|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Venres, 08 de Xuño do 2007 |
|
A campaña de recollida de sinaturas individuais para respaldar a iniciativa da Asociación PuntoGal non deixa de medrar. Desde que se iniciou a campaña de procura de apoios individuais para PuntoGal, o 17 de xaneiro de 2007, son xa máis de 6.000 as persoas que coa súa sinatura apoian a reivindicación dun dominio propio para a lingua e a cultura galegas. En cinco meses, no rexistro de sinaturas individuais figuran 6.046 entradas o que significa unha chegada constante de apoios. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Mércores, 06 de Xuño do 2007 |
|
Varios artistas galegos danse cita este venres, día 8, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, nunha festa de apoio á Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo. A festa ten por obxectivo recadar fondos para o novo proxecto do Portal de Comunicación Arredemo, portal de información libre e independente ao servizo do tecido socio-cultural do país, e contará coa presenza de Quico Cadaval, Narf, Chévere, Clara Gayo, Pista Catro, Os da Ría, e Carlos Santiago. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por mdl
|
|
Mércores, 06 de Xuño do 2007 |
Continua a campanha Conhece o teu Mundo que desenvolveremos durante o ano inteiro por toda a Galiza. Segunda paragem: Vigo, no CSA A Revolta, com a palestra "Estamos na Net" em que participarão Celso Alvarez Cáccamo, Jose Ramom Flores das Seixas e Vítor Lourenço. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Mércores, 06 de Xuño do 2007 |
|
Diante da decisión do xulgado de Ferrol de confirmar a prisión incondicional sen fianza do patrón maior da confraría de mariscadores de Ferrol, a Asociación Pola Defensa da Ría manifesta a súa máis profunda solidariedade con Bernardo Bastida e esixe a súa inmediata posta en liberdade. O “delito” de Bastida é loitar, xunto con milleiros de cidadáns de Ferrol, pola defensa dos recursos naturais da Ría de Ferrol e a seguridade da súa poboación. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por SOS Mourela
|
|
Martes, 05 de Xuño do 2007 |
|
Sen facer públicos os estudos dos arqueólogos no Circulo Lítico, sen estudar as tres mámoas que nestes dias serán derruidas, e sen termos constancia de se a Dirección Xeral de Patrimonio deu o visto bo, a CPTOPV decide arrasar hoxe [5/6/07] o alto da Necrópole, enclave crucial do patrimonio megalítico. SOS Mourela . |
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Sábado, 02 de Xuño do 2007 |
|
A Mesa pola Normalización Lingüística está a asesorar ao pobo mapuche na recuperación da súa lingua, o mapuzugun, presente nos estados chileno e arxentino. Froito desta colaboración, Celeste Carilao, do partido mapuche Wallmapuwen, está a visitar a Galiza desde o pasado 31 de maio e até mañá, recollendo toda a información posíbel sobre o caso galego. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por mdl
|
|
Mércores, 23 de Maio do 2007 |
|
«O Reintegracionismo na Música» é a palestra inaugural da Campanha anual " Conhece o teu mundo". Amanhã, quinta-feira, 24 de Maio, às 20h30. «Conhece o teu Mundo» actividade organizada pelo Movimento Defesa da Língua percorrerá diversas localidades galegas durante os próximos meses mostrando como a Lusofonia está presente em todos os campos da nossa sociedade, com pessoas que desenvolvem e promovem a sua actividade com uma visão de língua aberta ao mundo. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por mdl
|
|
Martes, 22 de Maio do 2007 |
|
Movimento Defesa da Língua envia Carta aos centros de ensino em apoio ao ensino de português. A organização encoraja o professorado de secundária a solicitar para o próximo ano escolar a optativa de português no ensino. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Sábado, 19 de Maio do 2007 |
|
A Mesa recórdalle aos votantes que Losada gasta do Concello 6.000 € ao mes no conflito xudicial do topónimo. Carlos Callón: “Os coruñeses notan o litixio do topónimo na carteira”. “Isto non ten a ver coa lingua que un fale no seu día a día nin coa forma do topónimo que prefira. É puro sentido común.” |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por apana
|
|
Venres, 18 de Maio do 2007 |
|
Vén de ser creado o Grupo da Galiza de Drupal pensado principalmente para dar a coñecer e mellorar o CMS Drupal dende Galiza. Un dos obxectivos é manter a localización do Drupal na nosa lingua galega (gl). Tratar con glosarios lingüísticos e ferramentas para acadar do mellor xeito que o galego estea ben presente no Drupal. http://groups.drupal.org/galiza |
|
|
Escrito por manuel meixide
|
|
Mércores, 16 de Maio do 2007 |
|
Netvibes é un lector de novas RSS/ATOM, e tamén moitas cousas mais. Permitelle ter acceso aos titulares novos da prensa dixital, aos blogues e wikis do seu interés, e en xeral, as novedades en calquera páxina na rede que teña RSS/ATOM. Ademais, pode ter toda a sua vida dixital nunha mesma páxina. Blogs, novas, favoritos (bookmarks), videos en liña, podcast, fotos, correo-e e Mensaxería instantanea...¿Que é Netvibes? |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por SOS Mourela
|
|
Luns, 14 de Maio do 2007 |
1. A NECRÓPOLE DA MOURELA NOS ESTUDOS E INVESTIGACIÓNS
O conxunto megalítico da Mourela é un dos primeiros xacementos en ser estudado con técnicas científicas en Galiza. A singularidade deste caso vén dada polo propio feito de ser obxecto dun estudo minucioso por parte do arqueólogo Federico Maciñeira e por constituir un campo de medoñas no que se conservaban dous círculos de pedra. |
|
Ler máis...
|
|
| << Inicio < Ant. 31 32 33 Seg. > Remate >>
| | Resultados 373 - 384 de 392 |
|
|