Domingo, 12 de Outubro do 2008
 
  Inicio arrow Novas CiberIrmandade arrow Actualizacións do Joomla, phpBB e Coppermine  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega

Actualizacións do Joomla, phpBB e Coppermine Imprimir Correo-e
Escrito por ghalleiras   
Mércores, 21 de Xuño do 2006

Recentemente publicáronse unha serie de actualizacións nun curto período de tempo que engloban as tres utilidades para o web nas que vimos traballando de cote como son o Joomla, o phpBB e o Coppermine.

Especialmente importante é a do Coppermine pois soluciona problemas graves de seguridade aínda que é moi recomendable facer xa a actualización tamén no ámbito do Joomla ou do phpBB pois, transcorrido o tempo prudencial de probas, semella que non hai fallos evidentes que requiran dun novo traballo de reactualización dos mesmos.

No que respecta aos arquivos de idioma galego só houbo trocos no Joomla (poucos pero importantes) polo que revisamos os ficheiros correspondentes e poñémolos á túa disposición no noso apartado de descargas.

Lembra que nos noso foros podes participar plantexando ou resolvendo dúbidas verbo do funcionamento das tres utilidades citadas.

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: Salvemos Monteferro


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com