|
Colaborando na tradución de software |
|
|
|
Escrito por minhoca
|
|
Xoves, 27 de Xullo do 2006 |
|
Co fin de mellorar os traballos de localización de software en galego, a CiberIrmandade ven de poñer en marcha, en fase de probas, unha ferramenta de traballo on-line chamada "Entrans", que facilita a tradución de software á nosa lingua. Segundo as tuas preferencias, podes colaborar sobre a totalidade dos arquivos ou sobre un arquivo concreto (seleccionandoo no listado correspondente). Con independencia do anterior, podes ver todas as cadeas ou so as pendentes. A CiberIrmandade ofrece este espazo de traballo polo software en galego a calqueira comunidade ou persoa que o precise. Convidamosche a que, na medida das tuas posibilidades, participes na tradución de software.
|