Xoves, 20 de Novembro do 2008
 
  Inicio  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña:
Estado das traducións
Na Galería

Últimas Descargas
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.3
!JoomlaComment 3.23
Paquete de idioma galego para o phpBB 3.0.2
Joomla! 1.5.2 Tradución ao galego do Panel de Control (administración)
Ó Chou:
Visit Counter (Galego)
Announces Suite 3.0.2
Ligazóns ó Chou
A nosa fala 
CEIP A Seca (Poio) 
Colexio Oficial de Arquitectos da Galiza 
Radio Piratona 106.0 FM 
Lista de ligazóns
Engadir ligazón
Recoméndanos
O teu nome:

* O teu correo-e: 

* O correo-e do teu amigo: 

Mensaxe curta: 

Favoritos

Fainos a túa páxina de inicio (só Internet Explorer)
Quén está conectado?
Temos 1 convidado conectados
Inicio da sesión





Esqueceches o contrasinal?
Aínda non tes conta?
Crea unha aquí
Troco de Bandeiras

Torito, Quin e máis a “lengua vernácula” Imprimir Correo-e
Escrito por Medulio   
Xoves, 03 de Agosto do 2006
Ofrecémosche hoxe un interesantísimo artigo do noso compañeiro lavesedo que publicamos aquí procedente do seu blogue: http://lavesedo.blogaliza.org/ (e ao que damos as grazas polo artigo e a autorización para publicalo).
 
Torito, Quin e máis a “lengua vernácula”
 
O outro día falei un anaco da política destrutiva do PP para co galego, nomeeina, e tampouco lle quero dar moitas máis voltas: éche o que hai. O PP mantivo unha paranoica relación co galego mentres foi goberno do país, mais esta relación é a mesma que mantén o groso do seu corpus de votantes. Falante de galego, con máis ou menos desleixamento segundo a procedencia xeográfica , e cunha nula conciencia da importancia do tesouro que lle sae polo boca: unha maneira de falar, un xeito de entender o mundo. A cerna da súa identidade. Desleixamento que vira en xenreira autosufrida que chega a non querer transmitir o seu legado aos descendentes.  Ben, pode non gustar, mais é a vontade de moitos galegos. O porqué precisa dunha máis fonda análise, pero o que non se lle pode negar é a coherencia entre o que queren os votantes e o que fan os seus representantes.
 
Entón,…u-la coherencia do goberno actual? Porque, entrementres o proxecto “galescolas” non chimpe da sección de novas dos xornais a de realidades da vida, a política lingüística do goberno non mudou nada con respecto ao anterior. E logo, será que o goberno actual é incoherente? A postura, canda menos, dos votantes do Bloque debería ser moi favorábel ao galego, de uso e abuso, de ganas de manter a lingua viva, e a dos votantes do PSOE que?, pois a xirar arredor do uso e respecto dalgúns e máis do esnobismo de posuír “lengua vernácula” doutros que vale para que saia Luís Tosar pola tele dicindo, así con voz grave, CARBALLEIRA, MORRIÑA, LUSCOFUSCO, e os culturetas españois flipen e aplaudan, “Ay que bonito Manué, este año tenemos que ir a galicia en veranito” e para pouco máis. Pero, en vendo a política de Marisol Nonseicantos, semella que esta última opción debe ter máis peso do que se lle supón, incluso entre os votantes nacionalistas.

E xa que enzoufamos a roupa, hai que reparar en como Torito, perdón tourino, é así como sae na internet, non é?, e Quin Tana, dan exemplo co seu bo uso do galego. Así como hai que dicir que aumentou a porcentaxe de intervencións en galego nos medios, comparando os membros do goberno actual cos do anterior, tamén hai que dicir que a calidade do galego falado é lamentábel. De feito, non entendo porque Torito, perdón Tourino, e tamén Quin Tana, mudan para o castelán cando falan con medio españois. Non lles fai falta. Se o castrapo que eles falan é entendíbel cento por cento por calquera español medio. Torito é de quedar parvo; semella un clon á galega de Felipe González, como se o tradutor ese de Dimensiona xa traballase con voces. É como se levase emigrado tres xeracións en Ciudad Real, o tipo, fonética de merda, é así de triste, de MERDA, expresións estrañísimas…non sei. E Quin Tana de Mortos, non, non é un xogador da canarinha, tampouco queda atrás. Algo mellor de fonética, algo eh!!, pero cunha gana de introducir os tempos compostos lusos no galego que xa hai quen di se será un axente dobre de AGAL.

