Martes, 07 de Outubro do 2008
 
  Inicio arrow Novas de usuarios/as  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega

Ir Indo edicións, retira o dicionario de galego on-line
Escrito por Kiko das Leiras   
Mércores, 11 de Xuño do 2008

A Secretaría Xeral de Política Lingüística con data 10 de setembro de 2.007 sacou no Diario Oficial de Galicia un concurso público para financiar un dicionario na rede (debido a que só había -e segue habendo- o da Real Academia Galega, con 15.000 entradas e na normativa anterior).

Despois de adxudicarllo a unha empresa tivo que declaralo deserto debido a un gran fallo na redacción das bases.

Ler máis...
 
“Maus”, considerado unha obra mestra do cómic, en galego
Escrito por Kiko das Leiras   
Martes, 10 de Xuño do 2008

 PRAZA DAS LETRAS - O cómic de Art Spiegelman estará nas librarías o 13 de xuño. Ademais, Faktoría K publica “Os cinco narradores de Bagdad”, dos franceses Frantz Duchateau e Fabien Vehlmann. A editorial mallorquina Inrevés saca ao mercado o próximo 13 de xuño o cómic Maus traducido ao galego por Diego García. Esta novela gráfica está considerada unha obra imprescindíbel polos adeptos do cómic. A mesma editora foi a encargada da versión catalá de Maus.

Maus é unha autobiografía na que Art Spiegelman relata a historia do seu pai Vladek, un sobrevivente de Auschwitz. Realiza tamén un retrato do seu pai na actualidade, no momento en que o entrevista para que lle transmita as súas lembranzas da guerra, e da súa tensa relación con el.

Ler máis...
 
Nace a primeira falante artificial de galego
Escrito por Kiko das Leiras   
Martes, 10 de Xuño do 2008

 A NOSA TERRA - Manuel Vilas - A primeira voz electrónica de galego da Historia valeu 660.000 euros e chámase Carmela. Trátase dun sintetizador quen de ler fluída e correctamente calquera texto na lingua do país. Caixa Galicia acaba de incorporalo á súa banca telefónica.

Carmela é o produto de ano e medio de colaboración de Tecnocom, o Instituto da Lingua Galega e a empresa turinesa Loquendo. Esta firma é, canda a norteamericana Nuance, líder no mundo das voces artificiais. Ningunha das dúas compañías traballaba co galego, malia ter dispoñíbel catalán, portugués e castelán. Tecnocom acaba de lograr adaptar a tecnoloxía ao noso idioma. 

Ler máis...
 
'Prohibíronme falar galego no traballo'
Escrito por apana   
Domingo, 08 de Xuño do 2008

anosaterra "Entregara un curriculum vitae e acudín a unha entrevista. A condición sine qua non era que falase co director e os compañeiros da recepción en español e nunca en galego. Considereino unha humillación e non aceptei o posto".  Nunha entrevista de traballo prohibíronlle falar en galego cos compañeiros. Pretendía ser recepcionista de hotel e fala sete idiomas. Tamén di que aos camareiros e persoal de limpeza non lles prohiben falar galego entre eles. Isto segue a acontecer na Galiza do ano 2007 onde seica din algúns, o galego é un idioma imposto.

Ler máis...
 
Resposta da AMI à denúncia de Galicia Bilingue polo video "Vilinguismo"
Escrito por Kiko das Leiras   
Domingo, 08 de Xuño do 2008

 Ante a denúncia interposta por "Galicia Bilingue" contra a Assembleia da Mocidade independentista (AMI) pola ediçom da curta de desenhos animados "Vilinguismo", a nossa organizaçom quer manifestar:

- Que este filme, elaborado pola AMI no quadro dumha campanha de denúncia da desapariçom do nosso idioma e das responsabilidades que se encontram detrás deste processo, está a ser difundido desde o passado 17 de Maio pola internet e polos centros de ensino da Galiza, com o objectivo de provocar entre a mocidade galega umha reflexom sobre a realidade lingüística do nosso país. Trata-se dumha curta de ficçom e aventuras (pode-se visionar em www.gzvideos.info/vilinguismo ) que, através dumha metáfora, expom o que está a acontecer na nossa sociedade: por meio de discursos liberais como o do bilinguismo, e dumha política que obriga a conhecer o espanhol enquanto fai o galego completamente prescindível, o primeiro está a ser imposto e o segundo encontra-se num gravíssimo processo de desapariçom.

Ler máis...
 
II Xornadas de Programación Web en Software Livre en Ourense
Escrito por Kiko das Leiras   
Sábado, 07 de Xuño do 2008

 Dende Ousli queremos anunciar estas próximas Xornadas que estamos a preparar e que terán lugar do 23 ao 27 de Xuño no edificio Politécnico do Campus Universitario de Ourense. Mostralas posibilidades que as TIC, en materia de desenvolvemento web, ofrecen para levar a cabo proxectos integramente con Software Libre é o obxetivo das II Xornadas de Programación Web en Software Libre.

