Domingo, 07 de Setembro do 2008
 
  Inicio arrow Novas de usuarios/as  
Obxetivo: Amnistía Internacional, parabéns e suxestión. (16.06.2008)

 Amnistía Internacional vén de celebrar os 30 anos da súa legalización no Estado Espanhol, e 20 de presenza continuada na Galiza. A Ciberirmandade quere sumarse cos parabéns evidentes polo aniversario e máis polo traballo feito e cunha suxestión que ten que ver coa pouca sensibilidade de  A.I. a respecto das distintas linguas do Estado, que se plasma na falta de opción de galego, catalán e euskera na web da “sección Española” de  A.I., así como nas campañas de envío de correos electrónicos que remiten ás/aos soci@s e colaboradores.

Cremos que unha organización como A.I. non debería de ter maior problema, nin polos valores e principios que defende, nin polos recursos que se lle supoñen, en satisfacer os dereitos lingüísticos das distintas comunidades do Estado. Por todo isto animámosche a enviarlles este prego de felicitación e suxestión.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña:

O Rexistro Civil da Coruña comeza a funcionar en galego
Escrito por Kiko das Leiras   
Martes, 23 de Outubro do 2007

Os rexistros de matrimonios e nacementos pódense realizar na lingua do país a partir deste luns, e antes de rematar o ano, tamén nas outras seis grandes cidades. O Rexistro Civil da Coruña pon en marcha este luns a aplicación informática Inforeg 4, que vai permitir que os cidadáns que así o soliciten poidan inscribir en galego a declaración de nacemento dun fillo, un matrimonio ou calquera outro trámite sobre o seu estado civil.

Ler máis...
 
Xornadas "O Miño, unha corrente de memoria" en Goián (Tomiño)
Escrito por ghalleiras   
Venres, 19 de Outubro do 2007

A Comisión pola Verdade do 36 organiza en Goián (Tomiño) as Xornadas “O Miño, unha corrente de memoria” que tratarán sobre as relacións entre as poboacións da raia no 36. Serán inauguradas hoxe 19 de outubro, pola Delegada da Consellaría de Cultura e a Alcaldesa de Tomiño. Haberá varias mesas redondas onde participarán algúns dos protagonistas da época, ademais da proxección de varios documentais, como  "O campo de concentración de Camposancos", de Xosé Ballesta, "A derradeira lección do mestre", dirixido por Xoán Carlos Garrido ou "Os traballadores do contrabando", de Victor Abundancia entre outros. Pódese ver todo o programa das Xornadas en InfoRosal.com

 
Heroes: o primeiro DVD dunha serie americana en Galego
Escrito por minhoca   
Luns, 15 de Outubro do 2007

Logo das peticións dos seguidores da famosa serie "Heroes ", que ven de emitir a TVG este verán, Universal Pictures Iberia lanza o mércores 17 de Outubro a Primeira Tempada Completa da serie co son opcional en galego. Trátase da primeira vez que unha "major" americana fai expreso o seu respecto pola lingua Galega, e edita e distribúe una serie ou película con pistas de son na nosa língua. Logo do tempo que houbo que agardar para este fito, e das dificultades achadas polo camiño, desexamos que os seguidores da serie e o público galego en xeral fagan deste lanzamento pioneiro un éxito que lle dea pulo á empresa americana para voltar a inverter diñeiro na difusión da lingua galega, e o seu respecto; e así animar a outras empresas estatais ou estranxeiras a ir erguendo o tecido audiovisual de consumo en lingua galega, tan importante para nós.

Ler máis...
 
En doce anos, o galego pasou de ser a lingua inicial do 60% dos galegos a selo só do 20%
Escrito por minhoca   
Xoves, 11 de Outubro do 2007

ImageA Mesa pola Normalización Lingüística analiza “con suma preocupación” as estatísticas publicadas recentemente sobre a lingua inicial en Galiza, que sinalan que o galego pasou de ser o primeiro idioma dun 60,3% dos galegos en 1992 a ocupar a posición minoritaria, do 20,6%, no ano 2004. A situación nas cidades é especialmente grave. Por exemplo, só ao 1,6% dos ferroláns e ao 4,3% dos vigueses lle falaron seus pais en galego. 

Ler máis...
 
O Psoe impide que as Normas do galego sexan publicadas no DOG
Escrito por apana   
Martes, 09 de Outubro do 2007

[GZnación ] A abstención do PSOE impediu onte a aprobación dunha proposición non de lei do BNG debatida na Comisión Institucional, na que se pedía a publicación das normas do galego no Diario Oficial de Galicia (DOG).  Esta postura  inexplicable amosa o falso interés dos socialistas polo idioma propio da Galiza. Despois de catro anos as normas aínda non foron publicadas no Diario Oficial.

