Domingo, 07 de Setembro do 2008
 
  Inicio  
Obxetivo: Amnistía Internacional, parabéns e suxestión. (16.06.2008)

 Amnistía Internacional vén de celebrar os 30 anos da súa legalización no Estado Espanhol, e 20 de presenza continuada na Galiza. A Ciberirmandade quere sumarse cos parabéns evidentes polo aniversario e máis polo traballo feito e cunha suxestión que ten que ver coa pouca sensibilidade de  A.I. a respecto das distintas linguas do Estado, que se plasma na falta de opción de galego, catalán e euskera na web da “sección Española” de  A.I., así como nas campañas de envío de correos electrónicos que remiten ás/aos soci@s e colaboradores.

Cremos que unha organización como A.I. non debería de ter maior problema, nin polos valores e principios que defende, nin polos recursos que se lle supoñen, en satisfacer os dereitos lingüísticos das distintas comunidades do Estado. Por todo isto animámosche a enviarlles este prego de felicitación e suxestión.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns

Ligazóns, bandeiras e cartace Imprimir Correo-e
Escrito por minhoca   
Venres, 16 de Xuño do 2006

Se consideras que merecemos a pena, pomos a túa disposición unha serie de banners que poderás publicar no teu web. Ao tempo, temos deseñado un cartace que poderás espallar polos sitios nos que te moves.

Ligazóns

Dende o noso web principal podes engadir ligazóns a outros sitios da rede que estean dispoñibles na súa totalidade en galego. Poderás clasificar as ligazóns segundo categorías. Lembra que para nós, o principal alicerce da nosa Cultura é a nosa Lingua, polo que non aceptamos ligazóns a webs que non estean dispoñibeis en galego. Ir a ligazóns.

Script de obxectivos

Temos un pequeno script para que, con tan so copiar e pegar, poidas ofrecer aos visitantes do teu web o último obxectivo da CiberIrmandade, xunto co enlace directo á páxina de envío correspondente. Se xa tes o script no teu web, avísanos, para que publiquemos unha ligazón ao teu sitio dende o apartado ‘Obxectivo dende..’ da nosa páxina inicial. Ir a Script obxectivos.

Troco de bandeiras

Se publicas as nosas bandeiras nunha páxina de certa importancia do teu web en galego (distinta da páxina de ligazóns se é que a tes), avísanos para corresponder. As bandeiras pequenas as publicamos nos foros. As bandeiras grandes pómolas na páxina principal da CiberIrmandade. Estas son as nosas bandeiras.

468 x 60 - Animado

175 x 38 - Animado
  

175 x 38 - Estático
  

120 x 90 - Animado

88 x 31 - Estático
  

468 x 60 - Animado - Antiguo
  

125 x 32 - Animado - Antiguo
 

 

Cartace

Agradecemos que espalles este cartace polos sitios nos que te movas. Podes modificalo ao teu gusto; e se o resultado mellora o actual, envíanolo.”.

Descargar cartace da CiberIrmandade

   

 

 
< Ant.   Seg. >



Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com