|
|
|
Escrito por apana
|
|
Venres, 30 de Maio do 2008 |
[mancomún] Tucho Méndez, profesor de tecnoloxía no CPI de Atios en Valdoviño, vén de poñer a disposición de todos os internautas titoriais básicos de uso das ferramentas de software libre Qcad e Inkscape. Os exercicios e os videotitoriais incluídos na web son resultado do material elaborado por Méndez para a práctica da docencia nas aulas de tecnoloxía do seu colexio. Até o de agora só están dispoñibles seis capítulos de cada unha destas ferramentas, pero o material irá incrementándose paulatinamente. Como sinala o propio Tucho Méndez na presentación do blog “xa están grabadas 27 unidades (9 de Qcad e 18 de Inkscape), que son coas que eu traballei no meu colexio e ao blog vou subindo as que están un pouco mellor”. |
|
|
Escrito por 6ª matriuska
|
|
Martes, 27 de Maio do 2008 |
|
(Galiza, Terra de Navegantes) O concello de Carballo distribue a Guía Os meus favoritos, unha compilación duns 150 enderezos web coa que pretende contribuír á difusión da nosa lingua ao tempo que convida a descubrir o ciberespazo galego. O Concello de Carballo, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística e por medio da guía Os meus favoritos, vai difundir unha selección de sitios web en galego para contribuír á difusión da información na nosa lingua e, ao mesmo tempo, á difusión da creación artística, da cultura, do deporte, da literatura, da música, dos espazos de participación e creación de opinión, do ensino, do medio, etc. Con esta acción quere convidar a todo o mundo a navegar e a descubrir o ciberespazo en galego. Dentro da sección que recolle enderezos web vínculados á lingua figura o de esta página, Ciberirmandade da fala. Podes ler máis información e descargar a guía premendo o leer máis. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Luns, 26 de Maio do 2008 |
A Mesa pola Normalización Lingüística considera urxente realizar “un debate nacional sereno, baseado en datos reais e con ánimo construtivo” sobre a situación do galego na educación infantil. As estatísticas de que dispón a organización sinalan que se está a “incumprir gravemente” a norma que regula as horas mínimas a impartir en galego, o cal supón “unha pésima formación na lingua propia do país nun momento fundamental, cando se deben adquirir as competencias de lectura e escritura”.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Luns, 26 de Maio do 2008 |
|
A NOSA TERRA - O 18 de maio milleiros de manifestantes reivindicámos nas rúas e prazas de Compostela os nosos dereitos. Reivindicamos democracia para Galiza, e exercicio dos dereitos democráticos (lingüísticos) do pobo galego. Que algo tan básico e elemental teña que ser reclamado a estas alturas na rúa é síntoma ben evidente da delicada situación do noso idioma, mais tamén da vitalidade de significados sectores sociais na defensa do galego. Falta facía. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Venres, 23 de Maio do 2008 |
VIEIROS - O operador galego de telecomunicacións R anunciou na véspera do Día das Letras o lanzamento de catro móbiles cos menús en galego, unha posibilidade de escolla que apenas tiñan os consumidores até o momento. En realidade, R xa lanzou dous deses modelos, o Sony Ericsson w380i e o Nokia 5610, hai un mes, mentres que outros dous aparellos de Nokia, o 2600 classic e o 3120 classic, saíron ao mercado o venres 16 con bos resultados de vendas xa no primeiro día.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Venres, 23 de Maio do 2008 |
|
Galicia Hoxe - A Facultade de Historia da Universidade de São Paulo acolleu onte a xornada inaugural do Centro de Estudos Galegos, dirixido pola profesora Valéria Gil Condé. O departamento conta, ademais co labor docente do profesor lector Leopoldo Cañizo Durán. A través dun convenio asinado recentemente, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a Universidade brasileira de São paulo colaboran para dar a coñecer a lingua e a cultura galega en Brasil. Froito deste convenio é que dende principios deste ano 2008 se están a impartir clases de galego no lectorado. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Venres, 23 de Maio do 2008 |
|
