Xoves, 20 de Novembro do 2008
 
  Inicio arrow Novas de usuarios/as  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campańa:

O sistema de préstamo de libros ameaza ás pequenas editoriais galegas
Escrito por apana   
Venres, 11 de Xaneiro do 2008

 [vieiros] O sector editorial en galego está a sufrir fortes diminucións nos seus volumes de vendas tras a implantación do sistema de préstamo en 2003. Os resultados do informe amosan que en 2006 vendéronse un 25% menos de libros de texto que en 2001. Ante esta situación, as editoriais galegas vense obrigadas a publicar cada vez máis en castelán para lograr vender exemplares noutras comunidades do Estado Español.  Isto tradúcese nun descenso espectacular da producción de libros de texto en galego editados en Galiza unha producción que pasou do 94,6% dos títulos das editoriais integradas na AGE no 2000 a que no ano 2005 só se producisen en galego o 28,7% dos libros de texto editados en Galiza.

Ler máis...
 
Els partits independentistes que governen a Europa reclamaran la l'autodetermació
Escrito por apana   
Venres, 11 de Xaneiro do 2008

 [racócatalá]  Bloque Nacionalista Galego,  Esquerra Republicana de Catalunya, el , Eusko Alkartasuna, la Plaid Cymru i l'Scottish National PartySegons informa avui l'Agència Catalana de Notícies, aquests partits independentistes que tenen la característica de tenir responsabilitats de govern a les seves respectives nacions, impulsaran una declaració per exposar aquestes reivindicacions, inclosa una possible "ampliació interna" a la UE per donar accés als possibles nous territoris independents com a nous Estats membres. preguntaran de forma conjunta a la Unió Europea quina és la seva postura en cas de l'eventual independència d'un territori al sí de la UE. Tots 5 partits reclamaran el proper 19 de gener a Edimburg (Escòcia) que la UE reconegui i respecti el dret d'autodeterminació a tot el seu territori.

 
O robot de Sanidade non cońece o galego
Escrito por apana   
Venres, 11 de Xaneiro do 2008

[amesa] O Ministro de Sanidade presentou onte unha campaña baixo o lema “Habla con Robin”, dirixida especialmente á xente nova, para informar sobre sexualidade, doenzas de transmisión sexual e consumo de alcol. A campaña consiste nun bot, denominado Robin, que é un asistente automatizado que calquera pode agregar ao seu messenger, a través do enderezo Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver , e a través de aí formularlle as preguntas que considerar convenientes. Cando os usuarios ou usuarias agregan ese bot no seu msn, este preséntase e pregunta pola provincia da persoa coa que está a falar. Este servizo do Ministerio de Sanidade non recoñece os únicos nomes oficiais de Ourense e A Coruña, só aceptando como válidas as correspondentes deturpacións de *Orense e *La Coruña. No caso de pór o nome de lugar coa forma oficial, interrompe a conversa coa seguinte resposta: “Necesito algo de tiempo para pensar acerca de ello. Por favor, pregúntame más tarde.”

Ler máis...
 
Tonhito de Poi faise de 'Rasa loba'
Escrito por apana   
Venres, 11 de Xaneiro do 2008

 [malmequer] O que foi líder dos Heredeiros da Crus emprendeu recentemente un novo proxecto musical . "Eu son coma un rasa loba, coma eses cans bravos que sobreviven sós no monte, e non coma os cans de palleiro, resignados a vivir atados a un pexegueiro toda a vida". É a nova declaración de intencións de Tonhito de Poi, o músico que era mariñeiro e se fixo célebre liderando ao longo de máis dunha década os Heredeiros da Crus. Cun rock contundente e unhas letras gamberras en jallejo do Barbansa, os Heredeiros publicaron sete discos, venderon miles de copias e foron un referente na década dos anos 90 para toda unha xeración de mozos galegos. Despois do éxito musical, Tonhito dedicouse a outras facetas como a de actor ou guionista, pero nunca deixou de lado a súa inseparábel Sachadora, a guitarra coa que compuxo os primeiros temas de Heredeiros, e coa que viviu as primeiras sensacións como rockeiro. Próximos concertos.

Ler máis...
 
Indiana Jones falará galego?
Escrito por minhoca   
Xoves, 10 de Xaneiro do 2008

Image As Mocidades da Mesa exíxenlle á Xunta que o filme Indiana Jones e o Reino da Caveira de Cristal teña versión na nosa lingua. A distribuidora Paramount xa lle confirmou á Generalitat a dobraxe catalá. A sección xuvenil da Mesa pola Normalización Lingüística dirixiuse á Secretaría Xeral de Política Lingüística, dependente da Presidencia da Xunta, para que se dobre  ao galego o filme Indiana Jones e o Reino da Caveira de Cristal. O próximo título de Spielberg, novamente protagonizado por Harrison Ford, chegará ás carteleiras de toda Galiza o próximo 22 de maio.

Ler máis...
 
Concelleiros socialistas da Coruńa en guerra contra o galego
Escrito por ferreira   
Xoves, 10 de Xaneiro do 2008

Cargos electos do concello da Coruña néganse a asinar documentos en galego, esixindo a súa tradución ao español, e fan declaracións públicas asegurando que "non estan dispostos a aceptar imposicións" legais (Vieiros , 9-xan). Comeza así unha guerra contra o galego na que compiten en localismo e antigaleguismo co PP da Coruña, apoiados por senllas asociacións veciñais.

