|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Mércores, 19 de Xullo do 2006 |
|
Visto o enorme medre da Blogosfera Galega nestes dous últimos anos, a CiberIrmandade considera importante ofrecer un novo servizo aos/ás internautas galegos/as, a xeito de foro, onde poder compartir o conhecemento acumulado polos blogueiros e blogueiras da nosa terra coa xente que anda pola rede na procura de informazón sobre os segredos dos Blogs. Este novo foro do Blogomillo ábrese coa esperanza de colleitar contidos sobre as diferentes ofertas pra abrir un blog na nosa lingua por parte dos diferentes servizos posibeis, dúbidas sobre instalación, traduzóns, sindicacións, análise da blogosfera... Por isto, solicitamos a colaboración desinteresada daquelas persoas que poidan aportar cousas e trabalhar neste novo proxecto dirixido a toda a comunidade galega na Internet. Polo tanto se tes un blog, se queres montalo teu, ou se soamente estas interesado en que carallo é todo isto dos Blogs preme na ligazón e botalle unha ollada ao novo servizo da CiberIrmandade. Por suposto, non esquezas que hai unha chea de sitios na rede especializados no mundo dos blogs que poderás atopar de xeito doado no noso apartado de ligazóns ou a traverso do uso dos procuradores habituais da Internet.
Ligazón co novo Foro do Blogomillo |
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Sábado, 15 de Xullo do 2006 |
|
Dende a CiberIrmandade da Fala queremos agradecer a toda a xente que se incorporou no que vai de ano aos nosos Foros. Máis de 100 persoas cubriron o formulario de inscripción. Grazas a toda a xente anonima, xente da blogosfera galega, xente de colectivos galegos ecoloxistas, da lingua e outros máis que xa estan a recibir as nosas novas e que colaboran nos foros espallando as suas loitas e reforzando o fluxo de comunicación da Rede Galega. Rexistrandote e empregando os foros, podes participar aportando información, documentos, debates, a maiores de obter información de tarefas concretas nas que podes axudar, que en grandes riscos resumimos en: a) Se tes arquivos que poidan ser interesantes para a nosa lingua, cultura, país.. achégaos. Ir a Subir arquivos. b) Podes fornecer información de todo tipo que consideres convinte, como novidades sobre telefones móbiles en galego, recursos en galego na rede, empresas que usan a nosa lingua (neste caso, non esquezas pasar polo buscador).. c) En canto aos debates en xeral de cuestións sobre a nosa lingua, cultura, sociedade, política.., toda participación enriquece os debates. Se chegaches ao final da nova é porque realmente queres defender a nosa lingua e a nosa cultura. Non o dubides e rexistrate xa dende esta ligazón. CiberIrmandade da Fala Un povo, unha rede, unha fala |
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Xoves, 13 de Xullo do 2006 |
|
Texto colado de PensaGZ Faz pouco tempo, o decano do Colégio Profissional de Jornalistas da Galiza, José Manuel Veiga Gomes, defendia que as instituições públicas não deviam aportar dinheiro aos meios de comunicação enquanto esta ajuda não se traduzisse "numa promoção efectiva da língua galega", quer dizer, num aumento quantitativo e qualitativo da presença do nosso idioma. Agora, o Grupo Voz quer renovar o acordo com o Parlamento galego para editar o BOPG e o DSPG, que lhe reporta notáveis benefícios. Como todo o mundo sabe, o Grupo Voz não se destaca precisamente por uma "promoção efectiva" do galego. A caducidade do acordo parece ter sobressaltado de supetão os responsaveis deste grupo mediático, até o ponto de o seu gerente, Santiago Peres Outeiro, ter redigido uma carta à Câmara galega solicitando a renovação do convénio que possibilita o Grupo Voz lucrar-se com a publicação do Boleto Oficial do Parlamento da Galiza (BOPG) e do Diário de Sessões do Parlamento Galego (DSPG). |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Sábado, 08 de Xullo do 2006 |
|
A CiberIrmandade da Fala informa do comezo dunha iniciativa encamiñada a mellorar o coñecemento da lingua galega: un foro de Gramática Galega. Este foro basease polo de agora na normativa RAG, mais está aberto a outras normativas en canto haxa alguén disposto a conducilo. A diferencia doutros foros, neste de gramática galega os usuarios rexistrados non poderán abrir fios novos, inda que si poderán publicar respostas nos fios abertos. E queremos que sexa así por mor de que pretendemos que este foro sexa o mais semellante a un curso de gramática, onde os seus responsabeis irán corrixindo erros e aclarando dúbidas sobre os fios que, na medida das suas posibilidades vaian abrindo. Lembra que para laretar abertamente sobre cuestións sobre o idioma galego temos o foro de lingua. Os cinco fios cos que encetamos este foro son: - Pronome. Formas normativas, colocación, usos.
- Verbos. Usos dos tempos: infinitivo conxugado, futuro de subxuntivo, Pluscuamperfecto de indicativo-Imperfecto de Subxuntivo, e máis perífrases.