Ler máis...
 
Roteiro en defensa da Ría de Vigo. A RÍA NON SE VENDE!
Escrito por manuel meixide   
Martes, 09 de Outubro do 2007

Unha marcha a pé en catro etapas que percorrerá a nosa ría desde Cangas a Monteferro, organizada polos colectivos integrados na Plataforma A RÍA NON SE VENDE (*), do 11 ó 14 de outubro de 2007, como chamada de atención ante os graves problemas medioambientais que este espazo ten prantexados.

Ler máis...
 
VII Conferencia de nacións sen estado. A reforma das institucións internacionais
Escrito por minhoca   
Luns, 08 de Outubro do 2007

 A Fundación Galiza Sempre participa na VII Conferencia de Nacións sen Estado de Europa (CONSEU) que se celebrará no Val de Aosta do 12 ao 14 de outubro baixo o lema "AS NACIÓNS SEN ESTADO E A REFORMA DAS INSTITUCIÓNS INTERNACIONAIS". Xosé Manuel Beiras, presidente da fundación, presentará unha ponencia o sábado 13 con consideracións e propostas en torno á reforma da Asamblea Xeral das Nacións Unidas.

Ler máis...
 
Rajoy equivócase de país ou de medicación?
Escrito por apana   
Domingo, 07 de Outubro do 2007

[MundoGaliza] O presidente do PP, Mariano Rajoy, comprometeuse a promover unha lei que garanta o dereito a usar o castelán no ámbito escolar en todas as administracións, iso se resulta elixido xefe do Executivo central nas vindeiras eleccións xerais.
Nunha conferencia sobre as prioridades de España pronunciada en Vigo, Rajoy sinalou que o seu proxecto de goberno non acepta as "manipulacións" con respecto á cuestión lingüística, porque segundo el "non se trata de non falar noutras linguas, senón de garantir que se poida usar o castelán en todo o territorio".

Ler máis...
 
Queren roubarnos as casas, a costa... e agora os montes. SOS Groba
Escrito por manuel meixide   
Mércores, 03 de Outubro do 2007

Antes expropiaba o Estado en nome do “ben común”, para facer unha estrada ou un embalse. Agora, as grandes empresas poden expropiarnos para facer unha urbanización, ou unha piscifactoría, ou poden industrializar o monte en man común. Levaban anos falando de que a propiedade privada é sagrada, e eu, coitado, non o entendín ben. A sua propiedade é sagrada, a nosa non.

Ler máis...
 
Comissão Promotora da Academia Galega da Língua Portuguesa organiza evento
Escrito por mdl   
Mércores, 03 de Outubro do 2007

ImageConferências em Compostela, com os professores Evanildo Bechara, da Academia Brasileira de Letras, e Malaca Casteleiro, da Academia das Ciências de Lisboa à segunda-feira 8 de Outubro, na Faculdade de Filologia, polas 12 horas. Este é o primeiro acto público da Comissão Promotora da Academia Galega da Língua Portuguesa.

Ler máis...
 
Os altos cargos da Xunta en "Caiga Quien Caiga"
Escrito por minhoca   
Martes, 02 de Outubro do 2007

O martes 2 de outubro, ás 23:45, telecinco emitirá no apartado "¡Proteste ya!" do programa "Caiga Quien Caiga", unha reportaxe de denuncia do sobresoldo vitalicio que recibirán os ex-altos cargos da Xunta. Din no web de telecinco: "Esta semá Gonzo trasladouse a Galiza alarmado pola recente aprobación dunha lei que dota aos ex-altos cargos da Xunta dun plus salarial de 15.000 € anuais. A reportaxe percorreu as corredoiras do Parlamento galego e asistiu a unha manifestación de funcionarios en protesta pola nova lei". A manifestación foi convocada pola CIG, dentro da sua campaña para derrogar o plus . Nota: video dispoñibel en http://br.youtube.com/watch?v=Pqt57D3poVU

 
Máis de 1200 profesores participantes nas Xornadas de Ensino apoian o Decreto do Galego nas escolas
Escrito por apana   
Martes, 02 de Outubro do 2007

[GZnación] Máis de 1.200 docentes participaron esta fin de semana nas Xornadas do Ensino e Encontros Pedagóxicos que organizou a CIG-Ensino e a AS-PG nas cidades da Coruña, Ferrol, Lugo, a Mariña Luguesa, Ourense, Santiago, Pontevedra e Vigo, onde se acordou reclamar á consellaría de Educación que aplique “na súa totalidade” o Decreto 124/2007 polo que se regula o uso e promoción do galego no sistema educativo.

Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Seg. > Remate >>

Resultados 289 - 300 de 409

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Activa Galicia - activa o galego 
Solidariedade civil
Campaña: PuntoGal


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com