Venres, 29 de Agosto do 2008
 
  Inicio arrow Novas CiberIrmandade arrow Traduzón ao Galego da PHPfileNavigator  
Obxetivo: Amnistía Internacional, parabéns e suxestión. (16.06.2008)

 Amnistía Internacional vén de celebrar os 30 anos da súa legalización no Estado Espanhol, e 20 de presenza continuada na Galiza. A Ciberirmandade quere sumarse cos parabéns evidentes polo aniversario e máis polo traballo feito e cunha suxestión que ten que ver coa pouca sensibilidade de  A.I. a respecto das distintas linguas do Estado, que se plasma na falta de opción de galego, catalán e euskera na web da “sección Española” de  A.I., así como nas campañas de envío de correos electrónicos que remiten ás/aos soci@s e colaboradores.

Cremos que unha organización como A.I. non debería de ter maior problema, nin polos valores e principios que defende, nin polos recursos que se lle supoñen, en satisfacer os dereitos lingüísticos das distintas comunidades do Estado. Por todo isto animámosche a enviarlles este prego de felicitación e suxestión.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Dimensiona

Traduzón ao Galego da PHPfileNavigator Imprimir Correo-e
Escrito por Kiko das Leiras   
Mércores, 05 de Xullo do 2006


A CiberIrmandade da Fala informa da presentación da nova versión do Xestor de Arquivos PHPfileNavigator e a súa traduzón ao galego. Este traballo foi realizado polo ciberirmandiño Lito durante máis dun ano en solitario. Dende eiquí queremos parabenizar ao noso compañeiro pola sua laboura e ofrecer este xestor gratuito de arquivos a todos os internautas que o desexen.

O PHPfileNavigator permite xestionar a traves dun navegador web o contido de un servidor remoto. Esta ferramenta permite andar polo voso ordenador copiando, movendo, eliminando, creando documentos, ... e moitas máis cousas pero dende a web.

Principalmente está pensado para que os administradores de unha web poidan darlle acceso a certos directorios os seus clientes ou para que entre amigos dispoñan de un sitio común pra deixar e intercambiar as súas fotos e documentos. Un dos princpiais usos que se lle dá é de repositorio de documentos pra sistemas de intranet empresariais.

Características do PHPfileNavigator

* Xestión completa de arquivos e directorios.
* Permite accións como copiar, mover, subir arquivos, borrar, cambiar permisos, editar arquivos de texto, comprimir carpetas.
* Permite as accións de copiar, mover, borrar, descargar e comprimir tanto para arquivos únicos como para moitos o mesmo tempo.
* Para as imaxes subidas crea unha copia en miniatura para a súa previsualización.
* Permite asignarlle campos a cada arquivo e carpeta como un título e unha descrición.
* Ten unha completa xestión de usuarios e raíces dispoñibeis relacionados con grupos e configuracións.
* Permite unha vista rápida de todo o contido de unha carpeta en forma de árbore
* Crea informes de accesos, intentos errados, erros de mySQL, accións feitas con cada arquivo ou carpeta
* Permite extraer arquivos tar/gz no servidor
* Permite descargar arquivos ou carpetas comprimidos con zip
* Permite limitar o uso de disco para unha raíz e o máximo ancho de banda dispoñible por un usuario o mes
* Fai busquedas complexas de arquivos
* Permite crear arquivos novos, subir arquivos, importar direccións, crear carpetas.
* Permite crear previsualizacións de imaxes personalizadas.
* Permite enviar arquivos por email.
* Ten control sobre todas as descargas feitas dende o programa.
* Ten un control das sesións por base de datos cos datos encriptados con clave única
* Permite xenerar un contrasinal novo por se olvidaches o teu
* Totalmente en XHTML 1.1 e CSS
* Intento que sexa o máis accesibel según as normas WCAG 1.0

Tedes unha versión demostrativa eiquí e a documentación na páxina oficial.

O programa é de balde e distribuido baixo a licenza GPL.

Pra máis información, deixade as vosas dúbidas sobre esta aplicación no seguinte fio dos Foros: Fio do phpFileNavigator 

Un saúdo a todos e a todas.

Lito

CiberIrmandade da Fala

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Activa Galicia - activa o galego 
Solidariedade civil
Campaña: Convivencia e igualdade


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com