- Castelanismos, hiperenxebrismos, vulgarismos.
- Fraseoloxía.
- Adverbios e locucións adverbiais.
Pasa polo foro e deixa a tua pegada dende esta ligazon. |
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Mércores, 05 de Xullo do 2006 |
|
A CiberIrmandade da Fala informa da presentación da nova versión do Xestor de Arquivos PHPfileNavigator e a súa traduzón ao galego. Este traballo foi realizado polo ciberirmandiño Lito durante máis dun ano en solitario. Dende eiquí queremos parabenizar ao noso compañeiro pola sua laboura e ofrecer este xestor gratuito de arquivos a todos os internautas que o desexen.
O PHPfileNavigator permite xestionar a traves dun navegador web o contido de un servidor remoto. Esta ferramenta permite andar polo voso ordenador copiando, movendo, eliminando, creando documentos, ... e moitas máis cousas pero dende a web.
Principalmente está pensado para que os administradores de unha web poidan darlle acceso a certos directorios os seus clientes ou para que entre amigos dispoñan de un sitio común pra deixar e intercambiar as súas fotos e documentos. Un dos princpiais usos que se lle dá é de repositorio de documentos pra sistemas de intranet empresariais.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Sábado, 01 de Xullo do 2006 |
|
A contratación de viaxes a través de Internet estase a facer máis común en Galiza. Sobre todo se temos en conta que cada vez máis compañías aéreas de baixo custe están comezando a traballar nos aeroportos galegos. Nunha análise ás páxinas web destas empresas, vemos que a grande maioría utilizan a toponimia galega deturpada. Non só isto, senón que ningunha delas ten unha versión en galego. Isto último é máis relevante aínda cando algunhas delas si que teñen versión noutras linguas oficiais do estado ademais do castelán. A proposta da Mesa pola Normalización Lingüística e da Ciberirmandade é que as persoas sensibilizadas coa cuestión da lingua envíen correos electrónicos ás compañías aéreas que operan desde Galiza e aos buscadores de ofertas de viaxes, lembrandolles que non teñen en conta que tamén teñen clientes galegos. A idea é demostrarlles que hai unha demanda, e que hai un número importante de clientes ou potenciais clientes seus que teñen moi en conta a presenza ou non do galego como parte dos servizos de calquera empresa. Podes enviar desde aquí os teus correos. No web da Mesa, están dispoñibeis modelos mais específicos para cada un dos obxectivos, tendo en conta se fan uso ou non de topónimos deturpados. |
|
|
Mércores, 28 de Xuño do 2006 |
|
Dende a CiberIrmandade, e seguindo co noso traballo de promoción, levamos tempo implicados no deseño de varios cartaces publicitarios co obxecto de espallar o coñecemento das nosas actividades a prol da dignificación da nosa lingua. Froito do traballo son os dous cartaces que poñemos a túa disposición na zona de descargas e que poderás imprimir de xeito moi doado con vías á súa distribución nos lugares polos que te movas habitualmente.
Nós seguimos pensando que o único xeito de darlle pulo ao galego é xuntar esforzos e sumar vontades, de forma que o significado de "nós" sexa cada día máis grande e máis forte.
Convidámoste a participar do xeito que creas convinte, repartindo algún dos cartaces, colaborando no deseño dos mesmos, participando nos foros... Hai mil e un traballos e todos agardan por ti. Ir a cartaces na zona de descargas. |
|
|
Escrito por Medulio
|
|
Sábado, 24 de Xuño do 2006 |
En relación cunha das novas publicadas con anterioridade no web da CiberIrmandade da Fala na que se incidía na negativa de xuíces e fiscais galegos á obrigatoriedade do coñecemento da lingua galega no desenvolvemento do seu traballo, recollemos nesta ocasión o "Comunicado de Xuíces pola Democracia" tamén verbo do mesmo tema, extraído do web d' A Mesa pola Normalización Lingüística, e publicado nestas páxinas polo seu evidente interese. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por ghalleiras
|
|
Mércores, 21 de Xuño do 2006 |
|
Recentemente publicáronse unha serie de actualizacións nun curto período de tempo que engloban as tres utilidades para o web nas que vimos traballando de cote como son o Joomla, o phpBB e o Coppermine. Especialmente importante é a do Coppermine pois soluciona problemas graves de seguridade aínda que é moi recomendable facer xa a actualización tamén no ámbito do Joomla ou do phpBB pois, transcorrido o tempo prudencial de probas, semella que non hai fallos evidentes que requiran dun novo traballo de reactualización dos mesmos. No que respecta aos arquivos de idioma galego só houbo trocos no Joomla (poucos pero importantes) polo que revisamos os ficheiros correspondentes e poñémolos á túa disposición no noso apartado de descargas. Lembra que nos noso foros podes participar plantexando ou resolvendo dúbidas verbo do funcionamento das tres utilidades citadas. |
|
|
Escrito por Medulio
|
|
Sábado, 17 de Xuño do 2006 |
Comparecencia das Asociacións Xudiciais na comisión para a reforma estatutaria.
