|
|
|
Escrito por apana
|
|
Venres, 02 de Maio do 2008 |
|
[lavozdegalicia] En relación coa polémica suscitada nas últimas semanas polo uso do galego nos tribunais de Xustiza, e facendo propias as declaracións emitidas no seu día polo conxunto da avogacía compostelá, a Xunta de Goberno do Colexio de Avogados de Santiago quere recordar que os profesionais da demarcación «avogamos polo dereito a usar a lingua propia de Galicia na vida pública e privada». Asemade, apostan por unir esforzos con todos os operadores xurídicos que actúan no ámbito da Xustiza co fin de acadar «a normalización efectiva da nosa lingua». Os letrados de Santiago de Compostela defenden tamén a eliminación de todos os obstáculos «que impiden o uso libre do galego no exercicio profesional», ao tempo que rexeitan «expresa e rotundamente toda actividade ou actitude que trate de utilizar este dereito como arma xurídica». |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Martes, 29 de Abril do 2008 |
|
Fascistas espanhóis anunciam um desembarco violento na Crunha ante o futuro juízo a um militante independentista. O futuro processamento do independentista galego R. M. M., acusado de agredir no 9 de Fevereiro na Crunha um militar espanhol vinculado à extrema direita, parece que será ocasiom propícia para que o fascismo organize nesta cidade o seu próximo desembarco violento. Isto é, quando menos, o que anuncia desde um web ultra Ricardo Sáenz de Ynestrillas, lider fascista processado polo assassinato do deputado basco Josu Muguruza em 1989 e condenado a 7 anos de prisom por tença ilícita de armas e homicídio em grau de tentativa na pessoa dum jovem que se negara a vender-lhe cocaina em 1997. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Martes, 29 de Abril do 2008 |
|

Por un modelo socioeconómico xusto e sustentábel. A Confederación Intersindical Galega conmemora este 1º de Maio, Día do Internacionalismo Proletario, coa convocatoria de manifestacións en todas as comarcas do país, baixo o lema “Por un modelo socioeconómico xusto e sustentábel”. Na actualidade, no momento histórico de maior capacidade tecnolóxica, produtiva e de avances científicos, da máis alta posibilidade para producir alimentos e da máis elevada creación de riqueza, xustamente agora é cando a humanidade está mais ameazada no seu desenvolvemento e reprodución. O modelo económico é destrutivo co medio ambiente e os recursos naturais, máis da metade da poboación do planeta está en situación de pobreza extrema e máis de 3 millóns de persoas morren ao ano por falla de alimentos. A riqueza que crea a clase obreira co seu traballo está concentrándose en menos mans, mentres os salarios perden valor e se precarizan as condicións de traballo. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por 6ª matriuska
|
|
Domingo, 27 de Abril do 2008 |
|
[Faro de Vigo 27/4/08]. Dende a aprobación do decreto polo que se regula o uso e promoción do galego no sistema educativo non universitario (Decreto 124/2007), sectores minoritarios abriron unha batalla a prol dunha educación monolingüe en castelán. Despois de vinte e cinco anos da aprobación da "Lei de Normalización Lingüística" (Lei 3/1983) e do "Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega" (aprobado o 21 de setembro de 2004 a proposta do Goberno Galego do Partido Popular), ambas as dúas pezas normativas apoiadas de forma unánime por todos os grupos do Parlamento Galego, asistimos pampos ao intento de estragar un dos poucos consensos nacionais urdidos durante o proceso autonómico: o de promocionar o uso da lingua propia de Galicia (como quedou definida no noso Estatuto) en todos os eidos da vida social e garantir que calquera cidadán poida vivir plenamente en galego. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por 6ª matriuska
|
|
Venres, 25 de Abril do 2008 |
|
[ Baiona Consciente ] Comunicado e convocatoria da Asociación Cultural Ximbaleu: Este sábado desde ás 12:00 até as 24:00, seram protesta em Baiona. SOBRE A IMPROCEDENCIA DA FEIRA DE ABRIL EN BAIONA. Os días 25, 26 e 27 de abril de 2.008 a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (ACEBA), o Concello de Baiona e Escola de Flamenco de Baiona están a preparar a 1ª Feira de Abril en Baiona remedando a aquela de Sevilla. Segundo se fala por aí, pois pouco se sabe, serán tres días de actividades con carrozas de cabalos, música ambiental, xa sabedes de cal, actuacións nun gran toldo,casetas,.... nun gran esforzo da Concellería de Cultura do Concello de Sevi.., perdón Baiona. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Venres, 25 de Abril do 2008 |
XORNAL.com "Shin Chan e a costeleta imposible" é o novo dvd da saga de éxito que mañá se lanza simultaneamente ao mercado en galego e no resto das linguas oficiais. O novo título estará dispoñible na súa versión en galego, castelán, catalán e éuscaro, así como na versión orixinal xaponesa, nas principais superficies comerciais de Galicia e do resto do Estado.
