Acta da Asembleia de Constitución da Asociación Cultural Galega "CiberIrmandade da Fala"Número de inscrición no Rexistro Central de Asociacións: 2007/010254-1 (SC) Reunidos na Rede Internet de acordo ao indicado no artigo 16.3 dos Estatutos, o día 4 de outubro do 2006, as persoas que se relacionan no “Anexo á Acta de Constitución”, Acordan: 1º Constituir unha asociación ao abeiro da Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación que se denominará Asociación Cultural Galega CiberIrmandade da Fala. 2º Aprobar os Estatutos que se incorporan a esta Acta de Constitución como anexo, polos que se rexerá a entidade, que foron lidos neste mesmo acto e aprobados por unanimidade dos reunidos/as. 3º Designar á Xunta Directiva da entidade, composta polas cinco persoas e cargos seguintes: Presidente: Minhoca Secretario: 6ªMatriuska Vogal: Medulio Vogal: Ferreira Vogal: Kiko das Leiras Todos eles aceptan o cargo.
4. Establecer como cota anual, a cantidade de 15 €. E para que conste, esténdese a presente Acta da Asemblea de Constitución, asinándose a presente por triplicado no enderezo particular dos asinantes e na data enriba sinalada.
|