ten como obxectivo que sexa o Goberno da Xunta de Galicia o que inste ao alcalde Leopoldo Rubido e ao seu equipo a cumprir con lexislación lingüística vixente e co que establece o Estatuto de Autonomia de Galicia.

Trátase dunha nova campaña de emails, esta vez dirixidos para a Secretaría Xeral de Política Lingüística, dependente da Presidencia da Xunta ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ). Nas mensaxes denúnciase "a discriminación do idioma galego na páxina oficial do Concello, en contra do establecido polo Estatuto de Autonomia de Galicia e a Lei de Normalización Linguística".

Ler máis...
 
Lista de recursos de língua galega
Escrito por minhoca   
Mércores, 11 de Outubro do 2006

Vimos de publicar unha lista de recursos pensada para aqueles que teñan interese en aprender galego ou mellorar o seu nivel.

Entre o material que alí se recolle, poderás atopar cursos de iniciación ou perfeccionamento, en normativa RAG e AGAL, dicionarios, glosarios, e ferramentas como tradutores ou correctores, que poden ser de axuda no proceso de aprendizaxe, ademais do seu uso habitual.

Se estabas pensando en iniciarte na lingua galega, agora xa non tes excusa para non facelo. Ir á lista de recursos.

 
Dez anos de CiberIrmandade
Escrito por minhoca   
Sábado, 07 de Outubro do 2006

Lémbraste do ano 1996? Todos e todas tiñamos dez anos menos. En 1996 xa existía a rede de redes. En Galiza era algo novo ao que poucos e poucas tiñan acceso. Naquela incipiente arañeira xa agromaban algunhas páxinas en galego, non máis de 300, pero xa as había. Nese contexto no que a internet comezaba a existir para a sociedade galega naceu a CiberIrmandade da Fala. Hai dez anos, que en tempo-rede é un eón. Dende aquela, foron moitos os webs galegos que desapareceron, mais a CiberIrmandade sobreviviu e hoxe, unha década máis tarde, somos unha das organizacións máis antigas da rede.

Foi en decembro daquel prehistórico 1996 cando se enviou a primeira mensaxe, cando tivo lugar a primeira acción da CIF. Nestes dez longos anos, nos que a CIF viviu momentos de actividade frenética e momentos de coma profundo, propuxéronse centos de obxectivos, dos que máis de 70 foron aceptados como tales polo grupo de ciberimandiñ@s. Unha pequena parte deles tiveron unha resposta inmediata dos xestores ou xestoras dos sitios, que procederon a galeguizala. Só por iso xa paga a pena todo o esforzo. E dos que non chegaron a facelo, foron moitos os que adicaron uns minutos a valorar esa posibilidade, o que tamén consideramos un éxito. Traducíronse programas, colaborouse con asociacións en defensa do galego, organizáronse campañas especiais...

Se queres saber mais do que foi a CiberIrmandade da Fala, da sua evolución, ofrecemosche un percorrido por dez anos da nosa historia.

 
A CiberIrmandade decidiu constituirse en asociación, e se queres, podes sumarte
Escrito por minhoca   
Domingo, 01 de Outubro do 2006

Despois dun longo, público e aberto debate, a CiberIrmandade decidiu constituirse en asociación, co nome "Asociación Cultural CiberIrmandade da Fala". Durante varios meses, entre todos e todas discutimos os estatutos, a acta de constitución, o nome, a composición da xunta directiva, a cota, ..

Temos intención en apresentar a documentación na Xunta no prazo de duas semanas, e xunto cos estatutos e acta de constitución, irá unha relación de socios/as fundadores/as (con nome e documento de identidade). Se tes interese en unirte, abonda con que contactes connosco ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ), e aportes a seguinte documentación: nome completo, documento de identidade, enderezo postal, enderezo electrónico e se estás rexistrado nos foros, o teu alcume. Os responsabeis da CiberIrmandade garanten a privacidade de todos eses dados, que non serán cedidos a ninguén.

Se non queres unirte agora, convidamosche a facelo próximamente. En calquera intre poderás incorporarte á asociación, polo que tes as portas abertas para que pases de cando en vez polo web e/ou os foros e informarte das novidades que haxa no proceso.

 
Polo software na lingua da Galiza
Escrito por minhoca   
Mércores, 27 de Setembro do 2006

Hai dous meses, a CiberIrmandade puxo en marcha un sistema de tradución de software on-line, no que calquera pode participar. Nas primeiras semanas a colaboración foi alta; mais co paso do tempo, a participación ficou no esquecemento. Nestes intres están en marcha as traducións da versión 3-beta do sistema de foros phpBB, tanto en norma RAG como AGAL; a primeira nunha porcentaxe xa traducida do 50%, mentres que a segunda non chega ao 1%.

Convidamosche a participar, en calquera das duas normativas. E se controlas abondo inglés e galego, contacta connosco, pois precisamos xente para revisar as traducións dos e das demais ou inserir directamente as súas propias sen necesidade de comprobacións posteriores (co aforro de tempo e traballo que iso supón). Queremos lembrar tamén que este proxecto está aberto a calquera persoa ou colectivo que quera facer uso del para a tradución de software ao galego.

Se tes dúbidas, queres facer propostas ou desexas implicarte máis, pasa polo foro de software . E se queres adicar algo do teu tempo á presenza da nosa lingua na informática, vai ao TraduCIF .

 
Obxectivo. Concello de Cedeira
Escrito por Medulio   
Sábado, 23 de Setembro do 2006
O "Ayuntamiento" de Cedeira pretende "mejorar", segundo di o seu web, "para disfrute de propios y visitantes", e con este obxectivo ofrecen versión en español, inglés, francés e galego. Pero.., so a versión española funciona.

Descoñecemos se a existencia do logo galego amosa unha "intención" futura (moi futura), ou se únicamente é un "estamos en ello" que nunca vai chegar. O Concello de Cedeira, a maiores de non respetar aos propios e visitantes galegofalantes, incumpre as súas obrigas legais.

Convidamosche a que lle fagas saber ao Concello de Cedeira que, como galego ou galega, propio ou visitante, non gozas co seu web, e reivindiques os teus dereitos e os seus deberes lingüísticos.

 
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 73 - 84 de 152

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Activa Galicia - activa o galego 
Solidariedade civil
Campaña: SOS Mourela


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com