|
Dende a CiberIrmandade da Fala queremos agradecer a toda a xente que se incorporou no que vai de ano aos nosos Foros. Máis de 100 persoas cubriron o formulario de inscripción. Grazas a toda a xente anonima, xente da blogosfera galega, xente de colectivos galegos ecoloxistas, da lingua e outros máis que xa estan a recibir as nosas novas e que colaboran nos foros espallando as suas loitas e reforzando o fluxo de comunicación da Rede Galega. Rexistrandote e empregando os foros, podes participar aportando información, documentos, debates, a maiores de obter información de tarefas concretas nas que podes axudar, que en grandes riscos resumimos en: a) Se tes arquivos que poidan ser interesantes para a nosa lingua, cultura, país.. achégaos. Ir a Subir arquivos. b) Podes fornecer información de todo tipo que consideres convinte, como novidades sobre telefones móbiles en galego, recursos en galego na rede, empresas que usan a nosa lingua (neste caso, non esquezas pasar polo buscador).. c) En canto aos debates en xeral de cuestións sobre a nosa lingua, cultura, sociedade, política.., toda participación enriquece os debates. Se chegaches ao final da nova é porque realmente queres defender a nosa lingua e a nosa cultura. Non o dubides e rexistrate xa dende esta ligazón. CiberIrmandade da Fala Un povo, unha rede, unha fala
|