Venres, 21 de Novembro do 2008
 
  Inicio arrow Novas de usuarios/as  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Dimensiona

Hoxe xoga Galiza!
Escrito por Kiko das Leiras   
Xoves, 27 de Decembro do 2007

A CiberIrmandade apoia ós nosos xogadores e xogadoras dende a Rede e dende o campo de Balaídos. Adiante Galiza!!

  

Ler máis...
 
Galiza queda sen estudos de Ciencias Políticas
Escrito por minhoca   
Sábado, 22 de Decembro do 2007

A partir de agora os mozos galegos que queiran estudar Ciencias Políticas, terán que marchar fóra do noso país. O novo plano aprobado estes dias na facultade de Ciencias Políticas e Sociais da USC, elimina a denominación de Ciencias Políticas do futuro plan de estudos e opta por: "Grao en Xestión Pública" (nome de titulación existente en Pontevedra). Co cal, non só se deixan de ofertar un tipo de estudos, que tiñan bastante demanda, senón que de duplica outra titulación. Este grao adaptado a Boloña, comezará a se impartir no vindeiro curso 2008-2009 de xeito experimental.

Ler máis...
 
Éxito único dun grupo de funk-rock galego. Loretta Martin teñen actuacións todas as semanas até maio
Escrito por apana   
Sábado, 22 de Decembro do 2007
[falcatruada] Os tres integrantes de Loretta Martin montan na furgoneta para lograr un fito único en Galicia: dende xaneiro até maio tocarán todas as semanas, sen faltar nin unha soa, por diferentes lugares da nosa xeografía. Logo da súa presentación no pub Rock and Roll da súa cidade o venres 21 de decembro, o trío de funk-rock coruñés métese de cheo no "Paraíso Tour", no que debullarán os temas que poderá incluír o seu segundo álbum. Podes escoitar e ver clips seus aquí.
 
TVE insiste en reducir os escasos espazos para o galego
Escrito por Kiko das Leiras   
Martes, 18 de Decembro do 2007

[XORNAL] O Director de RTVE, Luis Fernández, asegurou esta mañá ao portavoz do BNG no Congreso, Francisco Rodríguez, “carecer dos dados” e sinalou que “vai corroborar e confrontar a información do BNG” sobre a redución en dous minutos do espazo informativo territorial na Galicia de TVE.
O deputado do BNG interpelaba esta mañá na Comisión de control parlamentar de RTVE ao Director do Ente sobre as razóns da redución do tempo da única desconexión de TVE en galego, o espazo informativo das 14.00 horas. “Según comprobamos, a televisión pública estatal reduciu aínda máis o xa de por si raquítico espazo de 20 minutos da desconexión en galego. Estamos referíndonos a unha redución do 10% da programación e sabe perfectamente que dous minutos en televisión son moi importantes”.

Ler máis...
 
ADEGA entrega os premios OSÍXENO e DIOXINA para premiar á millor e pior actuación ambiental do 2007
Escrito por Kiko das Leiras   
Martes, 18 de Decembro do 2007

Premio OSÍXENO á millor actuación/actitude ambiental do 2007:
    -Categoría colectivo: Plataformas contra o Plano Acuícola.
    -Categoría individual: ao profesor, Xoán Ramón Vidal Romaní.
Premio DIOXINA á actitude ou actuación máis agresiva e insustentábel:
    -Categoría colectivo: ao grupo de empresas Villar Mir.
    -Categoría individual: ao alcalde de Cervo, Alfonso Villares Bermúdez.

Ler máis...
 
A CIG-Ensino e o MpDC presentan unha Unidade Didáctica sobre os Dereitos Humanos
Escrito por Kiko das Leiras   
Sábado, 15 de Decembro do 2007

 O pasado luns día 10 de decembro, a CIG-Ensino e o Movemento polos Dereitos Civís conmemoraron o día dos Dereitos Humanos presentando unha Unidade Didáctica sobre os dereitos das persoas. Este material educativo será enviado a todos os centros de ensino secundario de Galiza. Ao acto asistiron o secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, o voceiro do MpDC, Renato Núñez, e o autor da Unidade Didáctica, Xoán Carlos Garrido.

O material educativo será enviado a todos os centros de ensino secundario de Galiza. 

Ler máis...
 