Os xuíces e fiscais non aceptan a obrigatoriedade do coñecemento da lingua galega para exerceren o seu cargo na Galiza.
Os procesos de oposición con vistas a acceder aos postos de xuíz adoitan considerarse coma unha dura tarefa que precisa dunha grande adicación e dun elevado esforzo intelectual encamiñado á consecución de tan prezado cargo. Tan grande debe ser o esforzo para algúns que non lles queda espazo intelectual para poder aprender as linguas cooficiais teóricamente garantidas por Lei no País no que vaian exercer. Así, coa mesma, comunicáronlle este xoves á comisión para a reforma estatutaria as asociacións representativas destes colectivos, tanto de perfil conservador como as autocualificadas de progresistas, a súa negativa a unha posible obrigatoriedade do coñecemento do idioma galego para exercer a carreira xudicial na Galiza. Tanto xuíces coma fiscales rexeitaron rotundamente tal posibilidade dirixida a que os cidadáns poidan usar con liberdade nos xulgados esta lingua e argumentaron que na actualidade o emprego do galego neste ámbito é minoritario. Algún deles mesmo se opuxo a que se cualifique como mérito o coñecemento da lingua galega.
Semella procedente tratándose do tema do que estamos a falar lembrar que o artigo 14 da Constitución, que hoxendía ven sendo a normativa legal de máis rango e que todos os representantes da xudicatura deberían respetar, fala da igualdade diante da Lei sen que poida prevalecer discriminación ningunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social. Non costa moito discernir que coa súa actitude os xuices galegos están discriminando a todos e todas os/as galego-falantes ao impedirlles acceder en igualdade de condicións que os castelán-falantes á Xustiza.
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Mércores, 14 de Xuño do 2006 |
|
En plena época da cultura multimedia e como recoñecemento ás necesidades culturais galegas como célula de universalidade, pomos en marcha un novo foro da citada "multimedia", adicado en xeral a todos os temas de deseño gráfico 2D/3D, son e vídeo. Queremos aglutinar xente de diversa procedencia e con intereses comúns, tanto en retoque fotográfico, deseño vectorial, modelado en 3D, renderizados, audio, vídeo, animación... nun foro onde terán cabida profesionais e afeccionados adicados ao amplo mundo da producción gráfica ou da modelización virtual tanto no que respecta á reproducción de ámbitos reais en formatos informáticos coma na creación froito unicamente da fantasía e creatividade persoais. Pensamos que deste xeito estamos a cubrir un oco baleiro, e ofrecer unha posibilidade necesaria a todos e todas os/as artistas implicados no tema da Arte Dixital, pois que saibamos, non existe ningún foro semellante na nosa lingua. Desexamos que sexa do teu agrado, e convidámosche a participar, lembrando que este foro será o que os seus usuarios e usuarias queiran que sexa coas súas achegas, e a túa pode ser unha delas. Ir ao foro |
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Sábado, 10 de Xuño do 2006 |
|
ARTESANÍA DE GALICIA ou ARTESANÍA DA GALIZA?? Imaxina que andas a navegar pola Rede porque: Buscas agasallar a alguén con un producto artesán feito na terra, e descoñeces qué podes regalar; tentarás buscar algún catálogo que te mostre os distintos productos que o mercado pon a túa disposición, ou.. Sabes con que queres agasallar, pero non sabes quén o pode facer, buscarás un catálogo que recolla aos/as artesáns de Galiza por actividades, ou.... Es un artesán ou coñeces a alguén que leve tempo facendo artesanía, e queres que a túa condición se regule e normalice, poo que buscarás a lexislación relativa a artesanía existente na túa comunidade, ou.. Se tés simple curiosidade sobre a artesania que se fai en Galiza.
En calquera destes casos é probabel que, por un camiño ou outro, remates entrando na páxina www.artesaniadegalicia.com onde aparece todo o referente oficial a artesanía feita en Galiza, por artesáns acreditados como tales segundo a lexislación do noso Pais. A marca “Artesanía de Galicia” é propiedade da Xunta da Galiza, e depende da Consellería de Innovación e Industria, baixo a responsabilidade do BNG, en concreto da D.X. de Promoción Industrial e da Sociedade da Información. Pois ben, o que debe ser un dos webs referentes da artesanía da nosa terra, actividade, por outro lado, fundamental dentro da nosa cultura e tradicionalmente vínculada a profesionais galego-falantes, nin está en galego nin ten a opción do galego. Ben sabido é, que o anterior governo galego desgaleguizou a Rede, non contribuiu ao asentamento e normalización da nosa língüa neste eido. Por mor dista situacion pregamosche dende esta paxina que cliques na ligazon e mandes un prego a Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información có fin de solventalo canto antes. Mandar Prego |
|
| << Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
| | Resultados 97 - 108 de 151 |
|
|