Xoves, 20 de Novembro do 2008
 
  Inicio arrow Novas de usuarios/as  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña:

Coarto aniversario do web da Peña da Canteira Celtista
Escrito por Medulio   
Domingo, 11 de Novembro do 2007

Canteira CelesteFundada en 1999, a Peña da Canteira Celtista ten presenza na Internet co seu sitio web dende novembro do 2003, ofrecendo dende entón unha chea de información relacionada coas actividades propias e compartidas así como, por suposto, toda a información de interese que atinxe ó Celta de Vigo en tódalas súas seccións e categorías. Unha das súas señas de identidade foi o uso da nosa lingua de xeito cotián e exemplar amosando unha personalidade propia e unha galeguidade que, aínda hoxe, debería servirlles de exemplo ós rectores do propio clube olívico.

Noraboa polo aniversario e parabéns por un traballo tan ben feito.

 
Ladrillos sobre muralla castrexa en Porto Nadelas, Porto do Son
Escrito por apana   
Venres, 09 de Novembro do 2007

[manuelgago.org] Se o concello de Porto do Son tivera a metade de preocupación en coidar o seu patrimonio que en conceder esas licencias urbanísticas que van a machacar o potencial turístico e económico do seu privilexiado litoral, non se tolerarían barbaridades como esta. Estamos no castro de Porto Nadelas, na parroquia de Queiruga. Non é un lugar calquera: fortemente vinculado ao folclore local, e situado entre os asentamentos tamén castrexos de Baroña e a Illa do Mar, Porto Nadelas é un fermoso lugar. O antigo poboado está rodeado de acantilados mariños por tres dos seus catro lados, e o tempo cubriu as súas ruínas con area; baixo ela, percíbense estruturas pétreas.

Ler máis...
 
Crianças devem aprender várias línguas em simultâneo
Escrito por apana   
Venres, 09 de Novembro do 2007

[Diario Digital] A criança deve aprender várias línguas em simultâneo, estimulada por jogos e programas didácticos, segundo um estudo do investigador Alberto Sousa apresentado hoje no âmbito do 1ºcongresso internacional sobre Arte, Cérebro e Linguagens."Considera-se a educação não como uma transmissão do saber, mas como uma formação do ser, onde todas as programáticas são objectivadas para o desenvolvimento das capacidades da criança», referiu Alberto Sousa, investigador da neuropsicologia da linguagem. O método criado por Alberto Sousa, que se baseia na neuro-psicolinguística, sugere a abordagem em simultâneo das línguas portuguesa, francesa, inglesa e alemã."

Ler máis...
 
O número de galegos que non se senten españois pasa do 6,4 ao 20%
Escrito por apana   
Venres, 09 de Novembro do 2007
 [xornal.com] Na recente enquisa de Bertelsmann, a penas un 20% dos galegos non se identifican con España. O problema é que a enquisa de Clima Social feita pola Xunta hai un ano, o número de galegos que non se sentían españois era do 6,4%. Ainda que as cifras non son exactamente comparables (unha equisa preguntaba pola identificación con España e outra, por si un síntese únicamente galego), si pode servir para ver nelas unha clara tendencia. 
Ler máis...
 
Oculta identidade, a primeira ciberserie en galego da internet
Escrito por Kiko das Leiras   
Xoves, 08 de Novembro do 2007

"Oculta identidade" xorde como un proxecto colectivo entre estudiantes de produción audiovisual do EIS Imaxe e Son da Coruña. Unha trama rebuscada pero impactante. Bruno Nieto será o director xunto a Oscar Pereira, María Galdón e Carmen Álvarez ocuparan os seus postos de produción. Contaremos coa participación de actores como son David Pájaro, Alberto Castro, Marta Vich, Katiana López ou Marcos Martínez entre outros. 

Ler máis...
 
Nota dos veciños de Corrubedo sobre as reaccións a manifestación do 4N
Escrito por Kiko das Leiras   
Xoves, 08 de Novembro do 2007

Os grupos convocantes á manifestación do pasado día 4 de novembro en Corrubedo, e en particular esta Comisión de Veciños, consideramos un éxito absoluto a convocataria tanto en número de persoas como diversidade dos grupos que asistiron e amosaron o seu máis rotundo rexeitamento a este Plan, que non pode ser amañado de ningún xeito con medidas cosméticas. Desde aquí queremos agradecer sinceiramente a tódolas persoas e colectivos participantes o seu apoio á defensa desta nosa terra. Que o bipartito tome boa nota.

Ler máis...
 