Ler máis...
 
A Mesa denuncia o incumprimento sistemático do decreto do galego
Escrito por apana   
Martes, 08 de Xaneiro do 2008

[amesa] O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, asegurou esta mañá en conferencia de imprensa que o decreto 124/2007 de galeguización do ensino, promulgado o pasado verán, non se está a aplicar na maioría dos centros. Segundo os datos que manexa a asociación en defensa da lingua, os incumprimentos son especialmente graves no tocante ao idioma no que se imparten as aulas, e de xeito “masivo” en educación infantil.  decreto 124/2007 foi ratificado xa por varias sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG), fronte ás denuncias xudiciais presentadas por colectivos contrarios ao galego, que perderon en todos os casos. O TSXG sinala que “o decreto do galego no ensino respecta os dereitos á liberdade e á igualdade recoñecidos na Constitución e non supón unha discriminación por razón de lingua”.

Ler máis...
 
A épica exemplar de Iria, unha neofalante urbana
Escrito por apana   
Sábado, 05 de Xaneiro do 2008
 
[galiciahoxe]  A pequena historia de Iria é a de moitas neofalantes da Galicia urbana. A determinación de vivir en galego provoca estrañas reaccións no contorno e fai emerxer actitudes que até daquela lle pasaran desapercibidas.  Iria anota, coma un entomólogo, curiosas condutas asociadas ao uso sen complexos do idioma. Despois de aturar unha primeira fase na que varias persoas monolingües (en castelán) tratan de convencela das excelencias do bilingüismo, comproba que a corrección política pode agriarse e pasar ao ataque persoal. Cumpriulle paciencia para afrontar o ruxe-ruxe no vecindario sobre os motivos da súa mudanza de idioma. E séntese orgullosa, asemade, cando entra nun comercio e se dirixe aos dependentes, cando lle piden a hora, cando un turista lle pregunta por algunha rúa. Lembra os versos do Leo: agacharlles a lingua aos visitantes sería como quitar a catedral do Obradoiro e poñer a de Burgos.
Ler máis...
 
A editorial Ir Indo publicará na rede a Enciclopedia Galega Universal a finais de xaneiro
Escrito por Kiko das Leiras   
Venres, 04 de Xaneiro do 2008
[Anosaterra.com] Segundo o Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información, ou PEGSI, a presenza do galego na rede é escasa, sendo un reflexo da preocupante situación do galego na nosa sociedade: medios de comunicación locais e rexionais que utilizan de forma principal o castelán, baixo uso no ámbito profesional, abandono progresivo por parte da xuventude… En resumo, a normalización lingüística do galego está lonxe de ser unha realidade e Internet non é unha excepción. Porén, o escaso número de contidos en galego na virtual arañeira non é só un reflexo da situación da lingua, senón tamén un reto e unha oportunidade de obrigado aproveitamento para mellorar a posición e recoñecemento social da lingua.
Ler máis...
 
Os Reis Magos recibirán máis de 22.000 cartas en galego grazas a unha campańa da Mesa
Escrito por Kiko das Leiras   
Mércores, 02 de Xaneiro do 2008

ImageA asociación en defensa da lingua distribuíu tamén medio millón de etiquetas para decorar os agasallos no noso idioma. Melchor, Gaspar e Baltasar xa teñen todo a punto para repartir, na noite do día cinco, os seus agasallos a nenos e nenas de todo o mundo. Dun ao outro confín, chegan as cartas nas que os cativos expresan os seus desexos nas súas linguas propias, e por suposto, tamén en galego. Grazas a unha campaña específica da Mesa pola Normalización Lingüística, en colaboración con dez concellos galegos (A Coruña, Santiago, Redondela, Arteixo, Ames, A Estrada, Poio, Tomiño, Cuntis e Cotobade), os Magos de Oriente recibirán máis de 22.000 cartas no noso idioma.

Ler máis...
 
Novo círculo lítico prehistórico en perigo. Posiblemente o único que nos queda
Escrito por apana   
Sábado, 29 de Decembro do 2007

 [GZnación] Veciños de As Pontes integrados na 'Plataforma en defensa do patrimonio de As Pontes', denunciaron hoxe que a construción do parque eólico da empresa Eólicas do Noroeste S.L. supón unha ameaza para o círculo lítico do Bidueiral, na parroquia de O Freixo. A Plataforma denuncia que a construción dunha gabia de cableado, que unirá o parque coa subestación de San Xoán, invadirá a zona de protección arqueolóxica. Ante a posíbel deterioración do monumento, a entidade solicitará a súa consideración como Ben de Interese Cultural.

Ler máis...
 
De cantares ou lendas: protexe e difunde o patrimonio
Escrito por Kiko das Leiras   
Xoves, 27 de Decembro do 2007

[Vieiros] A asociación Ponte nas Ondas convoca a segunda edición dun concurso nado para estimular a recuperación e coñecemento do patrimonio inmaterial galego-portugués. Na procura de achegar ás novas xeracións a nosa cultura tradicional "para evitar rachar a cadea de transmisión dos saberes que a compoñen", creouse o Certame de Recolla da Tradición Oral, que chega agora á segunda edición. Anímase así ao alumnado de todos os centros educativos de Galiza e Portugal, de Infantil até a Universidade, a participaren nesta iniciativa. 

Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Seg. > Remate >>

Resultados 265 - 276 de 465

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campańa: Apoiamos a Isaac Diaz Pardo


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recońecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com