|
Posta en marcha do novo web da CiberIrmandade |
|
|
|
Escrito por Medulio
|
|
Sábado, 26 de Novembro do 2005 |
|
Dende a CiberIrmandade da Fala levamos un tempo traballando para actualizar o noso sitio web recopilando todos os datos que tíñamos un chisco espallados e tentando unificalos para facervos máis doada a súa consulta. Pero non só os datos. Tamén mantemos todos os servizos que estaban dispoñibles nos sitios antigos coma o Buscador de empresas, o envío de correos-prego aos obxectivos, o acceso a documentos interesantes, os Foros de discusión e debate, etc. E como podedes ver tamén fixemos un esforzo por mudar o aspecto gráfico das páxinas, e ofrecervos unha navegación sinxela e eficaz. Estamos en pleno proceso de reestruturación, procurando unha dinamización necesaria nunha organización que foi durante moito tempo a conciencia activa na Internet de todos os que desprezan o uso da nosa lingua e que debe seguir séndoo. E non cabe dúbida para medrar e manter os nosos obxectivos e actividades precisamos da túa colaboración enviando pregos aos obxectivos, facendo visitas ao noso web, fornecendo contidos, etc. Seguro que entre todos cos nosos grans de area podemos facer unha sociedade mellor onde o galego e Galiza sexan tan importantes como realmente merecen.
|