Organismo internacional rexeita o valenciano como lingua distinta do catalán
Escrito por apana   
Mércores, 07 de Novembro do 2007

 [Avui] Sil Internacional, entidade que xestiona os códigos ISO que fan referencia ás linguas do mundo, rexeita a proposta da Academia da cultura valenciana de crear un código ISO "val" diferenciado do "ca" que identifica á lingua catalana. A unidade da lingua catalana quedou deste xeito reafirmada por un organismo internacional competente. Desapróbase así, o secesionismo bibliográfico que aplica a Biblioteca Nacional española ao diferenciar os libros escritos en catalán da variante valenciana. A profesionalidade dos dirixentes desta biblioteca queda en moi mal lugar. 

Ler máis...
 
Santiago converterase na capital mundial da arquitectura esta fin de semana
Escrito por Medulio   
Martes, 06 de Novembro do 2007

Libro Álvaro SizaOs vindeiros días 8, 9 e 10 de novembro terán lugar en Santiago os 'Quintos Encontros Internacionais de Arquitectura', no Pazo de Congresos e Exposicións da Galiza que contará coa presenza de diversos poñentes ben coñecidos do mundo da arquitectura e a asistencia de máis dun milleiro de arquitectos e estudantes procedentes de todo o mundo, ademais dunha mostra paralela de construción de acceso ceibe e gratuito.

No mesmo ámbito informativo en relación coa defensa da nosa Lingua e Cultura, a editorial Verlibros ven de publicar o libro 'Álvaro Siza, conversas no obradoiro' que será presentado o vindeiro sábado, día 10 de novembro ás 13:30 h. na libraría Couceiro tamén de Santiago, en presenza do autor, Manel Somoza e do propio Álvaro Siza. Verlibros é un proxecto editorial de libros de arte, fotografía, arquitectura e viaxes, que combinan o pensamento, a literatura, o diálogo e a imaxe, fixa ou en movemento e que aposta pola lingua galega como medio de expresión.

 
Pujol denuncia que algúns taxistas madrileños expulsan os usuarios que falan catalán polo móbil
Escrito por apana   
Martes, 06 de Novembro do 2007

 [La Vanguardia]O dirixente nacionalista reproduce dúas "anécdotas" noxentas. Nunha delas un empresario amigo seu, viu abraiado como o taxista que o levaba parou o taxi e chimpouno fóra, de mal grado e comentando: "No consiento que en mi taxi se hable catalán". Este viaxeiro fixo o que non debía  segundo Pujol, isto é, acceder ás pretensións do cavernícola. 

Ler máis...
 
Presentada en Lugo a primeira queixa colectiva por incumprimento da lexislación lingüística
Escrito por Kiko das Leiras   
Martes, 06 de Novembro do 2007

ImageMembros da Mesa pola Normalización Lingüística na zona presentaron o 24 de outubro no Rexistro do Concello de Lugo un dossier duns 150 folios no que se detallan toda unha serie de actuacións municipais contrarias á Lei de Normalización Lingüística. O responsábel de zona da Mesa en Lugo, Fernán Xosé Mourenza, denuncia o “silencio administrativo como resposta” por parte desta institución pública diante de todas as reclamacións anteriores presentadas pola Mesa. 

Ler máis...
 
CORRUBEDO 4N: Camiño da Dignidade
Escrito por Kiko das Leiras   
Luns, 05 de Novembro do 2007
 Dende a Plataforma Medioambiental de Corrubedo, un dos moitos colectivos que onte, 4 de novembro, marcharon en Corrubedo contra a desfeita irreversíbel que pode supor o Plano Acuícola da Xunta, queremos manifestar o noso orgullo por formarmos parte da Galiza digna, da mesma que se move polo amor a terra e da mesma que se ergue por fin e para sempre nun berro colectivo contra a violación do mellor de nós, que son as nosas paisaxes, os nosos mares, os nosos cantís, as nosas tradicións, a terra galega toda. Non imos entrar na tradicional danza de cifras post-mobilización porque calquera pode percibir que onte, en Corrubedo, no cabo verde, houbo milleiros de persoas. 
Ler máis...
 
A ASPG convoca o VIII concurso de relato oral para cativos
Escrito por apana   
Xoves, 01 de Novembro do 2007

A Asociación Socio-Pedagóxico Galega convoca outravolta o concurso de relato oral "Tíralle da lingua" na  súa oitava edición. Historias de base popular contadas en galego por nenos de varios niveis educativos serán valoradas nos sucesivos procesos de selección até chegaren á final nacional.

Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Seg. > Remate >>

Resultados 325 - 336 de 465

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: PuntoGal


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com