Venres, 29 de Agosto do 2008
 
  Inicio arrow Novas CiberIrmandade arrow Obxectivo. Compañías aereas  
Obxetivo: Amnistía Internacional, parabéns e suxestión. (16.06.2008)

 Amnistía Internacional vén de celebrar os 30 anos da súa legalización no Estado Espanhol, e 20 de presenza continuada na Galiza. A Ciberirmandade quere sumarse cos parabéns evidentes polo aniversario e máis polo traballo feito e cunha suxestión que ten que ver coa pouca sensibilidade de  A.I. a respecto das distintas linguas do Estado, que se plasma na falta de opción de galego, catalán e euskera na web da “sección Española” de  A.I., así como nas campañas de envío de correos electrónicos que remiten ás/aos soci@s e colaboradores.

Cremos que unha organización como A.I. non debería de ter maior problema, nin polos valores e principios que defende, nin polos recursos que se lle supoñen, en satisfacer os dereitos lingüísticos das distintas comunidades do Estado. Por todo isto animámosche a enviarlles este prego de felicitación e suxestión.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega

Obxectivo. Compañías aereas Imprimir Correo-e
Escrito por minhoca   
Sábado, 01 de Xullo do 2006

A contratación de viaxes a través de Internet estase a facer máis común en Galiza. Sobre todo se temos en conta que cada vez máis compañías aéreas de baixo custe están comezando a traballar nos aeroportos galegos.

Nunha análise ás páxinas web destas empresas, vemos que a grande maioría utilizan a toponimia galega deturpada. Non só isto, senón que ningunha delas ten unha versión en galego. Isto último é máis relevante aínda cando algunhas delas si que teñen versión noutras linguas oficiais do estado ademais do castelán.

A proposta da Mesa pola Normalización Lingüística e da Ciberirmandade é que as persoas sensibilizadas coa cuestión da lingua envíen correos electrónicos ás compañías aéreas que operan desde Galiza e aos buscadores de ofertas de viaxes, lembrandolles que non teñen en conta que tamén teñen clientes galegos. A idea é demostrarlles que hai unha demanda, e que hai un número importante de clientes ou potenciais clientes seus que teñen moi en conta a presenza ou non do galego como parte dos servizos de calquera empresa.

Podes enviar desde aquí os teus correos.

No web da Mesa, están dispoñibeis modelos mais específicos para cada un dos obxectivos, tendo en conta se fan uso ou non de topónimos deturpados.

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Activa Galicia - activa o galego 
Solidariedade civil
Campaña: Salvemos Monteferro


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com