Martes, 07 de Outubro do 2008
 
  Inicio arrow Novas CiberIrmandade arrow A candidatura galego portuguesa non supera a peneira da Unesco  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña:

A candidatura galego portuguesa non supera a peneira da Unesco Imprimir Correo-e
Escrito por Medulio   
Sábado, 26 de Novembro do 2005
O xurado da Unesco encargado de avaliar as 66 candidaturas que se presentaron para optar ao recoñecemento de Obra Mestra do Patrimonio Inmaterial da Humanidade decidiu non proclamar na edición deste ano a candidatura galego-portuguesa.
 

Quen si obtivo o visto bo do xurado foi a candidatura brasileira do Samba-de-Roda no Recôncavo Baiano, promovida polo propio presidente Lula da Silva, e a catalá da Patum de Berga. A Unesco elixiu 43 candidaturas como Obras Mestras da Humanidade deste ano. Os promotores da candidatura galego-portuguesa non ocultan a súa decepción, pero aseguran que o traballo realizado para a posta en valor do patrimonio inmaterial galego-portugués terá continuidade. De feito, a acta do xurado recolle unha serie de recomendacións para volver presentar a candidatura noutras edicións, facendo fincapé na necesidade de concretar as manifestacións do patrimonio inmaterial galego portugués máis susceptíbeis de seren protexidos e promocionados. A web oficial da candidatura abre agora cunha lenda: "A cultura galego portuguesa é, para nós, Obra Mestra!".

A nova é de Vieiros .

Apoiamos a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués 

 

 
< Ant.

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña:


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com