Venres, 21 de Novembro do 2008
 
  Inicio arrow Novas de usuarios/as  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Dimensiona

A Mesa denuncia dous casos de grave discriminación lingüística no Sergas
Escrito por Kiko das Leiras   
Mércores, 31 de Outubro do 2007
 
A unha pediatra do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo non lle admiten as solicitudes de probas radiolóxicas porque as pide en galego. A Mesa pola Normalización Lingüística denunciou publicamente dous novos casos de discriminación lingüística dentro do Servizo Galego de Saúde, un organismo sobre o que segundo Carlos Callón, presidente da asociación en defensa da lingua, se están a recibir “reiteradas queixas” por non garantir o dereito dos usuarios a expresarse e a ser atendidos en galego, “a pesar de que é plena competencia da Xunta de Galiza”.
Ler máis...
 
Hoxe ingresan na cadea os 3 do Eixo
Escrito por Kiko das Leiras   
Martes, 30 de Outubro do 2007

A CiberIrmandade da Fala quere colaborar en espalhar esta información colada do blog dos 3 do Eixo e amosar a súa solidariedade con eles: As asociacións veciñais do concello de Santiago convocan unha concentración na dársena de autobuses da Avenida de Xoan XXIII o martes 30 de Outubro ás 19 horas. Queremos mostrar o noso apoio aos tres veciños do eixo no momento do seu traslado á prisión. Para aquelas persoas que queiran acompañalos a Teixeiro, sairán autobuses dende o mesmo lugar.

LIBERDADE PRA OS 3 DO EIXO xa!! 

 
A CIG presenta unha iniciativa lexislativa popular para eliminar o plus para os altos cargos
Escrito por apana   
Martes, 30 de Outubro do 2007
[GZnación] A CIG rexistrou hoxe no Parlamento galego o texto dunha iniciativa lexislativa popular para impulsar o cambio da última reforma da Lei de Función Pública e eliminar o polémico sobresoldo para os ex altos cargos. En declaracións aos medios tras entregar o escrito no Rexistro da Cámara, o secretario xeral do sindicato nacionalista, Suso Seixo, explicou que agora a Mesa do Parlamento debe decidir nun mes se acepta a proposta. En caso afirmativo, a CIG dispón de catro meses para recoller as 15.000 firmas necesarias para que a iniciativa sexa debatida en pleno. Algo que segundo Seixo non será un problema “até obteremos máis apoios", augurou.
Ler máis...
 
O galego entra na web da Comisión Europea
Escrito por Kiko das Leiras   
Luns, 29 de Outubro do 2007
 
A lingua galega vai conquistando pequenos espazos en Europa. Pero a pasos lentos. Dende hoxe, a web da Comisión Europea conta cun espazo no que se difunden noticias en galego , catalán e vasco, ademais de en castelán. Trátase de A través de Europa, un apartado dentro do do portal da Comisión no que os Estados membros publican as súas noticias, que a partir de agora se poderán atopar tamén nas linguas cooficiais.
Ler máis...
 
Liberado "Trisquel 1.5" a única distribución galega de Linux
Escrito por apana   
Sábado, 27 de Outubro do 2007

Vén de ser liberada a nova versión do sistema operativo galego "Trisquel 1.5" , que seguindo a tradición desta distribución leva o nome de "Sirona", deusa celta, neste caso centroeuropea. As melloras son considerables con respecto á  última versión "Arianrhod", entre outras unha maior dotación de drivers(1700) e soporte para 1500  impresoras. 

Ler máis...
 
Nova fonte galega: Comic Arousa
Escrito por Kiko das Leiras   
Sábado, 27 de Outubro do 2007

Dende Ipanema gráfica informan: Nasce a Comic Arousa, inspirada na celebérrima tipografia criada por Vincent Connare em 1994, Comic Sans, que todos temos visto desde em letreiros de comércios até em documentos oficiais de hospitais.

A ideia foi criar umha tipografia semelhante a esta com traços da tipografia tradicional galega, e o resultado é umha fonte que a moitos lhe fará lembrar aqueles trabalhos de B.U.P. redigidos em Word. Quem nunca empregou Comic Sans?

Ler máis...
 
