Martes, 07 de Outubro do 2008
 
  Inicio arrow Novas CiberIrmandade arrow Proposta Cidadana para actuar despois dos lumes  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Dimensiona

Proposta Cidadana para actuar despois dos lumes Imprimir Correo-e
Escrito por Medulio   
Mércores, 30 de Agosto do 2006
Xa non arde Galiza e semella que "pasou o día, pasou a romaría", pois as voces que fai pouco se alporizaban acougaron e a día de hoxe xa non hai laios, só críticas partidistas e guerras políticas. Pero a Terra ficou queimada resultando afectado o noso Patrimonio tanto natural coma cultural e compre tomar medidas de recuperación e sobor de todo de control encol da especulación que tenta facer do noso País unha caste de parque temático de superficial interese turístico.

Con recoñecer que o camiño emprendido coa tentativa de recuperación das terras forestais, comezando pola consolidación do sustrato de cara a evitar a erosión e empobrecemento da terra polos axentes atmosféricos, así como a intención de erradicar o eucalipto das planos de reforestación, é unha boa vía de actuación seméllanos completamente insuficiente, polo que estamos a discutir nos nosos foros cales serían as posibles medidas a tomar para evitar a desfeita.
Polo momento xa apañamos un feixe de propostas:
  • Reforma do Código Penal de xeito que cando os incendiarios saian da cadea non poidan voltar nunca pola terra que queimaron, ou en todo caso, durante 30 anos.
  • Posibilidade de presentar unha 'iniciativa lexislativa popular' que recollese a reforma de determinados aspectos legais coma:
  1. Crear urxentemente un "Rexistro oficial de terreos queimados". Pouca utilidade ten a prohibición xeral de recalifica-lo chao queimado se a Administración urbanística non ten constancia fidedigna da súa situación e características. A inscrición no citado dicho Rexistro público, precedida do correspondente trámite de audiencia ós interesados, produciría importantes efectos xurídicos. Entre doutros a prohibición de altera-lo primitivo uso forestal durante un prazo mínimo de trinta anos.
  2. Anotar marxinalmente no Rexistro da Propiedade as citadas circunstancias.
    /li>
  3. Obrigar ó propietario en todo caso á repoboación forestal do terreo con especies autóctonas e nun prazo determinado, establecéndose algún tipo de subvención para tal fin.
  4. Modifica-la Lei do Solo da Galiza. Por unha parte, nela só se limita durante un período de cinco anos a recalificación dos terreos forestais queimados no canto dos trinta establecidos na Lei de Montes. Por outra, debe suprimirse a última reforma da citada Lei do Solo, de decembro de 2004, que eximiu ós "montes veciñais en man común" da súa obrigada clasificación como chao rústico de especial proteción forestal cando carecen de "masas arboradas merecedoras de proteción". A citada carencia débese polo común ou ben a incendios forestais ou ben a actividades ou obras ilegais que alteraron as condiciós naturais do terreo.
  5. Requerir sempre o Informe da Consellería do Medio Rural previo á aprobación de calquer plan urbanístico. Informe preceptivo e vinculante limitado a constatar o cumprimento da prohibición de modificación do uso forestal dos terrenos incendiados.
    Modifica-la lexislación reguladora dos montes veciñais en man común, esixindolles ós propietarios a inversión dunha parte importante dos seus rendimentos na prevención e extinción de incendios, establecéndose medidas eficaces de control do cumprimento da citada obriga, así coma sanciós pró caso contrario.
  • Elaborar planos de emerxencia contindo os protocolos de actuación xeral en caso de catástrofe (incendios, inundaciós, mareas negras, nevadas, fugas de materiais perigosos, etc.).
  • Creación dun Instituto Cartográfico que cree e manteña actualizada a cartografía propia da Galiza con vistas a ser utilizada tanto polas instituciós coma polo público en xeral sen necesidade de recorrer a entidades externas e/ou privadas.
  • Facer un inventario visual do estado actual da paisaxe galega, ou o que é o mesmo, crear un banco de imaxes coa evolución de toda a paisaxe galega de xeito que sexa posible reconstruir a historia visual de calquer lugar e tomar as medidas oportunas no caso de detectar unha actividade especulativa.  

Convidámoste logo a participar no citado foro (ou no que creas convinte) amosando que a xente do pobo, a base, non quedou durmida e afectada pola mesma indolencia que dunha vez tras outra obríganos a sufrir catástrofe tras catástrofe (as vacas tolas, o Prestige, o lume...). Traballemos porque non haxa máis.
 
Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña:


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com