Venres, 29 de Agosto do 2008
 
  Inicio arrow Novas CiberIrmandade arrow O desprezo polo Patrimonio galego  
Obxetivo: Amnistía Internacional, parabéns e suxestión. (16.06.2008)

 Amnistía Internacional vén de celebrar os 30 anos da súa legalización no Estado Espanhol, e 20 de presenza continuada na Galiza. A Ciberirmandade quere sumarse cos parabéns evidentes polo aniversario e máis polo traballo feito e cunha suxestión que ten que ver coa pouca sensibilidade de  A.I. a respecto das distintas linguas do Estado, que se plasma na falta de opción de galego, catalán e euskera na web da “sección Española” de  A.I., así como nas campañas de envío de correos electrónicos que remiten ás/aos soci@s e colaboradores.

Cremos que unha organización como A.I. non debería de ter maior problema, nin polos valores e principios que defende, nin polos recursos que se lle supoñen, en satisfacer os dereitos lingüísticos das distintas comunidades do Estado. Por todo isto animámosche a enviarlles este prego de felicitación e suxestión.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Arquitectura Galega

O desprezo polo Patrimonio galego Imprimir Correo-e
Escrito por Medulio   
Mércores, 16 de Agosto do 2006
Está claro que hoxendía non semella doado conciliar o progreso económico-tecnolóxico (que ven sendo o mesmo na actualidade) coa conservación do Patrimonio tanto material como inmaterial de calquera lugar de mundo. Pero se nun lugar dese mundo é aínda máis compricado é na Galiza, e principalmente pola falla dunha conciencia propia de País que valore no seu xusto punto a realidade que supón ter unha Cultura e unha Tradición tan ricas e de raigame tan profunda.

Na Galiza non se conserva, senón que mal-mantéñense as cousas, tanto de corporeidade evidente coma aquelas que só se levan dentro do propio ser, daquelo que o galego e a galega teñen realmente de seu. O caso do Círculo Lítico da Mourela é un dos máis doentes, pero por desgraza non é o único. Cantas Mourelas hai na nosa Terra? Unha Terra na que semellamos empeñados en rematar coa existencia do que nos é propio e distintivo, ben sexa de ámbito arqueolóxico, urbanístico, ecolóxico, cultural ou lingüístico.

A investigación e desenvolvemento, existe? Pode que si, pero semella que só encamiñada á implantación de enerxías alternativas que rematan exportando o 90% da producción mentres nas nosas aldeas segue a haber restriccións en pleno século XXI.

E por se non chegase coa desfeita material que afecta ao legado histórico estamos en tempos de queimar e arrasar con todo por non sabemos ben que escuros intereses, pero que se deducimos van polo mesmo camiño do mal entendido "progreso material". A destrución do contorno, do medio ambiente vainos costar moi caro a todos.

Non se da conta a xente de que cando rematen co noso Patrimonio e coa nosa natureza rematarán coa Galiza? Seguramente é o que moitos queren, pero que lembren que sen Galiza non haberá diferencia e con iso non haberá nin turismo nin forza de reclamar os dereitos máis lexítimos, o que finalmente repercutirá onde lle doe á xente que está a desfacer a Terra: no peto.

Reflexionemos, e conservemos o noso. Sen Mourelas, sen fragas, sen carballeiras, sen soutos non hai Galiza, sen Galiza non hai futuro. E non esquezamos que Galiza é principalmente a súa lingua: o galego.
 
 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Activa Galicia - activa o galego 
Solidariedade civil
Campaña: Salvemos Monteferro


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com