Xoves, 20 de Novembro do 2008
 
  Inicio arrow Novas CiberIrmandade arrow A CiberIrmandade decidiu constituirse en asociación, e se queres, podes sumarte  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns
Proxectos Asociados
Campaña:

A CiberIrmandade decidiu constituirse en asociación, e se queres, podes sumarte Imprimir Correo-e
Escrito por minhoca   
Domingo, 01 de Outubro do 2006

Despois dun longo, público e aberto debate, a CiberIrmandade decidiu constituirse en asociación, co nome "Asociación Cultural CiberIrmandade da Fala". Durante varios meses, entre todos e todas discutimos os estatutos, a acta de constitución, o nome, a composición da xunta directiva, a cota, ..

Temos intención en apresentar a documentación na Xunta no prazo de duas semanas, e xunto cos estatutos e acta de constitución, irá unha relación de socios/as fundadores/as (con nome e documento de identidade). Se tes interese en unirte, abonda con que contactes connosco ( Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ), e aportes a seguinte documentación: nome completo, documento de identidade, enderezo postal, enderezo electrónico e se estás rexistrado nos foros, o teu alcume. Os responsabeis da CiberIrmandade garanten a privacidade de todos eses dados, que non serán cedidos a ninguén.

Se non queres unirte agora, convidamosche a facelo próximamente. En calquera intre poderás incorporarte á asociación, polo que tes as portas abertas para que pases de cando en vez polo web e/ou os foros e informarte das novidades que haxa no proceso.

 
< Ant.   Seg. >

Últimos Obxectivos
Pola nosa língua, envía un correo a:
Dolce Vita 
Logo 120x90 animado
Outros obxectivos:
Amnistia Internacional e os dereitos do "galego" 
Audasa, Autoestradas de Galicia; infraestructuras en galego 
Solidariedade civil
Campaña: Salvemos Monteferro


Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com