Xoves, 20 de Novembro do 2008
 
  Inicio arrow Documentos, artigos arrow Asociación Cultural Galega CiberIrmandade da Fala arrow Acta da Asembleia Constituinte  
Obxetivo. Dolce Vita (19.09.2008)

Dolce Vita é a marca dun Grupo de Centros Comerciais portugueses con presenza en toda Península Ibérica e pretende instalarse en breve na Coruña. Din que na súa filosofía está saber “ser locais” e “entender a cultura e necesidades da sociedade coa que conviven” mais esta filosofía parece excluír o idioma galego como vehículo de comunicación e comercio así como obviar a toponimia correcta do lugar onde se van asentar, neste caso A Coruña.

Pensamos que sería bo facerlles saber que como potenciais clientes nos gustaría desenvolvernos integramente na nosa lingua o que inclúe ver respectada a nosa toponimia. Que esta normalidade pasa por ser atendidos, poder consultar e comprar en galego, ao vivo, a través de catálogo ou no ciberespazo.

Fai que lles conste a túa suxestión enviando este prego.

Menú Principal
Inicio
A CiberIrmandade
Obxectivos
Novas CiberIrmandade
Novas de usuarios/as
Os foros
Tradución de software
Portal de formazón
Galería de imaxes
Documentos, artigos
Descargas
Contactar connosco
Recibir novas
Ligazóns

Acta da Asembleia Constituinte Imprimir Correo-e
Escrito por minhoca   
Mércores, 18 de Outubro do 2006

Acta da Asembleia de Constitución da Asociación Cultural Galega "CiberIrmandade da Fala"

Número de inscrición no Rexistro Central de Asociacións: 2007/010254-1 (SC)

Reunidos na Rede Internet de acordo ao indicado no artigo 16.3 dos Estatutos, o día 4 de outubro do 2006, as persoas que se relacionan no “Anexo á Acta de Constitución”,

Acordan:

1º Constituir unha asociación ao abeiro da Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación que se denominará Asociación Cultural Galega CiberIrmandade da Fala.

2º Aprobar os Estatutos que se incorporan a esta Acta de Constitución como anexo, polos que se rexerá a entidade, que foron lidos neste mesmo acto e aprobados por unanimidade dos reunidos/as.

3º Designar á Xunta Directiva da entidade, composta polas cinco persoas e cargos seguintes:

Presidente: Minhoca
Secretario: 6ªMatriuska
Vogal: Medulio
Vogal: Ferreira
Vogal: Kiko das Leiras

Todos eles aceptan o cargo.

4. Establecer como cota anual, a cantidade de 15 €.

E para que conste, esténdese a presente Acta da Asemblea de Constitución, asinándose a presente por triplicado no enderezo particular dos asinantes e na data enriba sinalada.

 
< Ant.   Seg. >



Creative Commons License
 
Todo o contido desta web (agás aquel no que se indique o contrario) ofrécese baixo dos termos da Licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 2.5
  

© 2008 CiberIrmandade da Fala
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.

Get The Best Free Joomla Templates at www.joomla-templates.com