|
Se consideras que merecemos a pena, pomos a túa disposición unha serie de banners que poderás publicar no teu web. Ao tempo, temos deseñado un cartace que poderás espallar polos sitios nos que te moves. LigazónsDende o noso web principal podes engadir ligazóns a outros sitios da rede que estean dispoñibles na súa totalidade en galego. Poderás clasificar as ligazóns segundo categorías. Lembra que para nós, o principal alicerce da nosa Cultura é a nosa Lingua, polo que non aceptamos ligazóns a webs que non estean dispoñibeis en galego. Ir a ligazóns. Script de obxectivosTemos un pequeno script para que, con tan so copiar e pegar, poidas ofrecer aos visitantes do teu web o último obxectivo da CiberIrmandade, xunto co enlace directo á páxina de envío correspondente. Se xa tes o script no teu web, avísanos, para que publiquemos unha ligazón ao teu sitio dende o apartado ‘Obxectivo dende..’ da nosa páxina inicial. Ir a Script obxectivos. Troco de bandeirasSe publicas as nosas bandeiras nunha páxina de certa importancia do teu web en galego (distinta da páxina de ligazóns se é que a tes), avísanos para corresponder. As bandeiras pequenas as publicamos nos foros. As bandeiras grandes pómolas na páxina principal da CiberIrmandade. Estas son as nosas bandeiras. 468 x 60 - Animado
 175 x 38 - Animado
175 x 38 - Estático
120 x 90 - Animado
 88 x 31 - Estático
468 x 60 - Animado - Antiguo
125 x 32 - Animado - Antiguo  CartaceAgradecemos que espalles este cartace polos sitios nos que te movas. Podes modificalo ao teu gusto; e se o resultado mellora o actual, envíanolo.”. Descargar cartace da CiberIrmandade
|