Xustiza distribue textos legais en castelán
Escrito por ghalleiras   
Venres, 14 de Decembro do 2007

A Dirección Xeral de Xustiza esta a distribuir textos legais en castelán nos órganos xudiciais galegos. Ademais, a empresa editora dos libros é foránea, de Valencia. No anterior goberno, os textos que se repartian nos Xulgados galegos, ademais de editados pola propia Xunta de Galiza, estaban en galego.

A nova completa en InfoRosal.com 

 
Telefónica de España y olé! (crónica da indignación)
Escrito por Kiko das Leiras   
Mércores, 12 de Decembro do 2007
 
[Inforosal.com] 9:45 h. A.M. Conecto o ordenador do meu lugar de traballo e comprobo, un día máis, que o servizo ADSL funciona con dificultades. Ante o abraio dos meus colegas comezo contar os segundos que tarda en descargarse un páxina calquera. Son moitos, en realidade tarda minutos. Daquela consideramos oportuno pórnos en contacto con Telefónica para ver que é o que pasa.
Ler máis...
 
A UE gaba o bilingüismo catalán
Escrito por apana   
Luns, 10 de Decembro do 2007

 [diarioibérico] O comisario de multilingüismo da Unión Europea, Leonard Orban, valorou como "moi interesante" a súa primeira visita oficial en Catalunya, para coñecer de primeira man o que cualificou de "algunhas boas prácticas no campo do multilingüismo". Algunhas destas experiencias servirán por enriquecer a nova estratexia de multilingüismo que a Comisión está preparando para o ano 2008. Sobre a situación sociolingüística de Catalunya, o comisario referiuse os comentarios que algúns membros da comunidade rumana de Catalunya  lle fixéron durante esta visita. Así, declarou que "é sorprendente a facilidade con que os cidadáns de Catalunya poden cambiar dunha lingua á outra", definindo a situación como de "bilingüismo, sen problemas nin tensións, que tende cara a multilingüismo".

Ler máis...
 
Ares Galaxy un dos programas P2P máis empregados xa ten tradución ao galego
Escrito por apana   
Domingo, 09 de Decembro do 2007
 
Rematada a tradución ao galego do famoso programa P2P de código aberto AresGalaxy 2.0.9. A forma de instalala é sinxela, en Ubuntu se o executas baixo Wine tes que arrastrar o ficheiro a Wine>Browse: C>Program Files>Ares>lang. En windows  hai que arrastralo  a Program Files>Ares>lang  entre as outras linguas. Despois  abrir o Ares e seleccionar o idioma no control. Pódela descargar aquí.
 
O Superior ratifica a legalidade do decreto do galego no ensino
Escrito por apana   
Domingo, 09 de Decembro do 2007

 [farodevigo] O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia cre que o decreto do galego no ensino respecta o dereito á liberdade e a igualdade recoñecidos na Constitución e non supón unha discriminación por razón de lingua. Esta é a resposta que os maxistrados da sala do Contencioso-Administrativo do alto tribunal galego deron a unha asociación minoritaria e a un particular de Vigo que pediu que o seu fillo recibise todas as clases en castelán. A sala do TSXG argumenta que o principio de cooficialidad que recoñece a Constitución Española  non é un dereito fundamental e recorda que o dereito á educación, que si o é, non implica que o ensino deba ser impartido  nun ou outro dos idiomas oficiais. O argumento do tribunal galego non é novo, xa que a propia sentenza precisa que, no caso do catalán, o Tribunal xa fallou no ano 1994 que o uso da lingua propia da comunidade como a normal dentro da Administración educativa está dentro de "os parámetros constitucionais".

Ler máis...
 
Cadro de Contas do novo Plan Xeral de Contabilidade 2007 en galego (RAG)
Escrito por xancinho   
Sábado, 08 de Decembro do 2007

 O Consello de Ministros aprobou o pasado 16 de novembro os novos Plan Xeral de Contabilidade e o Plan Xeral de Contabilidade para pequenas e medianas empresas, que entrarán en vigor o un de xaneiro de 2008.  Mentres agardamos unha máis que improbable tradución ao galego de ditos plans (polo menos por parte das Administracións Públicas), a CiberIrmandade pon ao dispor de quen o desexe o Cadro de Contas do novo Plan Xeral de Contabilidade 2007 traducido ao galego (RAG) por Xoán Castro García coa axuda de Traducíndote (baseado en  Opentrad). 

Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Seg. > Remate >>

Resultados 277 - 288 de 465

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: PuntoGal


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com