Sábado, 26 de Xullo do 2008
 
  Inicio arrow Novas de usuarios/as  
Obxetivo: Amnistía Internacional, parabéns e suxestión. (16.06.2008)

 Amnistía Internacional vén de celebrar os 30 anos da súa legalización no Estado Espanhol, e 20 de presenza continuada na Galiza. A Ciberirmandade quere sumarse cos parabéns evidentes polo aniversario e máis polo traballo feito e cunha suxestión que ten que ver coa pouca sensibilidade de  A.I. a respecto das distintas linguas do Estado, que se plasma na falta de opción de galego, catalán e euskera na web da “sección Española” de  A.I., así como nas campañas de envío de correos electrónicos que remiten ás/aos soci@s e colaboradores.

Cremos que unha organización como A.I. non debería de ter maior problema, nin polos valores e principios que defende, nin polos recursos que se lle supoñen, en satisfacer os dereitos lingüísticos das distintas comunidades do Estado. Por todo isto animámosche a enviarlles este prego de felicitación e suxestión.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Dimensiona

II Xornadas de Programación Web en Software Livre en Ourense
Escrito por Kiko das Leiras   
Sábado, 07 de Xuño do 2008

 Dende Ousli queremos anunciar estas próximas Xornadas que estamos a preparar e que terán lugar do 23 ao 27 de Xuño no edificio Politécnico do Campus Universitario de Ourense. Mostralas posibilidades que as TIC, en materia de desenvolvemento web, ofrecen para levar a cabo proxectos integramente con Software Libre é o obxetivo das II Xornadas de Programación Web en Software Libre.

Ler máis...
 
Apresentado o primeiro tradutor online Galego-Castelán-Portugués
Escrito por Kiko das Leiras   
Xoves, 05 de Xuño do 2008

VIEIROS - Portugal está aí embaixo, e Brasil está fronte a nós, dobrando o mapa, consolidándose ano a ano como potencia económica global. E os negocios fanse en portugués. Porén, até o de agora non se dispuña de ferramentas que permitisen unha tradución automática, gratuíta e confiábel entre o galego e o portugués.

Imaxin Software presentou este xoves o Opentrad galego-español-portugués, desenvolvido coa colaboración do Grupo Talg da Universidade de Vigo e de Paulo Gamallo, da USC.

Ler máis...
 
Nace o Vocabulario galego do baloncesto
Escrito por Kiko das Leiras   
Xoves, 05 de Xuño do 2008

VIEIROS - A Federación Galega de Baloncesto e Política Lingüística asinaron un acordo para levar a nosa lingua ás canchas. A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, asinou esta cuarta feira un acordo coa Federación Galega de Baloncesto (Fegaba) para promover actuacións de normalización da lingua galega nas canchas e nos clubes.

Do acordo sae que a entidade deportiva comprométese a editar en galego materiais de identidade corporativa (fichas, regras, estatutos, circulares, documentación identitaria), documentación e manuais da Escola de Adestradores. Tamén han deseñar, en colaboración con Termigal (Servizo de Terminoloxía Científico-Técnica en Lingua Galega), o Vocabulario galego do baloncesto, e crearase un Punto de Asesoramento Lingüístico para o persoal da Fegaba, ademais das ferramentas necesarias para que os clubes dispoñan de webs na nosa lingua.

Ler máis...
 
II Festa da Narración Oral de Galiza
Escrito por Kiko das Leiras   
Mércores, 04 de Xuño do 2008

Contar unha historia. Escoitar unha historia. Velaquí dúas maneiras de gozar a través da palabra. A narración oral é sempre un acto no que se mesturan pracer e xenerosidade. Porque, para que xorda a emoción, quen conta debe poñer a súa arte e sabedoría ao servizo do auditorio, e quen escoita deberá entregarse sen reservas.

Se así sucede, todos, todas, narradores e oíntes, acadarán igual sentimento de gozo mentres a narración discorre. E cal é a natureza profunda dese pracer? Quen sabe, tal vez resida na intuición de que se está a asistir a un momento irrepetible: por máis que a historia volva ser contada xa non será a mesma, como o río aquel.

Ler máis...
 
Radicais de 'Galicia Bilingüe' denunciam a AMI por editar um vídeo contra o ‘bilingüísmo harmónico’
Escrito por Kiko das Leiras   
Mércores, 04 de Xuño do 2008

 A associaçom ultradireitista ‘Galicia Bilingüe’, que promove a eliminaçom definitiva da língua galega e a culminaçom do processo de substituiçom lingüística, vem de denunciar a Assembleia da Mocidade Independentista (AMI) nas dependências da Polícia espanhola em Vigo.

O motivo da interposiçom da denúncia é o vídeo ‘Vilingüísmo’ onde se narra a luita dum fato de jovens galeg@s para defender a língua do País, parar o linguicídio e avançar face umha sociedade galega monolíngüe.

Ler máis...
 
Corenta mil persoas viron xa 'Pradolongo'
Escrito por Kiko das Leiras   
Mércores, 04 de Xuño do 2008

A pasada fin de semana, en Vilagarcía, tivo setecentos espectadores, superando mesmo a Indiana Jones. A Rúa, O Barco, Ourense, A Coruña, Lugo, Compostela, Narón, Marín, Cee, Lalín, Leiro, Vilagarcía... Pradolongo segue o seu camiño por todas as vilas e cidade do país.

