Venres, 22 de Agosto do 2008
 
  Inicio arrow Novas CiberIrmandade arrow 17 de agosto: Día da Galiza Mártir (Alexandre Bóveda)  
Obxetivo: Amnistía Internacional, parabéns e suxestión. (16.06.2008)

 Amnistía Internacional vén de celebrar os 30 anos da súa legalización no Estado Espanhol, e 20 de presenza continuada na Galiza. A Ciberirmandade quere sumarse cos parabéns evidentes polo aniversario e máis polo traballo feito e cunha suxestión que ten que ver coa pouca sensibilidade de  A.I. a respecto das distintas linguas do Estado, que se plasma na falta de opción de galego, catalán e euskera na web da “sección Española” de  A.I., así como nas campañas de envío de correos electrónicos que remiten ás/aos soci@s e colaboradores.

Cremos que unha organización como A.I. non debería de ter maior problema, nin polos valores e principios que defende, nin polos recursos que se lle supoñen, en satisfacer os dereitos lingüísticos das distintas comunidades do Estado. Por todo isto animámosche a enviarlles este prego de felicitación e suxestión.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña:

17 de agosto: Día da Galiza Mártir (Alexandre Bóveda) Imprimir Correo-e
Escrito por Medulio   
Mércores, 23 de Agosto do 2006

O pasado día 17 de agosto, conmemoramos o día de "Galiza Martir", polo asasinato de Alexandre Bóveda. Aínda que cun chisco de retraso non queremos deixar pasar a oportunidade de lembrar a data reproducindo un texto un texto publicado por Galiza Nova no ano 1996 e que achegado polo noso compañeiro Minhoca reproducimos nesta nova.

“O 18 de xullo de 1936 as forzas reaccionárias alzavan-se contra a IIª República española. Era o comezo dunha guerra de tres anos e unha longa ditadura. A Galiza ficou desde o inicio submetida á opresión do bando "nacional", sofrendo, deste modo, a etapa máis fascista da ditadura do Generalísimo Franco, "Caudillo de España por la gracia de Dios".

O franquismo supuxo un grande retroceso nas pequenas conquistas sociais e nos direitos individuais -ainda maior para a muller- atinxidos na República, con un dominio de valores totalitários como o militarismo, autoritarismo, racismo, xenofobia, machismo, clasismo, integrismo católico, españoleirismo ráncio, ... A isto somase un maior ataque ás nazóns do estado, esmagando os seus sinais de identidade, tentando-as asimilar, enfin, españlizar.

A represión puxo-se á orde do dia, un dos modos de controlo da povoazón foi o medo, o terror. Na Galiza (e no resto do Estado) millares de persoas, especialmente aquelas máis relevantes, perigosas para o rexime, intelectuais demócratas, progresistas e nacionalistas, foron encarceradas, torturadas, fusiladas ou "paseadas".

Na nosa nazón houvo unha matanza selectiva do máis lúcido do país, da intelectualidade dirixente, provocando unha ruptura xeracional.

Deste modo cruel, o imenso proceso de construzón nacional iniciado na Galiza nos anos 20 polas irmandades da Fala e continuado polo Partido Galeguista nos anos 30 e que tiña como culminación o Estatuto de Autonomia aprovado en Xuño do 36 ficou fanado polo golpe militar e ditadura fascista. Outros/as, para salvaren a vida, tiveron que se exiliar, ficando a Galiza orfa do seu esforzo e en maos dos asasinos.

"Os que mataron a Bóveda matáron unha Galiza chea de luz, pero nós crearemos outra nova i entón o noso mártir revivirá." (A Nosa Terra, Agosto 1942, Castelao)

... E matáron Alexandre Bóveda, Secretário de organización do Partido Galeguista (P.G.), o home que demostrou con cifras que Galiza dava muito máis do que recebia do Estado -ainda hoxe. O seu grande labor centrouse na elaborazón da parte económica do Estatuto de Autonomía da Galiza plebiscitada en 1936, e máis avanzado do que o actual.
Alexandre Bóveda foi submetido a un xuizo inxusto e condenado a morte por un tribunal militar. Foi fusilado na Caeira (Póio) na madrugada do 17 de Agosto de 1936.

Castelao, estando no exilio, achou que o 17 de Agosto deveria ficar como "Día da Galiza Mártir". O compañeiro Alexandre Bóveda simbolizaria todos os galegos e galegas vitimas da represón e barbárie fascistas e o martirio da nosa Terra no decorrer da nosa história.

"... a miña saude ainda quixo visitar devotamente os moitos cimeterios de Galiza, onde durmen os derradeiros mártires da Liberdade, en número incontable. A miña imaxinación veu unha fogueira en cada cimeterio, como outros tantos clamores de xusticia. Pero no de Pontevedra veu unha labarada que chegaba até o ceo. Era o lume do esprito de Bóveda que non figura na Santa Compaña dos inmortaes, porque non perteñece á Hestoria senón á Tradición, en arume de Lenda. Bóveda terá de ser nun mañán próisimo ou lonxano, a bandeira da nosa Redenzón." (Alba de Grória, Castelao)

Na actualidade, o pai da ideia da celebrazón dos "25 anos de Paz" ao se cumpriren 25 anos de ditadura franquista, censor, asinante de penas de morte, Manuel Fraga Iribarne, e o seu partido, negan-se a que o Parlamento galego revise o "xuizo" de A.Bóveda e a institucionalizar o 17 Agosto como "Día da Galiza Mártir" por temor a abrir-se vellas feridas.

Cando se cumpre o 60ª cabo de ano do asasinado do patriota Alexandre Bóveda, desde Galiza Nova achamos que o povo galego non deve esquecer Bóveda nen todos/as os/as mártires do noso povo, toda a xente que luitou por construir umha nazón digna, livre e soberana, respeitada dentro e fora do estado español. As feridas poderán-se fechar, mais nunha a história nen a lembranza.

Desde GALIZA NOVA acreditamos que a mellor maneira de honrar os mártires do povo galego, é continuar a labor que eles comezáron, pois ainda temos muito tempo de recuperar o muito traballo que facer por esta nosa Galiza.”
 
 
Logo do asasinato unha nota de prensa rezaba isto:
 
“Martes, 18 de agosto de 1936
Progreso (Pontevedra)
SE CUMPLE UNA SENTENCIA
A las cinco y media de la mañana de ayer se ha cumplido en el kilómetro 2 de la carretera de Campañó, la setencia del Consejo de Guerra celebrado últimamente en esta capital contra el funcionario de Hacienda don Alejandro Bóveda, por su intervención en los sucesos de julio último.
La ejecución, llevola a cabo un piquete de la guardia de Asalto.
El señor Bóbeda recibió con fervor los auxilios espirituales.
También oyó misa celebrada en un altar improvisado al efecto.
A este acto asistieron algunos familiares del señor Bóveda.
Descanse en paz el finado y reciba su apreciable familia nuestro pésame.”
 
Coma se non pasara nada anormal... 
 
 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Activa Galicia - activa o galego 
Solidariedade civil
Campaña: Convivencia e igualdade


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com