Reprodutor Multimedia Songbird en galego!
Escrito por Kiko das Leiras   
Sábado, 27 de Outubro do 2007

O Songbird é un reprodutor multimedia multiplataforma (linux, windows, mac) gratuíto e libre, vinculado á Fundación Mozilla. O Songbird aproveita así moita da arquitectura que está facendo trunfar aos produtos da casa Mozilla, e conta entre as súa funcionalidades cun navegador web integrado, a posibilidade de incorporar extensións desenvolvidas polos usuarios, integración con dispositivos portátiles (iPods, USB e demais), unha boa política de control da privacidade sobre os teus ficheiros multimedia (audio e vídeo), pódese integrar co Audioscrobbler da last.fm… Fai todo o que fan outros reprodutores que non son de código aberto, e ademais faino ben, bonito, e barato.

Ler máis...
 
Nace "Retranca" a nova revista galega de humor.
Escrito por apana   
Xoves, 25 de Outubro do 2007

 {Xeración web} A partir do vindeiro mes de novembro unha nova revista mensual de humor galego chega aos quioscos. Trátase de Retranca, unha publicación dirixida polo autor pontevedrés e ciberirmandiño de pro, Kiko Da Silva, A revista nace coa pretensión "de recuperar a longa tradición humorística galega". Coa Santa Compaña como mascota e o lema 'lerasnos de morto se non nos les de vivo'', Retranca distribuirá unha tirada inicial de 8.000 exemplares en quioscos de todo o país a un prezo de 2,20 euros.

 

Ler máis...
 
O Rexistro Civil da Coruña comeza a funcionar en galego
Escrito por Kiko das Leiras   
Martes, 23 de Outubro do 2007

Os rexistros de matrimonios e nacementos pódense realizar na lingua do país a partir deste luns, e antes de rematar o ano, tamén nas outras seis grandes cidades. O Rexistro Civil da Coruña pon en marcha este luns a aplicación informática Inforeg 4, que vai permitir que os cidadáns que así o soliciten poidan inscribir en galego a declaración de nacemento dun fillo, un matrimonio ou calquera outro trámite sobre o seu estado civil.

Ler máis...
 
Xornadas "O Miño, unha corrente de memoria" en Goián (Tomiño)
Escrito por ghalleiras   
Venres, 19 de Outubro do 2007

A Comisión pola Verdade do 36 organiza en Goián (Tomiño) as Xornadas “O Miño, unha corrente de memoria” que tratarán sobre as relacións entre as poboacións da raia no 36. Serán inauguradas hoxe 19 de outubro, pola Delegada da Consellaría de Cultura e a Alcaldesa de Tomiño. Haberá varias mesas redondas onde participarán algúns dos protagonistas da época, ademais da proxección de varios documentais, como  "O campo de concentración de Camposancos", de Xosé Ballesta, "A derradeira lección do mestre", dirixido por Xoán Carlos Garrido ou "Os traballadores do contrabando", de Victor Abundancia entre outros. Pódese ver todo o programa das Xornadas en InfoRosal.com

 
Heroes: o primeiro DVD dunha serie americana en Galego
Escrito por minhoca   
Luns, 15 de Outubro do 2007

Logo das peticións dos seguidores da famosa serie "Heroes ", que ven de emitir a TVG este verán, Universal Pictures Iberia lanza o mércores 17 de Outubro a Primeira Tempada Completa da serie co son opcional en galego. Trátase da primeira vez que unha "major" americana fai expreso o seu respecto pola lingua Galega, e edita e distribúe una serie ou película con pistas de son na nosa língua. Logo do tempo que houbo que agardar para este fito, e das dificultades achadas polo camiño, desexamos que os seguidores da serie e o público galego en xeral fagan deste lanzamento pioneiro un éxito que lle dea pulo á empresa americana para voltar a inverter diñeiro na difusión da lingua galega, e o seu respecto; e así animar a outras empresas estatais ou estranxeiras a ir erguendo o tecido audiovisual de consumo en lingua galega, tan importante para nós.

Ler máis...
 
En doce anos, o galego pasou de ser a lingua inicial do 60% dos galegos a selo só do 20%
Escrito por minhoca   
Xoves, 11 de Outubro do 2007

ImageA Mesa pola Normalización Lingüística analiza “con suma preocupación” as estatísticas publicadas recentemente sobre a lingua inicial en Galiza, que sinalan que o galego pasou de ser o primeiro idioma dun 60,3% dos galegos en 1992 a ocupar a posición minoritaria, do 20,6%, no ano 2004. A situación nas cidades é especialmente grave. Por exemplo, só ao 1,6% dos ferroláns e ao 4,3% dos vigueses lle falaron seus pais en galego. 

Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 Seg. > Remate >>

Resultados 337 - 348 de 465

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: Salvemos Monteferro


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com