|
Cartace da CiberIrmandade da Fala |
|
|
|
Mércores, 28 de Xuño do 2006 |
|
Dende a CiberIrmandade, e seguindo co noso traballo de promoción, levamos tempo implicados no deseño de varios cartaces publicitarios co obxecto de espallar o coñecemento das nosas actividades a prol da dignificación da nosa lingua. Froito do traballo son os dous cartaces que poñemos a túa disposición na zona de descargas e que poderás imprimir de xeito moi doado con vías á súa distribución nos lugares polos que te movas habitualmente.
Nós seguimos pensando que o único xeito de darlle pulo ao galego é xuntar esforzos e sumar vontades, de forma que o significado de "nós" sexa cada día máis grande e máis forte.
Convidámoste a participar do xeito que creas convinte, repartindo algún dos cartaces, colaborando no deseño dos mesmos, participando nos foros... Hai mil e un traballos e todos agardan por ti. Ir a cartaces na zona de descargas.
|