Sábado, 26 de Xullo do 2008
 
  Inicio arrow Novas CiberIrmandade  
Obxetivo: Amnistía Internacional, parabéns e suxestión. (16.06.2008)

 Amnistía Internacional vén de celebrar os 30 anos da súa legalización no Estado Espanhol, e 20 de presenza continuada na Galiza. A Ciberirmandade quere sumarse cos parabéns evidentes polo aniversario e máis polo traballo feito e cunha suxestión que ten que ver coa pouca sensibilidade de  A.I. a respecto das distintas linguas do Estado, que se plasma na falta de opción de galego, catalán e euskera na web da “sección Española” de  A.I., así como nas campañas de envío de correos electrónicos que remiten ás/aos soci@s e colaboradores.

Cremos que unha organización como A.I. non debería de ter maior problema, nin polos valores e principios que defende, nin polos recursos que se lle supoñen, en satisfacer os dereitos lingüísticos das distintas comunidades do Estado. Por todo isto animámosche a enviarlles este prego de felicitación e suxestión.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Dimensiona

A campaña da R.A.E. comeza a dar bos resultados
Escrito por minhoca   
Sábado, 16 de Setembro do 2006

A primeiros deste mes a CiberIrmandade da Fala encetou unha campaña na Rede dirixida a reclamar a modificación das aldraxantes e discriminatorias definicións que da verba "gallego" conten o dicionario da Real Academia Española de la Lengua. Esta campaña acadou rapidamente un amplo respaldo da sociedade virtual galega, sendo este obxetivo o máis popular na historia da CiberIrmandade.

Non fomos os/as primeiros/as pois xa antes se produciran reaccións máis ou menos organizadas pero, por casualidade ou non, resultou que agora a R.A.E. acepta revisar a citada definición logo dun rotundo éxito da nosa campaña canto o número de envíos e tamén, hai que dicilo, de críticas máis ou menos construtivas, pero que queremos pensar no positivo das mesmas reparando no seu lado de participación e movilización da nosa colectividade.

Mención especial merece a grande cantidade de orixe e espírito galego da outra beira do Atlántico que amosaron que a Galiza é o sentimento máis grande e espallado do mundo e que o noso pacifismo non ten porque implicar submisión en momento ningún.

Espallando as campañas entre os nosos amigos e amigas mediante correos electrónicos podemos axudar a incrementar o numero de pregos. Enviando pregos podemos facer saber aos políticos que non compartimos as súas estratexías e que queremos mais coraxe na defensa dos nosos dereitos coma galego-falantes. O activismo na Rede é un xeito pacífico, aberto e real de modificar o mundo que nos arrodea.

Ficaremos atentos ao que pase na RAE e seguiremos informando.

Podes enviar unha mensaxe á RAE dende eiquí e agora .

 
«Novas da Galiza» publica artigo-entrevista sobre a CiberIrmandade da Fala
Escrito por minhoca   
Mércores, 13 de Setembro do 2006

O periódico galego de informaçom crítica procurou aproximar-se aos reptos actuais da nossa associaçom, decana na internet galega

No seu número 44 , o jornal «Novas da Galiza» publicou um artigo-entrevista na sua secçom 'Cultura' sobre a CiberIrmandade da Fala, umha das associaçons decanas na internet galega. A publicaçom salienta o compromisso da comunidade ciberirmandinha com a defesa da nossa língua desde "a pré-história da Rede", quando já detectávamos "umha grave insuficiência de conteúdos em galego".

O «Novas da Galiza» lembra alguns dos primeiros objectivos conseguidos pola CIF, como som a galeguizaçom dos sítios web de Estrella Galicia, de Castromil, ou a recente exigência da Direcçom Geral para o Desporto, que insta as Federaçons Desportivas para utilizarem o galego nas suas webs como requisito para receberem dinheiro público.

O periódico galego de informaçom crítica também recolheu em páginas interiores a anterior campanha da CIF, destinada a que o Parlamento Galego nom renove o seu compromisso com o Grupo Voz para a publicaçom do Boleto Oficial do Parlamento (BOPG) e o Diário de Sessons (DSPG).

Quatro anos de informaçom independente
O «Novas da Galiza» é uma publicaçom mensal nascida em 2002 como soma dos esforços de um conjunto de pessoas política e/ou linguisticamente militantes. O periódico definiu-se no primeiro ponto dos seus Princípios Fundacionais como um meio "ao serviço da liberdade de expressom" para "defender o direito da cidadania à informaçom plural e honesta".

Ler máis...
 
Os datos sobre o galego no ensino
Escrito por minhoca   
Sábado, 09 de Setembro do 2006

Coincidindo co comezo do novo curso escolar, a Mesa pola Normalización Lingüística ven de denunciar a inexactitude dos datos verbo do galego no ensino nunha nota de imprensa achegada recentemente. Na nota (que reproducimos íntegramente nestas liñas) indícase que “A Consellaría de Educación afirma que o nivel de cumprimento do Decreto 247/95 (que regula as materias mínimas a impartir en galego no ensino non universitario) foi no último curso de arredor dun 92% dos centros”, o cal non se achega, nin de lonxe, á realidade da situación que calquera pode observar polos seus propios medios e diante do cal é preciso tomar medidas.

