Domingo, 12 de Outubro do 2008
 
  Inicio arrow Novas CiberIrmandade arrow Os datos sobre o galego no ensino  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña: Dimensiona

Os datos sobre o galego no ensino Imprimir Correo-e
Escrito por minhoca   
Sábado, 09 de Setembro do 2006

Coincidindo co comezo do novo curso escolar, a Mesa pola Normalización Lingüística ven de denunciar a inexactitude dos datos verbo do galego no ensino nunha nota de imprensa achegada recentemente. Na nota (que reproducimos íntegramente nestas liñas) indícase que “A Consellaría de Educación afirma que o nivel de cumprimento do Decreto 247/95 (que regula as materias mínimas a impartir en galego no ensino non universitario) foi no último curso de arredor dun 92% dos centros”, o cal non se achega, nin de lonxe, á realidade da situación que calquera pode observar polos seus propios medios e diante do cal é preciso tomar medidas.

A Mesa denuncia que a Consellaría de Educación “falsea” os datos sobre o galego no ensino.

A Mesa pide que se informe “publicamente, con claridade e polo miúdo” de cales son “os datos reais” que ten a Consellaría sobre “o nivel de uso do noso idioma na docencia e nos libros de texto”.

A Consellaría de Educación, a través do Subdirector Xeral de Inspección Educativa, Xosé Graña, afirmou hoxe a través dos medios de comunicación que o nivel de cumprimento do Decreto 247/95 (que regula as materias mínimas a impartir en galego no ensino non universitario) foi no último curso de arredor dun 92% dos centros. Segundo datos aproximativos da Consellaría, uns 120 centros serían os únicos que incumprirían esta norma legal que está en vigor desde 1995. Ademais, a Consellaría afirma que esta foi a única vez que se realizou unha inspección por razóns de lingua na totalidade dos centros de ensino e indica que incoará un expediente disciplinario a quen incumpra o Decreto no curso que agora vai comezar.

Fronte a esta situación, o Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, afirma que “se nota ás leguas que estes datos están falseados”, polo que lle pide á Consellaría que deixe de “maquillar estatísticas” e ofreza ao conxunto da poboación unha información “veraz, clara e polo miúdo” da situación do idioma galego no ensino non universitario.

O Presidente da Mesa afirma que “os datos da Consellaría non soportan o mínimo contraste”. Pon como exemplo os ciclos formativos, que son impartidos en 278 centros e que, na maioría dos casos, non poden ter o material pedagóxico en galego posto que este material non existe na nosa lingua. “Ninguén lle pode botar as culpas á actual Consellaría de Educación de que ese material, que segundo a lei debería estar en galego (art. 6.4 do Decreto), non estea aínda traducido. Agora ben, se ese material non está en galego, por que se di que estes centros cumpren? E poderiamos pór máis exemplos.”

Ademais, Callón sostén que “se a Consellaría se cre os seus propios datos, non se entende por que continúa a defender a vixencia exclusiva deste Decreto e se negan a elaborar un novo de acordo cos principios do Plan de Normalización e da Carta Europea das Linguas.” Ademais, “e isto é moi importante, hai que lembrar que o Decreto 247/95 é tan raquítico que non garante nin tan sequera que haxa a mesma carga horaria en galego que en castelán”.

“Moito o lamentamos, mais a Consellaría de Educación continúa coas mesmas liñas de propaganda, autobombo e engano á cidadanía”, conclúe o Presidente da Mesa.

A Mesa, 4 de setembro de 2006

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: Apoiamos a Isaac Diaz Pardo


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com