Con atrancos, pelexando cada espazo para ser exhibida, pero co apoio do público, que proxección a proxección enche as salas. Pradolongo, un dos moi raros filmes rodados integramente en galego en toda a historia, está a demostrar que é posíbel, que se pode filmar unha película en galego e que, con esforzo, pódese distribuír e converterse en todo un éxito.

Ler máis...
 
O Victimismo de Marta rivera de la cruz.
Escrito por Tractoriano   
Martes, 03 de Xuño do 2008
A deputada do PPdeG Susana López Abella criticou hoxe que a consellería de Cultura ten "discriminada" a Marta Rivera de la Cruz, unha "premio planeta", presumibelmente porque non emprega a "fala galega". Tamén criticou que a homenaxe a mulleres represaliadas unicamente se centrase nas "mulleres de esquerdas", porque ao seu xuízo, o concepto de "vítima" refírese "á persoa en si mesmo" e non debe existir ningún "prexuízo ideolóxico".
Ler máis...
 
O Observatorio de Sociolingüística propón como medida de planificación a posta en valor do galego
Escrito por Kiko das Leiras   
Luns, 02 de Xuño do 2008

Sistema educativo, medios de comunicación e sector socioeconómico foron os ámbitos nos que o Observatorio de Sociolingüística, o grupo de investigación composto polos profesores Fernando Ramallo, Ana Iglesias e Anxo Lorenzo, se centrou para propoñer medidas de planificación para a lingua galega.

Encargado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, este proxecto baséase na análise de diversas zonas do planeta onde se están levando a cabo “políticas de respecto pola diversidade ao mesmo tempo que se potencia a lingua propia correspondente, e incluso terceiros idiomas”, tal como apunta Anxo Lorenzo. En concreto, o Observatorio de Sociolingüística interesouse polos casos de Finlandia, Singapur e Quebec, pero sen perder de vista a situación que se da noutros lugares do globo, xa que as situacións de plurilingüismo, cos conseguintes problemas relacionados, son altamente frecuentes nos cinco continentes.
Ler máis...
 
Méndez Ferrín, Díaz-Fierros e Pontevedra, Premios Nacionais da Cultura Galega
Escrito por Kiko das Leiras   
Luns, 02 de Xuño do 2008

 XORNAL.COM I O xurado dos Premios Nacionais da Cultura Galega outorgou tres novos galardóns, que recoñeceron ao escritor Xosé Luís Méndez Ferrín (Literatura), o edafólogo Francisco Díaz-Fierros (Pensamento e Cultura Científica), e a remodelación urbana de Pontevedra (Patrimonio Cultural).

O xurado dos Premios Nacionais dediciu outorgarlle a Xosé Luís Méndez Ferrín o galardón na categoría de Literatura, pola calidade da súa obra, mantida ao longo de varias décadas, que o fai un escritor recoñecido a nivel internacional. Méndez Ferrín é a figura fundamental da literatura galega na segunda metade do século XX. 

Ler máis...
 
Atrácano e non o deixan falar en galego
Escrito por Kiko das Leiras   
Luns, 02 de Xuño do 2008

A NOSA TERRA - Hai dez días Xulio Costas despertaba nun pequeno cuarto da súa empresa, encañonado por tres persoas. O roubo forma parte doutros que se están producindo en bairros de Vigo por unha banda que a policía cré formada por kosovares.

O atraco a este home levou aparellada esixencia idiomática: 'Habla español, nosotros no entender'.

Ler máis...
 
Telefónica acada os cincoenta modelos de móbiles en galego
Escrito por apana   
Domingo, 01 de Xuño do 2008

[abc] Telefónica acada estes días a cifra de medio cento de modelos de móbil con menús en galego. Trátase dunha cifra simbólica nun proceso que comezou hai máis de ano e medio, cando a Compañía comezou a comercializar terminais cos seus menús en galego, e que abrangue ás marcas máis demandadas polos usuarios. Ducias de terminais de Nokia, Motorola, Sony Ericsson, Samsung ou LG forman parte xa do extenso catálogo que ofrece Telefónica con toda a súa información en galego. Ademais, moitos destes modelos contan tamén cun dicionario preditivo de grande utilidade para o envío de mensaxes.
A compañía ten moi claro dende hai anos que o galego ten que estar moi presente nos menús dos móbiles e é por iso que leva tempo reclamando aos fabricantes que o inclúan nas súas terminais. O obxectivo estratéxico é conseguir que en 2009 tódos os fabricantes incorporen menús en galego en tódolos modelos comercializados por Telefónica, como xa fai neste momento Alcatel.

 
Francisco Rodríguez desmitifica a solidariedade do Estado con Galiza
Escrito por apana   
Venres, 30 de Maio do 2008

 [xornal.com] A solidariedade do Estado con Galiza non está tan clara como pretenden algúns, xa que a carga tributaria soportada polos galegos foi de 11.625 millóns de euros, moi enriba dos 7.592 millóns para facer fronte aos gastos por competencias transferidas, segundo explica Francisco Rodríguez, membro da Executiva Nacional do BNG, nun artigo que publica en Xornal.com, baixo o título "A contracorrente". Para o ex congresista do BNG, resulta "abafante e sintomático" o empeño informativo e dos economistas académicos oficiais en manter a sociedade galega "na ignorancia e/ou manipulación a respecto dun tema tan crucial como o financiamento da comunidade autónoma". 

Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 61 - 72 de 373

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Activa Galicia - activa o galego 
Solidariedade civil
Campaña: Salvemos Monteferro


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com