Ler máis...
 
Obxectivo. Real Academia Española: los gallegos somos tontos
Escrito por minhoca   
Sábado, 02 de Setembro do 2006

A Real Academia Española de la Lengua, contrariamente aos principios de igualdade e respecto nos que debería basearse calquera sistema democrático, aldraxa a tódolos galegos na definición da verba "gallego" que inclúe no seu dicionario.

Xunto a acepcións coma parvo ("tonto") ou tatexo ("tartamudo") prodúcese un agravio comparativo ao ser o único xentilicio no que se destacan as connotacións negativas e óbvianse as positivas do mesmo xeito que se oculta a información histórica e cultural que nos define coma unha das naciós máis antigas da Europa.

Convidámoste a esixir o mesmo respeto e veracidade que se lles presta a outros xentilicios (moitos aceptados únicamente no senso peiorativo) e a protestar rompendo dunha vez a imaxe de mansedume que nos leva a soportar este tipo de aldraxes. Envía o teu prego dende eiquí.

 
Proposta Cidadana para actuar despois dos lumes
Escrito por Medulio   
Mércores, 30 de Agosto do 2006
Xa non arde Galiza e semella que "pasou o día, pasou a romaría", pois as voces que fai pouco se alporizaban acougaron e a día de hoxe xa non hai laios, só críticas partidistas e guerras políticas. Pero a Terra ficou queimada resultando afectado o noso Patrimonio tanto natural coma cultural e compre tomar medidas de recuperación e sobor de todo de control encol da especulación que tenta facer do noso País unha caste de parque temático de superficial interese turístico.

Con recoñecer que o camiño emprendido coa tentativa de recuperación das terras forestais, comezando pola consolidación do sustrato de cara a evitar a erosión e empobrecemento da terra polos axentes atmosféricos, así como a intención de erradicar o eucalipto das planos de reforestación, é unha boa vía de actuación seméllanos completamente insuficiente, polo que estamos a discutir nos nosos foros cales serían as posibles medidas a tomar para evitar a desfeita.
Ler máis...
 
17 de agosto: Día da Galiza Mártir (Alexandre Bóveda)
Escrito por Medulio   
Mércores, 23 de Agosto do 2006

O pasado día 17 de agosto, conmemoramos o día de "Galiza Martir", polo asasinato de Alexandre Bóveda. Aínda que cun chisco de retraso non queremos deixar pasar a oportunidade de lembrar a data reproducindo un texto un texto publicado por Galiza Nova no ano 1996 e que achegado polo noso compañeiro Minhoca reproducimos nesta nova.

Ler máis...
 
O desprezo polo Patrimonio galego
Escrito por Medulio   
Mércores, 16 de Agosto do 2006
Está claro que hoxendía non semella doado conciliar o progreso económico-tecnolóxico (que ven sendo o mesmo na actualidade) coa conservación do Patrimonio tanto material como inmaterial de calquera lugar de mundo. Pero se nun lugar dese mundo é aínda máis compricado é na Galiza, e principalmente pola falla dunha conciencia propia de País que valore no seu xusto punto a realidade que supón ter unha Cultura e unha Tradición tan ricas e de raigame tan profunda.

Na Galiza non se conserva, senón que mal-mantéñense as cousas, tanto de corporeidade evidente coma aquelas que só se levan dentro do propio ser, daquelo que o galego e a galega teñen realmente de seu. O caso do Círculo Lítico da Mourela é un dos máis doentes, pero por desgraza non é o único. Cantas Mourelas hai na nosa Terra? Unha Terra na que semellamos empeñados en rematar coa existencia do que nos é propio e distintivo, ben sexa de ámbito arqueolóxico, urbanístico, ecolóxico, cultural ou lingüístico.

A investigación e desenvolvemento, existe? Pode que si, pero semella que só encamiñada á implantación de enerxías alternativas que rematan exportando o 90% da producción mentres nas nosas aldeas segue a haber restriccións en pleno século XXI.

E por se non chegase coa desfeita material que afecta ao legado histórico estamos en tempos de queimar e arrasar con todo por non sabemos ben que escuros intereses, pero que se deducimos van polo mesmo camiño do mal entendido "progreso material". A destrución do contorno, do medio ambiente vainos costar moi caro a todos.

Non se da conta a xente de que cando rematen co noso Patrimonio e coa nosa natureza rematarán coa Galiza? Seguramente é o que moitos queren, pero que lembren que sen Galiza non haberá diferencia e con iso non haberá nin turismo nin forza de reclamar os dereitos máis lexítimos, o que finalmente repercutirá onde lle doe á xente que está a desfacer a Terra: no peto.

Reflexionemos, e conservemos o noso. Sen Mourelas, sen fragas, sen carballeiras, sen soutos non hai Galiza, sen Galiza non hai futuro. E non esquezamos que Galiza é principalmente a súa lingua: o galego.
 