O meirande problema é que o falar dos políticos quizais estea máis coidado e estudado do que semella. Quero dicir,…, non debería ser moi complexo para un cidadán galego medio coma Torito, ou moitos outros políticos do PSOE, desenvolver un galego moito máis correcto do que falan. De feito o grande de España e Anano da Galiza Paquinho Vasques, fala galego, cando lle dá por aí a arroutada, moito mellor que calquera deles. E isto acontece porque emprega o idioma da rúa, o mesmo galego que se escoita en calquera vila, e até cidade a pouco que poñas a orella, do noso país.  E logo, eles por que falan acastrapado, acastelanizado?? Pois seguramente porque estudos de sondaxe lles amosaron que cun galego “pechado” non ían gañar votos, máis ben ao contrario. O núcleo de votantes do PSOE é nas cidades nidiamente castelán-falante, e como tamén é de esquerdas até mira con bos ollos que o presi ou o político que sexa fale nese galego neutro, galego tevegá, que é unha fala amestada, dialectalizada, pero que é o “vernáculo” da “nacionalidad histórica”, o patois que falamos entre nós, e que lles parece até “bonito”. Agora ben, calquera tentativa de pechar a lingua, entendido isto como recoller a fonética, as expresións,…, de noso, ou mesmo calquera tentativa de achegamento ao portugués alporízaos. Failles pasar polo maxín a imaxe de catro batasunos envorcando urbanos. Logo, a eles que vos son “demócratas de toda la vida”, non lles gusta. Por iso xente como Miguel Barros marcha do PSOE.

E o Quin??? o Quin débese a un electorado tamén urbano, que moitas veces non fala galego mais que si ten un aprezo maior pola lingua, si que tenta diferenciala do castelán, entende que ten idioma de seu. Mais…no canto de escoitar o que falan os seus pais e avós, que moitas veces até son votantes do PP, prefire seguir esoutro híbrido galego-castelán-portugués-leonés con arrecendo a catalá que falan moitos militantes do Bloque, que din sempre “i” no canto de “e” no enlace coordinado, que empregan tempos compostos co verbo “ter” en tradución directa dos “haber” do castelán, e moitas cousas máis, como empregar un léxico moi galego, con verbas coma “beirarrúa” ou “guindastre”, mais non usar xiros ou expresións galegas, que non lles deixan de ter un cheiro a rural que os escorrenta. E isto tamén o analizan as sondaxes bloqueiras.

En definitiva, falan mal, fatal, case todos, falan moito castelán no PSOE, como o facían no PP, mais todo isto no fondo é porque segue a subxacer unha xenreira cara ao galego rural, que é o que se mantivo con máis pureza, que os políticos len na xente e levan as súas aparicións públicas. Así que o primeiro chanzo na recuperación da dignidade do noso idioma, para alén de normas escritas, debémolo dar nós, os cidadáns e cidadás, non lles aturando os desleixamentos que teñen co galego. Un encete curioso sería reformar os cursos de galego da Xunta, iniciación e perfeccionamento, e achegalos á estrutura dos cursos de eúscaro no país Basco. E de paso, obrigarmos aos políticos a asistiren a eles.

 
 
< Ant.

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: PuntoGal
Obxectivos dende...


Quérelo no teu web?

nemeth
Res Retica
O Recuncho
Xián Baby Web
Adiante (Mocidade Revolucionaria Galega)
Aldea de Coro
Ghastas Pista?
Verbas
A Ceibaría
O Reverso
Galego de seu
Remexer na lingua
xulinho.tk
toponímia galego-portuguesa e brasileira
Sindícanos


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com