A edición de Shin Chan e a costeleta imposible, que consta de dous discos de 92 minutos de duración, inclúe tamén, como extra, a curtametraxe inédita coas aventuras do Porquiño Valente, O castelo monstruoso. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por apana
|
|
Xoves, 24 de Abril do 2008 |
|
[dornaretina] Interesante artigo dunha blogueira galega de 22 anos que mira a realidade lingüística do pais sen espellos deformantes, ao vivo:
22 anos, case 23, e aínda non consigo que moita xente maior -galegofalante- se dirixa a min en galego. Fano en español, a lingua que lles aprenderon a usar pra ir ao médico, arregrar papeis ao notario, ou pra falarlle aos netos. Non o fan pensando en todo o que significa, non o fan pensando, sequera, sáelles automático. E só cando xa levas un bo cacho falando, salta algo no seu cerebro e voltan á lingua que lles é natural. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por apana
|
|
Xoves, 24 de Abril do 2008 |
[avantar] A grande maioría dos institutos de Vigo aparecían sen alumnado nesta xornada de loita pola reivindicación do galego. Grupos de piquetes percorreron os centros de ensino, e logo despois xuntaban voces para berrar polo galego ás 12 na Praza dos Cabalos en Vigo. O Foro da Mocidade de Vigo convocaba para este 24 de abril unha folga no ensino medio de Vigo polo cumprimento do 124/2007, que é a lei que rexe o emprego do galego no ensino. Aulas baleiras e unha manifestación de máis de 400 estudantes é o resultado desta primeira mobilización local polo uso do galego no sistema educativo. A manifestación partía da Praza dos Cabalos pasadas as doce e media da mañá, e realizaba un percorrido polas principais rúas do centro de Vigo, até rematar fronte á Delegación da Xunta nesta cidade. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por apana
|
|
Xoves, 24 de Abril do 2008 |
|
[uvigo] En xullo de 2007 entrou en vigor a nova normativa sobre a regulación do uso e a promoción da lingua galega no sistema educativo (Decreto 124/2007). Este decreto reforza o programa de educación bilingüe que se vén ofrecendo en Galicia dende 1995. A principal diferenza é que o actual programa marca nun mínimo do 50 % as materias que deben ensinarse en galego, fronte ao teórico e nunca cumprido 33 % do programa anterior. Este cambio é moi necesario unha vez feito o diagnóstico da aplicación do programa durante os últimos 12 anos, que deu uns resultados moi insatisfactorios na adquisición ou reforzamento de competencias lingüísticas do alumnado galego. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por apana
|
|
Xoves, 24 de Abril do 2008 |
 [mpdc] Vigo, con case 200 participantes, foi a cidade que máis asistentes rexistrou, seguida por Santiago e A Coruña. Máis de 500 persoas acudiron onte pola as concentracións convocadas polo Movemento polos Dereitos Civís diante das emisoras da COPE das sete cidades galegas. Baixo o lema “A COPE quere amordazar o galego. Non llo imos permitir”, medio milleiro de persoas se congregaron en toda Galiza para denunciar a actitude belixerante da radio dos bispos a respecto do uso do galego, xa que hai unhas semanas presentou unha denuncia contra unha maxistrada de Compostela por permitir e utilizar o a nosa lingua. Durante a concentración puideronse escoitar consignas tais como “esta emisora é unha represora”, “a radio episcopal trátanos fatal” ou “Rouco Varela contra a lingua galega”, coas que os asistentes trasladaron un claro rexeitamento cara a política lingüística practicada por Radio Popular, S.A. Vigo foi a cidade na que máis cidadáns, arredor dunhas 200 persoas, se reuniron diante da radio para facer valer os seus dereitos lingüísticos, seguida de Santiago e A Coruña. |
|
Ler máis...
|
|
|
Escrito por apana
|
|
Luns, 21 de Abril do 2008 |
O Colectivo Urbano Lugrís dirixe o convite á vosa presenza e o pedido de divulgación do acto que está a organizar para asinalar a Revolución do 25 de Abril. Iste ano optámos pola organización dunha obra teatral inédita, escrita propositadamente para o evento polo dramaturgo portugués Jorge Louraço Figueira, que abordará o espírito da Revolución nos nosos días e na sociedade galega, contando coa participación de actores portugueses e da Aula de Teatro da Universidade da Coruña. Unha obra irreverente e interactiva, que pretende suscitar a reflexión. "Fisterra" terá unha única representación no día 30 de Abril (víspera de festivo), ás 21 horas, no Auditório do Fórum Metropolitano da Coruña, co prezo de entrada de 5 euros, que poden ser adquiridas na taquilla do Auditorio, na tenda "O Tabuleiro" (Rúa do Anxo 9, A Coruña) e en e en http://www.servinova.com.
|
|
|
Escrito por Kiko das Leiras
|
|
Luns, 21 de Abril do 2008 |
Por mor das últimas actitudes belixerantes que a nosa lingua vén de sufrir, o Movemento polos Dereitos Civís convoca para o vindeiro mércores 23 de abril a toda a sociedade a concentrarse diante das sedes que a COPE ten nas sete cidades, baixo o lema "A Cope quere amordazar a nosa lingua. Non llo imos permitir". Con este acto quérese manifestar un claro rexeitamento contra a política de agresión ao galego practicada polo grupo mediático da Conferencia Episcopal. |
|
Ler máis...
|
|
| << Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
| | Resultados 97 - 108 de 373 |
|
|