 
Loita contra o lume
Escrito por Medulio   
Mércores, 09 de Agosto do 2006

Diante dos últimos acontecementos que están a converter Galiza nun verdadeiro inferno facemos unha chamada á solidariedade na loita contra o lume.

Á parte da información xeral que podes atopar en diversos medios tamén podes pasar polos nosos foros e, en especial polo fío “Para quém queira luitar CONTRA O LUME”.

Con carácter xeral se precisas información, queres aportar suxestións ou calquer outro tipo de colaboración podes chamar ao teléfono: 

900 400 800

que estará activo as 24 horas do día. Ademais neste teléfono recolleranse todas as informacións que os cidadáns poidan aportar para contribuír ás investigacións policiais para acabar cos terroristas do lume.

 Image

Por Galiza. 

 
Obxectivo. Medios de comunicación.- Nin un pataco sen lingua
Escrito por minhoca   
Venres, 28 de Xullo do 2006

Nestas semanas (xullo-2006), saiu á luz a intención do Grupo Voz de renegociar o acordo vixente polo que este grupo imprime o Diario do Parlamento Galego.

Sendo a defensa e potenciación da nosa lingua un compromiso adquirido polo Parlamento e os grupos que o compoñen a través do plan de normalización linguística, e como  política transversal debe estar presente en todas e cada unha das distintas normas e medidas da vida política galega, non podemos senon rexeitar calqueira acordo desta importancia económica que non leve consigo a implicación na defensa, promoción e normalización efectiva da lingua galega.

O Grupo Voz ten demostrado ao longo da sua historia o menosprezo cara á lingua propia de Galiza, polo que dende a CiberIrmandade convidamos á cidadanía comprometida có noso idioma a expresar o seu rexeitamento á renovación do acordo Parlamento/Grupo Voz mentres non se demostre pola súa parte unha actitude real de respeito e uso da lingua galega, mediante o envio de correos electrónicos á presidenta do Parlamento, aos grupos parlamentares, ao Grupo Voz e á totalidade dos medios de comunicación por se teñen a ben telo presente nos seus usos lingüisticos.

Envia a tua queixa dende eiquí e agora.

 
Colaborando na tradución de software
Escrito por minhoca   
Xoves, 27 de Xullo do 2006

Co fin de mellorar os traballos de localización de software en galego, a CiberIrmandade ven de poñer en marcha, en fase de probas, unha ferramenta de traballo on-line chamada "Entrans", que facilita a tradución de software á nosa lingua.

Segundo as tuas preferencias, podes colaborar sobre a totalidade dos arquivos ou sobre un arquivo concreto (seleccionandoo no listado correspondente). Con independencia do anterior, podes ver todas as cadeas ou so as pendentes.

A CiberIrmandade ofrece este espazo de traballo polo software en galego a calqueira comunidade ou persoa que o precise.

Convidamosche a que, na medida das tuas posibilidades, participes na tradución de software.

 
25 de xullo do 2006 - Día Nacional da Galiza
Escrito por Medulio   
Luns, 24 de Xullo do 2006
Bandeira Galega e Serea de CastelaoNun día como o de hoxe somos conscientes de que hai que traballar moito por afirmar que o día 25 de xullo é o Día Nacional da Galiza fronte a tódalas actitudes que tanto dende dentro coma dende fóra da nosa nación tentan diluir e difuminar a realidade nunha sucesión de actos alleantes encamiñados a negar a identidade da Galiza como Cultura e nación.

Dende a CiberIrmandade queremos aportar o noso grao de area no necesario proceso da nosa recuperación identitaria nun momento moi importante do noso camiño como pobo lembrando a un dos nosos piares nacionais, Castelao, co seu discurso "Alba de Groria" publicado no número 463 do xornal A Nosa Terra en xullo de 1948.
 
Ler máis...
 
Manual urxente de publicación de novas en Joomla!
Escrito por Medulio   
Sábado, 22 de Xullo do 2006
Presentámosche unha pequena pero, desexamos, práctica guia que pode servirche para publicar novas en Joomla!, o xestor de contidos que estás a ver neste web.

Joomla! é un software de código aberto, sucesor do coñecido Mambo, ámbolos dous cunha extensa difusión, e que permite xestionar sitios na rede cunha ampla cantidade de módulos que poden satisfacer case todas as necesidades. Para un usuario novel, é posibel que o seu uso poida ser compricado ao comezo, polo que agardamos que, se non te atreviches antes, este breve manual poida servir de axuda para dar os primeiros pasos no seu uso.

Esta guía ten un carácter de urxente, centrada no que é a publicación de novas, e sen afondar en moitas das funcionalidades que ofrece. Lembra que hai unha chea de sitios nos que podes obter mais información e colaborar neste proxecto aberto, e entre eles dispós do foro de Joomla! da CiberIrmandade e do sitio oficial de Joomla.

Ir ao manual urxente de Joomla!

 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 85 - 96 de 151

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Activa Galicia - activa o galego 
Solidariedade civil
Campaña: PuntoGal


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com