PUBLICACIÓN DE NOVAS EN JOOMLA! MANUAL URXENTE
PREVIOOs exemplos deste manual urxente van ser en base ao dominio da CiberIrmandade da Fala (http://www.ciberirmandade.org). En cada caso, haberá que substituír o que proceda. Neste caso, a instalación de Joomla! está en http://www.ciberirmandade.org/sitio2007 , polo que o panel de control está en http://www.ciberirmandade.org/sitio2007/administrator . Pediráseche que te identifiques, polo que debes ter habilitada unha conta de usuario con permisos para engadir novas: 
Unha vez inseridos o teu nome de usuario e o teu contrasinal, chegarás ao menú principal do administrador Joomla!, dende o cal tes acceso ás operacións que se describen neste manual. PANTALLA PRINCIPALA pantalla principal permitirache acceder a tódolos servizos de Joomla!. En todo momento podes voltar a ela con só premer o botón "Home" do menú, na parte superior esquerda da pantalla.

Dende o menú poderás chegar ás pantallas para realizar as operacións que desexes, aínda que as principais xa dispoñen dun acceso directo mediante as iconas situadas no centro da pantalla para maior comodidade.
Na CiberIrmandade da Fala, as novas que se publican, engádense á sección "Novas", polo que unha vez dentro do panel de control, debes ir ao menú "Content/Content by Section/Novas". Verás que ofrece dous submenús: "Novas Item" e "Add/Edit Novas Categories".

Dende "Novas Items" podemos engadir, editar, eliminar, publicar e realizar outras operacións sobre as novas, e dende "Add/Edit Novas Categories" podemos engadir, editar ou eliminar as categorías nas que imos clasificar as novas. XESTIÓN DAS NOVASUnha vez seleccionado "Content/Content by Section/Novas/Novas Items", veremos tódalas novas, separadas en grupos de dez. Podémonos desprazar ao longo dos grupos cos botóns "Previous" e "Next" que hai debaixo da lista de novas. Tamén é posíbel realizar filtrados en base á categoría ou ao autor, escollendo o filtro cos selectores situados enriba da lista. Dentro da lista, á dereita de cada título podemos ver información sobre cada nova; se xa está publicada, se sae na portada, quen é o autor, etc.

As operacións básicas que se poden realizar sobre as novas son as seguintes:
- Eliminar unha nova: Abonda con marcar a caixa de selección (columna esquerda) da nova a eliminar e premer no botón "Trash". A nova (ou novas) seleccionadas pasarán ao cubo do lixo, dende o cal as poderemos recuperar no futuro en caso de botarnos atrás.
- Retirar unha nova xa publicada: Do mesmo xeito que antes, marcamos a nova que queremos retirar e prememos no botón "Unpublish". A nova non vai ser desbotada, senón que ficará no mesmo sitio, pero sen o status de publicada, polo que os visitantes non a poderán ver dende a páxina web.
- Publicar unha nova: É o caso contrario ao anterior. Fai que unha nova da caixa obteña o status de publicada e sexa accesíbel dende a web. Para facer isto, escóllese a nova e prémese no botón "Publish".
- Editar unha nova: Abonda con premer sobre a nova que queremos editar, e iremos á mesma pantalla usada para engadir unha nova, a cal será descrita no seguinte apartado. Salientar que unha vez rematemos a edición, deberemos saír correctamente da pantalla (ben gravando os cambios ou ben premendo o botón de saír) para que Joomla! retire o "cadeado" que se fixa para evitar conflitos entre edicións de distintos usuarios.
En caso de pechar o navegador ou darlle ao botón "Atrás" deste, o bloqueo non se desfará. - Engadir unha nova: Premendo no botón "New", iremos á pantalla dende a que prepararemos a nova a engadir. O seu funcionamento explícase con detalle no seguinte capítulo.
EDICIÓNComo vemos na imaxe, o compoñente de edición componse dun editor onde escribir o texto das nosas novas, unha barra de ferramentas para axustar o formato, e unha barra lateral onde especificaremos diversas opcións:

Ás veces, cando estamos copiando texto dunha orixe tal como o foro, etc, pode ser recomendábel pegalo primeiro nun editor de texto (Bloc de Notas, Kwrite, Vi, etc), para posteriormente pegalo na área de texto do Joomla!. Isto pode evitar algúns problemas co formato. INTRODUCIÓN DO TEXTOO primeiro que debemos facer é encher o campo "Title" co título que lle queramos dar á nova e escoller en "Category" a categoría na que a clasificaremos.
A continuación podemos comezar a escribir o texto da nova na área de texto marcada como "Intro text". O que nel se introduza, será o que apareza visíbel na páxina web, e aconséllase que sexa unha introdución á nova non sendo recomendábel extenderse moito. Para escribir máis podemos empregar a área de texto marcada como "Main text". O contido deste campo será accesíbel na páxina web premendo na opción "Ler máis" que será habilitada. Non é preciso escribir de novo neste campo o que xa está en "Intro text". Cando rematemos, pasaremos á barra lateral (na dereita), na que marcaremos a opción "Show on Frontpage" se queremos que a nova sexa visíbel dende o web. A opción "Published" publica a nova (aínda que se non está seleccionado "Show on Frontpage", non será visíbel dende a páxina principal). Tamén podemos especificar a data na que se publicará a nova (por se queremos deixala pendente, por exemplo), indicando esta no campo "Start Publishing". Do mesmo xeito poderíase indicar a data de fin de publicación no campo "Finish Publishing", mais o habitual será deixar isto ao seu valor por defecto. Unha vez rematada a edición, temos que gardalo premendo no botón "Save". Facendo isto, gárdase a nova e envíase para a publicación (se así o decidimos) e volverase á pantalla coa lista de novas. Se queremos gardalo pero seguir na pantalla, temos que premer en "Apply". FERRAMENTAS PARA O FORMATO DO TEXTOSe queremos darlle un formato específico ao texto, inserir ligazóns a páxinas webs, ou cambiar o tamaño dalgunhas palabras, empregaremos as ferramentas da barra superior dos editores.

Os primeiros botóns permiten pasar un fragmento de texto a negra, cursiva, subliñado, etc. Teremos que seleccionar co rato o texto desexado e premer no botón que queiramos.
Na parte dereita xa existen algúns formatos predefinidos (para cabeceiras, código, etc) que podemos escoller cos despregábeis. Os botóns de xustificado colocan o texto coa disposición elexida. Na CiberIrmandade, por convención, as novas publicadas seguen un estilo de xustificado coa opción "Align full". Para colocar unha ligazón a outra páxina web, escribiremos primeiro un texto descritivo no editor, e tras seleccionalo co rato, premeremos no botón de "Insert / Edit link", que abrirá unha xanela con varios apartados, coma a da imaxe. 
No campo "Link URL" meteremos a páxina web a ligar, e escolleremos en "Target" o xeito no que esta se abrirá: na mesma páxina, abrindo unha nova fiestra, etc. Cando premamos "Insert" o enlace quedará debidamente situado.
|