Domingo, 12 de Outubro do 2008
 
  Inicio arrow Novas CiberIrmandade arrow Comunicado de Xuíces pola Democracia  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega

Comunicado de Xuíces pola Democracia Imprimir Correo-e
Escrito por Medulio   
Sábado, 24 de Xuño do 2006
En relación cunha das novas publicadas con anterioridade no web da CiberIrmandade da Fala na que se incidía na negativa de xuíces e fiscais galegos á obrigatoriedade do coñecemento da lingua galega no desenvolvemento do seu traballo, recollemos nesta ocasión o "Comunicado de Xuíces pola Democracia" tamén verbo do mesmo tema, extraído do web d'A Mesa pola Normalización Lingüística, e publicado nestas páxinas polo seu evidente interese.
 

XUSTIZA.- Comunicado de Xuíces pola Democracia

Debido ao seu interese, reproducimos o comunicado enviado pola sección territorial de Xuíces pola Democracia en Galiza:

Ante as últimas e diversas manifestacións sobre a situación do idioma galego na Administración de Xustiza, a Sección territorial de Xuíces pola Democracia de Galiza, quere manifestar o seguinte:

Historicamente, as relacións da Administración de Xustiza co galego non teñen sido amábeis nin neutras. Non é indiferente nin casual que esa Administración optara, xunto con outras institucións de exercicio do poder, polo uso case exclusivo do castelán nas súas relacións e actuacións.

Non podemos compartir a afirmación realizadas que desbotan a presencia de problema algún na relación da Administración de Xustiza co idioma galego, cooficial na nosa Comunidade Autónoma. Probablemente, o que si sexa certo é que ningún problema padecen as persoas que, cumprindo coa súa función como partes desa Administración, optan polo uso do castelán.

O feito de que nunha sociedade en que a presenza do galego entre a cidadanía é tan masiva, podamos contar cos dedos dunha man aos membros da xudicatura ou da fiscalía que realizan as súas actuacións en galego, debería facer repensar esa afirmación. Cando menos debería ser un dato a ter en conta, que non se poda considerar sequera minimamente instaurado o uso do galego con normalidade na Administración de Xustiza. Tal circunstancia afecta ao dereito da cidadanía a recibir resposta no seu idioma. Ese dereito non é só das partes de cada proceso xudicial, do mesmo xeito que a elas non lles pertence en exclusiva o proceso en si. Igualmente, non podemos afrontar a existenza dun idioma como valor cultural sen fornecelo de terminoloxía propia, tamén no mundo do dereito. Por outra banda, é, queremos pensar, profundamente inxenua a afirmación dunha suposta decisión libre e autónoma sobre o idioma que emprega o cidadán que acude a un xulgado ante o representante do poder, obviando a influencia decisiva da posición do xuíz sobre a realidade que con el se comunica. O xuíz non é unha parte máis no proceso. Asume a posición do poder e determina ás persoas que con el se relacionan.

Os casos nos que determinados responsábeis xudiciais teñen negado o uso do idioma son certamente anecdóticos, e probablemente magnificados por unha mala información. Pero existen, e en ocasións non teñen sido denunciados publicamente. Non se pode dar as costas a esa realidade. Como tampouco podemos negar que a posición do responsábel xudicial non é a de mero cidadán en exercicio de dereitos individuais. É o representante dun poder do Estado. Tal circunstancia debe atenderse ao regular o seu estatuto legal. Pero, sobre todo, cando afronta o seu comportamento profesional, máis alá desas obrigas legais. Exista ou non obriga de coñecer e usar o idioma, a reflexión sobre esa opción debería facerse criticamente, e atendendo á realidade que nos rodea.

Por outra banda, non se pode analizar a realidade dos dous idiomas, sen atender á extraordinaria forza expansiva do castelán. Como tampouco ao uso imposto que do mesmo se fixo durante anos. Precisamos de accións e estructuras que faciliten o uso do galego. Non se pode afirmar que non existe conflicto, cando toda a estructura administrativa está dirixida ao uso do castelán. Os impresos, os formularios, os expedientes e, sobre todo, o sistema informático constan en galego. Os esforzos normalizadores teñen sido cativos e non sistemáticos. O sistema informático, non permite que o uso de modelos en galego sexa recoñecido polo mesmo, obrigando ao funcionariado a ralentizar o seu traballo. O galego enténdese como excepción, e só pode ser usado na tramitación, previa decisión activa nese sentido e asumindo custes persoais de maior esforzo. As equipas de normalización lingüística non cumpren a función que deberían, e non teñen afrontado un programa activo de galeguización. Fronte a eso, actúan como receptoras de solicitudes de información, residenciando, novamente, no voluntarismo duns poucos a execución dun verdadeiro programa que oferte e non só responda a demandas.

O debate sobre a obrigatoriedade ou non do uso do idioma galego é complicado. Cando vai referido ás persoas que exercen xurisdicción (xuíces e maxistrados) ten caracteres propios e afecta a varios principios que esixen actuar con prudencia. Sen embargo, comezar o debate negando a evidencia da existenza dun desequilibrio entre a realidade lingüística social e a realidade dos nosos xulgados e tribunais non axudara nese camiño. Igualmente, dirixir a mirada exclusivamente aos propios dereitos individuais non axuda a dialogar cunha sociedade que si ten dereito a esixir aos seus funcionarios. Como, con que ritmos e formas é o debate, entremos nel con calma e sen caer en dogmatismos, pero non o esquivemos ou obviemos, acudindo á súa negación.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2006 
 
 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: Salvemos Monteferro


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com