Ler máis...
 
Apresentado o primeiro tradutor online Galego-Castelán-Portugués
Escrito por Kiko das Leiras   
Xoves, 05 de Xuño do 2008

VIEIROS - Portugal está aí embaixo, e Brasil está fronte a nós, dobrando o mapa, consolidándose ano a ano como potencia económica global. E os negocios fanse en portugués. Porén, até o de agora non se dispuña de ferramentas que permitisen unha tradución automática, gratuíta e confiábel entre o galego e o portugués.

Imaxin Software presentou este xoves o Opentrad galego-español-portugués, desenvolvido coa colaboración do Grupo Talg da Universidade de Vigo e de Paulo Gamallo, da USC.

Ler máis...
 
Nace o Vocabulario galego do baloncesto
Escrito por Kiko das Leiras   
Xoves, 05 de Xuño do 2008

VIEIROS - A Federación Galega de Baloncesto e Política Lingüística asinaron un acordo para levar a nosa lingua ás canchas. A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, asinou esta cuarta feira un acordo coa Federación Galega de Baloncesto (Fegaba) para promover actuacións de normalización da lingua galega nas canchas e nos clubes.

Do acordo sae que a entidade deportiva comprométese a editar en galego materiais de identidade corporativa (fichas, regras, estatutos, circulares, documentación identitaria), documentación e manuais da Escola de Adestradores. Tamén han deseñar, en colaboración con Termigal (Servizo de Terminoloxía Científico-Técnica en Lingua Galega), o Vocabulario galego do baloncesto, e crearase un Punto de Asesoramento Lingüístico para o persoal da Fegaba, ademais das ferramentas necesarias para que os clubes dispoñan de webs na nosa lingua.

Ler máis...
 
II Festa da Narración Oral de Galiza
Escrito por Kiko das Leiras   
Mércores, 04 de Xuño do 2008

Contar unha historia. Escoitar unha historia. Velaquí dúas maneiras de gozar a través da palabra. A narración oral é sempre un acto no que se mesturan pracer e xenerosidade. Porque, para que xorda a emoción, quen conta debe poñer a súa arte e sabedoría ao servizo do auditorio, e quen escoita deberá entregarse sen reservas.

Se así sucede, todos, todas, narradores e oíntes, acadarán igual sentimento de gozo mentres a narración discorre. E cal é a natureza profunda dese pracer? Quen sabe, tal vez resida na intuición de que se está a asistir a un momento irrepetible: por máis que a historia volva ser contada xa non será a mesma, como o río aquel.

Ler máis...
 
Radicais de 'Galicia Bilingüe' denunciam a AMI por editar um vídeo contra o ‘bilingüísmo harmónico’
Escrito por Kiko das Leiras   
Mércores, 04 de Xuño do 2008

 A associaçom ultradireitista ‘Galicia Bilingüe’, que promove a eliminaçom definitiva da língua galega e a culminaçom do processo de substituiçom lingüística, vem de denunciar a Assembleia da Mocidade Independentista (AMI) nas dependências da Polícia espanhola em Vigo.

O motivo da interposiçom da denúncia é o vídeo ‘Vilingüísmo’ onde se narra a luita dum fato de jovens galeg@s para defender a língua do País, parar o linguicídio e avançar face umha sociedade galega monolíngüe.

Ler máis...
 
Corenta mil persoas viron xa 'Pradolongo'
Escrito por Kiko das Leiras   
Mércores, 04 de Xuño do 2008

A pasada fin de semana, en Vilagarcía, tivo setecentos espectadores, superando mesmo a Indiana Jones. A Rúa, O Barco, Ourense, A Coruña, Lugo, Compostela, Narón, Marín, Cee, Lalín, Leiro, Vilagarcía... Pradolongo segue o seu camiño por todas as vilas e cidade do país.

Con atrancos, pelexando cada espazo para ser exhibida, pero co apoio do público, que proxección a proxección enche as salas. Pradolongo, un dos moi raros filmes rodados integramente en galego en toda a historia, está a demostrar que é posíbel, que se pode filmar unha película en galego e que, con esforzo, pódese distribuír e converterse en todo un éxito.

Ler máis...
 
O Victimismo de Marta rivera de la cruz.
Escrito por Tractoriano   
Martes, 03 de Xuño do 2008
A deputada do PPdeG Susana López Abella criticou hoxe que a consellería de Cultura ten "discriminada" a Marta Rivera de la Cruz, unha "premio planeta", presumibelmente porque non emprega a "fala galega". Tamén criticou que a homenaxe a mulleres represaliadas unicamente se centrase nas "mulleres de esquerdas", porque ao seu xuízo, o concepto de "vítima" refírese "á persoa en si mesmo" e non debe existir ningún "prexuízo ideolóxico".
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 109 - 120 de 426

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: Apoiamos a Isaac Diaz Pardo


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com