Xoves, 21 de Agosto do 2008
 
  Inicio  
Obxetivo: Amnistía Internacional, parabéns e suxestión. (16.06.2008)

 Amnistía Internacional vén de celebrar os 30 anos da súa legalización no Estado Espanhol, e 20 de presenza continuada na Galiza. A Ciberirmandade quere sumarse cos parabéns evidentes polo aniversario e máis polo traballo feito e cunha suxestión que ten que ver coa pouca sensibilidade de  A.I. a respecto das distintas linguas do Estado, que se plasma na falta de opción de galego, catalán e euskera na web da “sección Española” de  A.I., así como nas campañas de envío de correos electrónicos que remiten ás/aos soci@s e colaboradores.

Cremos que unha organización como A.I. non debería de ter maior problema, nin polos valores e principios que defende, nin polos recursos que se lle supoñen, en satisfacer os dereitos lingüísticos das distintas comunidades do Estado. Por todo isto animámosche a enviarlles este prego de felicitación e suxestión.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns

Asociación de sitios coa CiberIrmandade Imprimir Correo-e
Escrito por minhoca   
Venres, 16 de Xuño do 2006

Integración de proxectos. Se consideras que o número de visitas ou participación do teu sitio é cativa, ofrecémosche a posibilidade de integración na CiberIrmandade. O teu proxecto converteríase deste xeito nunha parte mais da CiberIrmandade, pero con vida propia. Non pretendemos acaparar, competir ou cousas similares, senón ofrecerche formar parte dun espazo común pero, ao tempo, autónomo. Fariamos un oco no servidor, poríamos o teu proxecto no noso menú principal, terias conta de acceso FTP privada para un directorio propio, e nome URL do tipo nomeproxecto.ciberirmandade.org (inda que manteñas, se o consideras, o teu actual nome de dominio).

Asociación de foro. Unhas veces por falta de participación, outras por consideralo non necesario, e as mais por falta de coñecementos para polos en marcha, son moitos os sitios que non dispoñen de foros. Tamén é algo habitual a existencia de foros con mínima ou nula participación.

Podemos asociarnos para que o teu sitio teña un foro compartido cos nosos, nunha categoría que chamamos “proxectos asociados”, e que sen dúbida redundara nun incremento da participación mutua.

O teu sitio podería enlazar directamente co que sería o teu foro; os usuarios poderían moverse reciprocamente entre os foros da ciberirmandade e o teu. E, por suposto, no noso sitio habería un enlace ao teu dende o noso web principal.

Sindicación de contidos. Coa sindicación, os contidos de un e outro sitio serán visibeis recíprocamente. Pola parte da CiberIrmandade, podemos ofrecer sindicación tanto do web como dos Foros. Se xa nos tes sindicados, avísanos para facer o propio no noso web.

Condicións para a integración, asociación ou sindicación. A integración de proxectos, a asociación de foros e a sindicación de contidos, é unha porta aberta a sitios cuns obxectivos similares aos nosos, sitios relacionados con:

- Estudio, defensa.. organización de campañas pola nosa lingua.
- Produción e tradución de software en galego. 
- Defensa, divulgación da nosa tradición, cultura, entorno e país.
- Promoción da nosa política e sociedade.

Para a integración, algún destes puntos anteriores debe entenderse como algo estricto, como fin último do sitio. Para a asociación de foros e a sindicación de contidos, estes puntos, inda que non sexan o fin último, si deben aparecer dalgún xeito. Pero en todo caso, sempre en lingua galega.

Para integración:

O web que se integra:
- Porá o logo da CiberIrmandade xunto, e cun tamaño similar, ao logo do web.
- Porá o logo de redegalega se é que a integración implica traslado ao noso hospedaxe.
- Porá un enlace suficientemente destacado ao web principal da CiberIrmandade.
Na CiberIrmandade:
- Poremos enlace no menú principal.
- Sindicación ao web integrado se está dispoñíbel.
- Acceso ftp propio se a integración implica traslado ao noso hospedaxe.
- Subdominio do tipo http://proxectoasociado.ciberirmandade.org, inda que o proxecto poida manter o seu propio nome de dominio

Para a asociación de foros:

- Creación dun foro propio na categoría "Proxectos asociados".
- Moderación por parte das persoas designadas polo proxecto asociado.
- Decidirás os permisos do seu foro (quen pode ver, ler, escribir, enviar arquivos, descargalos...).
- A CiberIrmandade terá dereito a por unha mensaxe de avisos sobre último obxectivo.
- Caso de que o dinamismo o aconsellase, mais adiante poderíamos discutir a posibilidade de crear subforos dentro dos foros.

A maiores disto, témonos autoimposto unha serie de normas mínimas de convivencia, comúns a todos os contidos da CiberIrmandade: non aceptamos contidos abusivos, obscenos, de odio, ameazante,.. ou que dalgunha forma violen leis vixentes, como publicación de números de serie de programas, cracks, .. Non aceptamos publicidade, a menos que sexa para informar de empresas ou sitios que ofrecen os seus servizos ou contidos na lingua da Galiza. Todo o contido que se publique, debe ser orixinal ou estar libre de dereitos que prohiban a súa difusión.

Contacta connosco.

 
< Ant.   Seg. >



Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com