|
Inda que sempre mantivemos o fin último da CiberIrmandade, a loita pola presenza da nosa lingua na rede, co paso do tempo fomos mudando as ferramentas, os métodos e, tamén, a organización interna. Pretendemos eiquí explicarche como nos organizamos, deixando constancia de que este é un documento vivo, especialmente no referente ás tarefas, que será modificado consonte muden as cousas e, xa que logo, convidarte a que o leas de cando en vez. Discusións e decisiónsA CIF está aberta a toda persoa que queira pelexar pola nosa lingua, cultura e país. Se es unha desas persoas, convidámoste a participar nas discusións e decisións sobre a nosa organización. - Obxectivos: dende o foro de "Obxectivos e campañas" decidimos e preparamos os obxectivos. Calquera usuario rexistrado nos foros pode facer as súas propostas e participar na preparación dos mesmos. - Novas para o web: as novas que en nome da CiberIrmandade vaian ser publicadas no web, están abertas a propostas e redacción. Para elo, temos o foro "Novas para o web". - Cuestións xerais: ese foro é o núcleo principal da CIF, dende o que se discuten e se deciden todo tipo de liñas a seguir (reformas no web, estrutura dos foros, organización, ..). Ir ao foro de "Cuestións xerais da Ciberirmandade" XestiónPara os usuarios e usuarias que asumen algunha tarefa, que participan mais activamente na vida interna da CIF, temos o foro de "organización", dende o que se fai seguimento das tarefas, se executa o mantemento técnico do sitio, .. CoordinaciónAs tarefas as temos agrupadas en grandes areas. Chamámoslle coordinadores/as aos/ás responsábeis de verificar que todas as tarefas de cada area están a ser cumpridas. TarefasEsta é unha clasificación viva das tarefas que temos que atender. A relación está permanentemente sometida a revisión, reorganización e reasignación. Se queres asumir algunha delas (inda que xa haxa quen a asume), non tes mas que ofrecerte no foro de Cuestións Xerais. Ir ao fío "Queres asumir unha tarefa?" . Tarefas de coordinación - Verificar cumprimento grandes areas de tarefas. - Asumir tarefas non asignadas. medulio, kiko das leiras, 6ªmatriuska, minhoca, moucho
Tarefas da asociación - Verificación cumprimento resto tarefas da asociación - 6ªmatriuska - Xestión contas (control ingresos e gastos; pagos) - 6ªmatriuska - Xestión dados socios - 6ªmatriuska
Tarefas de tradución - Verificación cumprimento resto tarefas de tradución - moucho - Promoción e dinamización traballos tradución (procurarán manter viva a tensión en foros, web.. para que se fagan e rematen os traballos). - Validación traducións feitas - moucho, cesar - Xestión permisos validadores - moucho - Mantemento software das ferramentas - medulio
Tarefas de relacións exteriores e listas de novas - Verificación cumprimento resto tarefas correspondentes - Kiko das Leiras - Difundir campañas e novas importantes noutros sitios - tractoriano, Kiko das Leiras * Listas de novas: - Enviar novas - Xestionar usuarios - Mantemento software das ferramentas - minhoca * Intercambio de bandeiras: - Localizar sitios que usan as nosas bandeiras ou script de obxectivos - Kiko das Leiras - Verificar mantemento bandeiras e script de obxectivos nos sitios que os ofrecían. - moucho, Kiko das Leiras - Actualizar ligazóns e bandeiras doutros sitios no web principal - Kiko das Leiras - Actualizar bandeiras doutros sitios nos foros - Kiko das Leiras, minhoca * Solidariedade Civil - Localizar e informar de campañas de solidariedade civil a apoiar - Kiko das Leiras - Verificar permanencia das campañas de solidariedade civil - Kiko das Leiras - Actualizar solidariedade civil no web - Kiko das Leiras
Tarefas dos foros - Verificación cumprimento resto tarefas correspondentes - minhoca - Localización e eliminación de usuarios SPAM - minhoca, medulio - Mantemento software do phpBB - minhoca - Informar de novidades da zona de descargas e documentos e arquivos no foro de Taboleiro do Arquivo - Suprimir arquivos (revisarán fíos antigos para eliminar arquivos adxuntos innecesarios) - Xestión permisos foros e grupos - minhoca * Moderación foros (individualizado por foro) - Todos - moucho - Gramática - .. - Fornecer contidos foros (individualizado por foro, procurarán dinamizalos subindo novas) - Gramática - ..
Tarefas da galería - Verificación cumprimento resto tarefas correspondentes - Verificar clasificación correcta das imaxes - Mantemento software - medulio
Tarefas do web (agás obxectivos) - Verificación cumprimento resto tarefas correspondentes - medulio * Novas Ciberirmandade - Redacción novas Ciberirmandade - Publicación novas Ciberirmandade - moucho * Novas Ciberirmandiños/as - Validación novas ciberirmandiños * Ligazóns - Aprobación de ligazóns - moucho - Verificación validez ligazóns - moucho - Verificar conveniencia dos comentarios e, no seu caso, eliminalos - tractoriano - Xestión Descargas - Xestión Documentos e artigos - Xestión permisos usuarios - medulio - Mantemento software - medulio
Tarefas de obxectivos - Verificación cumprimento resto tarefas correspondentes - Preparación dun obxectivo - Revisión estado obxectivos - 6ªmatriuska, moucho * Enquisa seguinte obxectivo - Propostas de enquisa - Posta en marcha e suspensión de enquisas - Actualizar estado obxectivos no web - 6ªmatriuska - Xestionar alta novo obxectivo - minhoca
Tarefas Buscador - Verificación cumprimento resto tarefas correspondentes - moucho - Revisar dados buscador - moucho - Validar entradas buscador - moucho - Fornecer e promover buscador - moucho
|