A PALLEIRA - Para explicar un comportamento sociolingüístico non hai nada como exemplificalo con retallos da vida. A realidade, o que sucede día a día, proporciona síntomas claros dunha situación estrutural máis complexa. Non obstante, estes indicios non son vividos da mesma maneira por todos os grupos de falantes. Un galegofalante de orixe é o primeiro en percatarse e padecer o conflito lingüístico, o bilingüísmo e a degradación do galego por castelanización. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por 6ª matriuska
|
|
Xoves, 22 de Maio do 2008 |
|
(Galiza Non se Vende) A rede de colectivos A RÍA NON SE VENDE, integrada na plataforma GALIZA NON SE VENDE, convoca para o vindeiro domingo 25 de maio umha manifestaçom polas ruas de Vigo que terá saída ás 12:00 da praça da Estrela. MANIFESTO DE A RÍA NON SE VENDE
Máis unha vez, desde o porto de Vigo dinnos que precisan de máis espazo, máis unha vez non lles chega o que teñen, e pretenden facer máis recheos, algún en espazos protexidos como a Enseada de San Simón. Queren aterrar no mar 23 Hectáreas. Din que é unha actuación respectuosa co medio ambiente, que ten o consenso de todos os sectores da cidade, que está baseada no diálogo e no respecto pola legalidade…. Máis unha vez mexan por nós e din que chove. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Martes, 20 de Maio do 2008 |
www.digalego.com incorpora as etimoloxías e equivalencias en lingua portuguesa, castelá e inglesa, insire tamén sinónimos, antónimos, variantes, novas traducións e préstamos, ademais doutras diversas seccións que o converten no diccionario máis completo na actualidade na rede. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Martes, 20 de Maio do 2008 |
|
AMESA - A manifestación convocada pola Mesa foi unha das máis numerosas da democracia a favor da lingua. Arredor de vintecinco mil persoas chegadas de todos os puntos do país percorreron este mediodía as rúas compostelás reivindicando “o dereito a vivirmos en galego”. A manifestación, convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística, contou co apoio de cincocentos colectivos do máis diverso tipo, que se adheriron ao manifesto ao longo das últimas semanas.
A pesar da chuvia, que por momentos fixo acto de presenza, as rúas de Santiago de Compostela enchéronse de manifestantes, encabezados por unha pancarta portada por nenos na que se podía ler “Súmate connosco ao futuro do galego”. A continuación, e portando a faixa co lema da manifestación, “Polo dereito a vivirmos en galego”, ían os membros da Comisión Permanente da Mesa pola Normalización Lingüística, encabezados polo seu presidente, Carlos Callón. Organizacións de estudantes, partidos políticos, asociacións de veciños, colexios profesionais e outros colectivos sumáronse tamén á convocatoria portando os seus propios lemas en defensa do galego. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Martes, 20 de Maio do 2008 |
CEIVAR:org - 35 pessoas concentrárom-se a partir das 9:00 h. desta manhá respondendo à convocatória realizada por Ceivar ante o juízo contra o activista em favor da língua galega Paulo M., do que vimos informando nos últimos dias. Agentes antidistúrbios da Polícia espanhola e ‘guardias civiles’ dos julgados colocárom-se ante o edifício policial a modo de cordom frente às pessoas que se achegárom a exprimir a sua solidariedade com o processado. Umha parte das pessoas concentradas assistiu ao juízo que fica visto para sentença. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por 6ª matriuska
|
|
Martes, 20 de Maio do 2008 |
|
[A Nosa Terra ] Unha nova páxina web achegará a información erótica aos internautas na lingua do país. Mundoquente.com é o primeiro portal erótico feito en Galiza e en galego. Abordará cuestións como a sexualidade ou a moda e conta con apartados especiais para os homosexuais e o erotismo. Os promotores da páxina indican que “as informacións publicadas en www.mundoquente.com teñen a súa orixe en portais, blogues e xornais galegos, portugueses, brasileiros e españois, pero tamén dos EE UU, Francia, México, Arxentina, Italia ou Reino Unido, entre outros·. “Unha das pezas fundamentais deste novo proxecto na rede será a participación dos lectores” indican dende o novo portal. Por iso, prevén a apertura de canles especiais –incluídos contactos– para “facilitar a interactividade entre os internautas”. |
|
| << Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
| | Resultados 73 - 84 de 373 |
|
|